Pontevedra, 5.9.07.
Traballo do pasado ano, aparecido no Diario de Pontevedra e no Xornal.com. Nel fálase sobre tramas, sobre intereses incomprensibles e presuntas prevaricaciós. Así vai o noso medio ambiente con políticos que manifestan estaren interesados pola Ecoloxía, pero.....as contas non casan. Ou sí casan pra eles. Queda entendido, ¿non?
Traballo do pasado ano, aparecido no Diario de Pontevedra e no Xornal.com. Nel fálase sobre tramas, sobre intereses incomprensibles e presuntas prevaricaciós. Así vai o noso medio ambiente con políticos que manifestan estaren interesados pola Ecoloxía, pero.....as contas non casan. Ou sí casan pra eles. Queda entendido, ¿non?
Intereses non confesables,[3.7.06]
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Que Arregui, o novo presidente de Ence, teña manifestado que a empresa está disposta a considerar unha nova ubicación parece significar que as cousas poden estar a cambiar e que outro Lourizán é posible. Que o home pida colaboración a todos, que incluso solicite ó Concello compensaciós polo traslado da factoría, parece xa demasiado porque a situación da empresa é presuntamente ilegal, como a dos outros monstruos que ocupan o lugar e participan no arraso da memoria histórica do mesmo: Elnosa, Horpasa, a EDAR, a pranta de coxeneración, o ferrocarril.... ¿Ónde están as concesiós e as necesarias licencias? O horizonte do 2018 que sigue nos discursos é algo no que confiamos terá de se pronuncia-la Xusticia, cecáis o Tribunal Supremo. E ten razón Arregui cando dí que o traslado de Ence é máis ben un problema de tipo político-administrativo. Os políticos da “memoria histórica” néganlla a un Lourizán que non conoceron. Eu sí, e sei que por culpa deles as marismas non están recuperadas.
O asunto do traslado vai ser unha especie de regueifa electoral, con diversos contrapuntos. Mosquera declarou que o Concello estaría disposto a se comprometer económicamente. I, en relación coa recuperación da ría, dixo: “Seguiremos implicándonos de cabeza [....] con todo o noso esforzo”, asunto sobre o que o home ten varios discursos, algún non tan positivo. Pero Ence, como presunta infractora, non pode urxir compensaciós. Se Lores rectificou o dito por Mosquera no sentido de que a aportación económica do Concello sería “simbólica”, tamén acodeu co extintor pra decir que descarta a recalificación das marismas pra paga-lo traslado da pasteira. E non podemos esquecer que esa idea barallárona xentes do seu grupo, cando o conselleiro de Industria deixou cae-la oferta dun novo solar pra Ence en Meis-Barro, e que seguirían vertendo á ría de Pontevedra. ¿De qué saneamento estamos a falar?. Daquela comentárase que a estratexia pasaba polo ladrillo, integrando Lourizán nos terreos da Autoridade Portuaria e que sería ésta a constructora. Maquiavélicos.
Se Arregui dixo que Ence, na que non se prevén novas inversiós, está donde está “porque estamos, porque tenemos la concesión”, non se entende a afirmación cun proceso privatizador no que non se produceu a súa transmisión, ademáis das circunstancias de nulidade radical que deben prevalecer, como tamén a defensa dos dereitos humáns pola agresión ambiental da fábrica. Algo falla no discurso do home, como no dos políticos. E aí son especialmente importantes algunhas das palabras do industrial, en relación co interese municipal por deslocaliza-la industria, no sentido de que sempre hai unha parte de verdade, pero tamén un interese non confesable. Ou intereses e tramas, algo que xa temos apuntado en máis dunha ocasión. Lores acórdase agora de que os terreos son públicos e non susceptibles de aproveitamento urbanístico. Que a súa vontade sexa recupera-la ría está por ver, porque aí está o ferrocarril a Marín, por terreo demanial, urxido por el no ano 2000, ou a construcción da EDAR ilegal na que as tres Administraciós son presuntas delincuentes.
Arregui perguntou na súa comparecencia do xoves pasado se alguén maxinaba Pontevedra sen Ence, ó que haberá que responder que sí, como oportunamente dixo Teresa Casal; que moitos lembramos Lourizán como praia de Pontevedra e que nos sentiríamos máis libres con ese espacio recuperado polo mar, finalizada a hipoteca ambiental da ría e o achanzamento das nosas moradas polo pestazo da fábrica (Léase a sentencia do caso López Ostra contra o Estado español, do Tribunal Europeo de Dereitos Humáns). Se as cousas non cambian é polo que deixou dito o novo presidente: os intereses non confesables. ¿As tramas?. E a Xusticia vai lenta en asuntos xa denunciados. Que a Fiscalía de Vigo investigue as posibles irregularidades no PXOM de Nigrán, ou materializara ante o Xuzgado unha denuncia, por presunta prevaricación, contra o alcalde de Gondomar, pode ser síntoma de que algo se move; de que tamén aquí vai vela-lo Ministerio Fiscal pola ordeación do territorio e o medio ambiente. Intereses ocultos ou tramas son fáciles de telumbrar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario