Na fotografía do autor apréciase un dos arcos soterrados da ponte do Burgo, que penetraba na rúa da Ponte, seguramente toda ela ponte. Eran os tempos nos que Pontevedra sabía dos traballos do mar, antes de eles propoñérense acabar coel, intención coa que parecen seguir os gobernantes de arestora, con non clara intención de apoio á elaboración da Axenda 21 Local polo equipo redactor do novo PXOM, que debería polibilita-la restauración do capital natural e o reverdecemento do capital social, morto ó longo dos últimos oito anos.
Na defensa da Terra [15.10.2007],
por Xesús López Fernández
Tanto Al Gore como o Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático acaban de obtér, como é sabido, o premio Nóbel da Paz. Da época de Al Gore como vicepresidente dos Estados Unidos, ano 1992, cando levaba traballando 15 anos á fronte dun equipo de congresistas preocupados pola pervivencia do ecosistema terrestre, é o seu libro “A Terra en xogo”, que moitos calificaron daquela como un novo Plan Marshall Verde e no que estaban xa as pautas, as claves pra que os responsables da política mundial evitaran un maior deterioro do planeta. Os outros premiados, o equipo de expertos da ONU, levan avisando das causas e posibles efectos do cambio climático nada menos que 19 anos. Sobre eles afirmaba o Comité Nóbel que o IPCC [as súas siglas inglesas] “creou un consenso fundado e cada día máis amplio sobre o vincallo antre actividades humás e quecemento global”.
-
Xa na “Terra en xogo” advertía Al Gore que as raíces da crisis global do medio ambiente eran maiormente de tipo espiritual. E neso insiste o home 16 anos despois cando recolle os informes científicos que alertan de que estamos chegando a puntos críticos, que nun prazo de dez anos podería ser imposible a recuperación da Terra prá habitabilidade a causa das agresiós sofridas. Tamén insiste na necesidade dunha apertura da conciencia social, de que as xentes obriguen ós gobernos no seu camiñar. E propón unha campaña de tres anos pra que os individuos tomemos razón de cómo podemos evita-la catástrofe do planeta, porque estamos ante unha situación de emerxencia do planeta. No comezo da campaña de Al Gore en base ó seu documental “Unha verdade incómoda” e do corresponde libro houbo incluso burlas, pero xa a CIA e o Pentágono parece aprenderon a lección, son conscentes de que o cambio climático pode poñer en peligro a seguridade dos EEUU e a do planeta enteiro.
-
Si estos días atrás un xuez británico cuestionaba a campaña de Al Gore e quería neutraliza-la distribución de 5000 copias en DVD da súa película como complemento didáctico nos colexios de primaria e secundaria, a Administración laborista veríase obrigada a revisa-la documentación adicional, pra así deixar claro a profesores e alumnos que existen teorías alternativas á de Al Gore. Pero, á súa vez, os argumentos do xuez foron rebatidos ou rexeitados por diversos científicos. Sobre eso teñamos presente que o traballo de investigación do IPCC foi en todo momento riguroso. No próximo novembro van presentare en Valencia un informe sobre clima que vai recoller, nunha lingoaxe accesible prós responsables da toma de decisiós, os cambios observados no clima e os seus efectos a corto e longo prazo, mesmo sobre a vulnerabilidade do sistema socioeconómico e natural, así como as consecuencias e posibilidades de adaptación. No grupo hai gran alegría e moitos ecoloxistas da Terra deron xa a súa adhesión, especial no caso da kenyata Wangari Maathai, premio Nóbel da Paz 2004, que “ten un sorriso de orella a orella” i entende que incluso observan un cambio de actitude en Washington dende o último informe do IPCC.

A Al Gore están a lle pedir que reconsidere a posibilidade de persenta-la súa candidatura á presidencia nas próximas elecciós, pero non parece estar na idea de repetir, sobre todo tendo en conta que os sondeos son favorables a Hillary Clinton, do seu partido. Dabondo ten con promover a nivel planetario a apertura das conciencias. Nun novo libro, “O ataque contra a razón”, denuncia a “capacidade de manipula-la opinión das masas, explotada agora con maior agresividade por unha nova xeneración de Maquiavelos”. Non-obstante, nalgunha parte do seu discurso e “porque todos somos responsables das decisiós do noso país”, confía nun cambio de actitude dos EEUU e que poidan lidera-la salvación non só da nación, senón do mundo enteiro. Norteamérica perdeu un presidente ecoloxista, pero o Mundo gañou un verdadeiro líder, do que estaba necesitado, moi necesitado. Tamén aquí.

No hay comentarios:
Publicar un comentario