Pontevedra, 1.10.2007
Nota.- Acantilado virtual. Apunte informático. O turismo de excelencia debe basarse no respeto á natureza á par que en instalaciós hosteleiras de calidade. No traballo que sigue fago defensa do nome de As Catedrales, como máis popular que o "normativo" de As Catedrais. Pero nengún dos dous é correcto, xa que a praia, como me dixeron en Rinlo, sempre se chamou Augasantas. Nela ten Ribadeo un activo importante. Pero as cousas cambiaron dende o ano 2002 e o urbanismo está arrasando amplios espacios da Mariña luguesa. Non adiantamos. Ah, a casiña de Combarro foi derrubada un día, pola mañanciña cedo, pró que sacaron ó propietario da casa, en pixama, mentres na costa galega existen miles de edificaciós ilegales, esponsorizadas polos distintos partidos políticos, que as queren legalizar. A Lei sófrena os probes.

Turismo de excelencia [19.10.2002],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
Un medio periodístico informaba estos pasados días da recuperación dunha praia da Mariña lucense, a de Areoura, en Foz. Unha estructura de formigón de seis prantas, que ocupaba a cabeceira desta privilexiada praia dende facía vintecinco anos, desapareceu no pasado mes de xullo. Costas gastou case medio millón de euros en costea-la demolición i en recupera-lo entorno. Agora están na fase de reposición das dunas con area do propio concello tendo prevista a fixación das mesmas por medio dalgunha que outra especie vexetal, porque a intención é recupera-lo campo dunar de antano. Virán despois a peatonalización do acceso e mái-la dotación de servicios. Outras previsións están na axenda de Costas, antre elas o derrubamento do complexo de Benquerencia, feismo paisaxístico puro e duro. I é que hai que ser drásticos na conservación do medio ambiente natural, clave do turismo de excelencia.
Costas tamén está actuando na praia das Catedrales, nome popular que prefiro ó normativo Catedrais que agora campa na nova rotulación do tamén novo acceso que o ministerio de Medio Ambiente está a ordear alí ó tempo que retrotrae o aparcamento que antes existía sobre o mesmo acantilado. É ésta unha cuestión que deberán resolver con solvencia porque a praia pode ser un pulmón turístico pró concello de Ribadeo. O 29 de setembro estiven alí. E cheguei nun momento no que a marea deixaba case todo o areal á vista, polo que puiden visita-los distintos espacios máxicos que alí se abren. Natureza en estado puro, permanecín no lugar case todo o día. Existe alí un gran restaurante, un esculcadoiro privilexiado, onde xantei compridamente e disfrutei dun albariño exquisito antes de tornar ó areeiro no momento xusto da baixamar. Animei a un matrimonio inglés a baixare pola escadeira porque o mellor da praia, os espacios sagrados, ficaban máis alá dun punto onde case se toca un farallón co acantilado. Díxenllo no seu idioma, que teño menos esquecido do que pensaba.
Por certo que a visita dos ingleses a aquel lugar debe ser unha constante, xa que hai dous anos estaban alí aparcados dous coches de matrícula británica, dous Bentley se mal non lembro. Curiosamente, catro ou cinco días despois cruzaríame en Pontevedra, diante da casa consistorial, co matrimonio ó que animei a conoce-la praia. Apreciara neles unha certa emoción e respeto e sospeito que a existencia dun libro titulado “Galicia vista por un inglés”, de Aubrey F.G. Bell, non é un feito casual. Coido que estas xentes sinten a natureza como un factor decisivo no turismo de excelencia. E que así o entende Costas na Mariña lucense. Retireime por un momento da praia pra facer de novo o recorrido polos areales de Barreiros, oito kilómetros, onde quedei sorprendido coa construcción xa citada da praia de Benquerencia, que debería desaparecer según Costas ten previsto.
Antes de dirixirme a Ribadeo retornei ás Catedrales onde permanecín ata o lusco-fusco, cando o areal --que non perde area como Silgar-- quedaba xa case coberto pola marea a encher. As ondas bravas, fragor contínuo, desfacíanse ó tempo que avanzaban como unha manada de cabalos brancos sobre a area, contra os farallóns, penetrando os espacios sagrados nun acto case máxico, movemento perpetuamente renovado. Cecáis foi o viño do xantar, un Rías Baixas, o que me trouxo o aviso de que Costas non mide na nosa ría, medio sensible, coa vara que usa na Mariña lucense ó permitire recheos tontos, construcciós fora de lugar, actuaciós como as anunciadas no eido industrial que van facer do turismo de excelencia unha burla. Fai falla un gran esforzo político de consenso pra resolve-los problemas existentes dende hai case corenta anos. A solución é posible sempre que os partidos se propoñan recupera-lo litoral de Lourizán, de pensar en clave ambientalista. ¡E pensar que Costas quere acabar cunha casiña en Combarro! Hai outras urxencias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario