Fotografía do autor: Ponte na ría de Viveiro, na Mariña lucense, non lonxe de Burela, Foz, Mondoñedo, Rinlo, Ribadeo, por onde aínda deben vaga-las almas de San Rosendo e do Mariscal Pardo de Cela. Pontevedra, 2.10.2007.
No traballo que retomamos da base de datos, publicado o 10.10.2003, fálase da importancia de conservar ou de perde-lo capital social.
En Pontevedra, cando se vai poñer en marcha a exposición do PXOM, algo cheira a corno queimado: O que a prensa comenta da Axenda 21 Local, documento que terá que ser claramente difundido antre os cidadáns. Pero o que nel parece constar xa é que a pretendida obra de saneamento das Xunqueiras e dos vertidos ó río, o entubado ata a depuradora ilegal d´Os Praceres, foi obra oportuna, cando sabemos que non. Parece que existe unha especie de baixada de pantalós por parte dalgún dos redactores.
Poden algús pensar que o baño de Lores, aquela estupidez, é proba de que as cousas xa están arranxadas. Mais non é así. E novamente cheira a trama deshonesta, como se denunciaba xa no artículo "¡Claro que había trama!", que se pode procurar neste blog.
Parece evidente que na nosa terra fai falla un José Bono ou home que siga o seu libreto, porque, se seguimos coa línea de actuaciós que o goberno actual se ten marcado, acabamos na máis completa das ruínas. Nese esforzo por acabar co país anda a Xunta co plan sectorial de Acuicultura, reformado do aprobado polo goberno de Fraga. En Pontevedra temémo-lo peor.
Podemos entender por capital social diversas cousas, tanto o que pode abrangue-lo denominado neto patrimonial [capital máis reservas] dunha sociedade mercantil como os recursos pertencentes a unha sociedade local ou autonómica que, según definen Claus Offe e Susana Fuchs ó falaren do seu esmorecemento no caso alemán, “pode variar en canto ás existencias dispoñibles e acrecer ou mingoar co tempo”. O importante [según os citados autores] é que ese capital exista e se atope regularmente distribuído. Os seus beneficios consistirían nuns desexables logros económicos e tamén nun amelloramento da Administración, en facela máis honrada i eficiente. Porque a sociedade pode ter esas capacidades, a de marca-lo camiño i evitar situaciós de corrupción, tan frecuentes, tan denunciadas nos últimos tempos como acontece, por exemplo, no tema urbanístico. Pero pode tamén facerse posible o tal capital social gracias ó papel predominante dalgún líder [como José Bono]. O que sí, cando ese capital social se manifesta non convén opoñerse á súa forza, subestimalo como aquí se fixo cando foi da manifestación do 5-J. E así lle foi a algús.
-
A eso refireuse unha amiga hai uns días, ó poñe-lo exemplo do que o tal capital social, “en estado puro”, pode significar. E fíxoo nada máis e nada menos que relembrando a ocasión aquela na que [sendo presidente Felipe González e ministro da Guerra Narcís Serra] intentaran promover un polígono de tiro en Cabañeros. A cousa estaba xa “feita”, era algo irreversible, pero alí estivo o capital social [un alcalde ou varios coas súas xentes] apoiado ademáis, en todo momento, por don José Bono, o presidente de Castilla-La Mancha. Total, que houbo que abandona-la idea e hoxe é Cabañeros un parque nacional envidia de moitos, e ir alá pode ser cuestión de axenda, de poder viaxar e gastar algús cartos, pero por medio de Internet podemos enterarnos do que agora é aquel espacio, a riqueza existente en fauna e flora, ter un conocemento “virtual” do sitio...En Cabañeros pódense apreciar 276 especies de vertebrados: algunhas das maiores rapaces [avutre negro, águia imperial], gran número de herbívoros e, ocasionalmente, o lince ameazado de extinción. No caso dos invertebrados [aínda non totalmente catalogados] están contabilizadas novas especies de coleópteros.
--
A cuestión do capital social ten sido ampliamente estudiada por algún autor como Francis Fukuyama, que no seu libro A Gran Ruptura fai un estudio profundo da perda de valores que, mentres no mundo rural que permanecía en contacto coa terra que traballaba eran evidentes, na sociedade industrial produceuse a súa fractura, coa presencia do home e da muller en centros de traballo distantes. Só agora e por medio da “rede” e do fax comézanse a tecer novas relaciós, unha dimensión nova e global [non sempre positiva] que tamén sirve pra nos avisar de que, no caso da Mancomunidade de Cabañeros [un mundo antre montes] un pódese achegar a visitar calquera dos dez pobos que a forman. E advirten de que ó nos ofreceren o mellor deles non-o fan gratis total, que un terá de se comprometer a poñer algo da súa parte: “Séntate cos vellos, a falar coeles sen présas, que están dispostos a nos transmiti-lo tesouro das súas vivencias que é seguro nos han enriquecer.... Solágate na bravura do Estena, na sereidade do Bullaque ou do Guadiana pra refresca-lo teu corpo e o teu ánimo.... Pérdete antre a fronda, nas carballeiras e freixedos, esquécete do tempo e do desacougo....Descobre o máis raro e sotil que a natureza garda só prós ollos....Déitate na herba, deixa voa-la túa imaxinación e inventa formas fantásticas nas nubes...”
-
Os consellos seguen. E “podes tamén percibi-los sonidos do cervo que berrea, do bufo, da abubela, o raposo e o xabarín..” Un mundo salvado gracias ó capital social en movemento. I eu perguntábame hai uns días, en Rinlo, Ribadeo, [un pobo mariñeiro cuns 300 habitantes], por qué o ministerio de Medio Ambiente está alí traballando, a restaurar espacios e construír paseos. Alí estiven vendo as ruínas da cetárea que Manuel Pérez Oroza construíra na chamada Covacha dos Percebes. Pobo envellecido, con pouca xente á vista, que agradece o saúdo, a fala demorada. E por alí andaba a canilonga [o cormorán] voando pesadamente, mentres nunha praia próxima [Lóngara] un mascato, morto na area, non disfrutaba xa desa libertade. Medio Ambiente fai cousas alí. E mesmo eliminou agresiós paisaxísticas en Foz e Barreiros, dinamitado o horrendo complexo sociocultural de Caixagalicia....Que a Dirección de Costas queira defender alí o paraíso é bo. Eso motiva a pergunta de por qué aquí non traballa co mesmo sentido, ante a clara involución do noso capital social porque, a falta de líderes e colectivos capaces, a Dirección ten a obriga de defende-lo imperio da lei.
No traballo que retomamos da base de datos, publicado o 10.10.2003, fálase da importancia de conservar ou de perde-lo capital social.
En Pontevedra, cando se vai poñer en marcha a exposición do PXOM, algo cheira a corno queimado: O que a prensa comenta da Axenda 21 Local, documento que terá que ser claramente difundido antre os cidadáns. Pero o que nel parece constar xa é que a pretendida obra de saneamento das Xunqueiras e dos vertidos ó río, o entubado ata a depuradora ilegal d´Os Praceres, foi obra oportuna, cando sabemos que non. Parece que existe unha especie de baixada de pantalós por parte dalgún dos redactores.
Poden algús pensar que o baño de Lores, aquela estupidez, é proba de que as cousas xa están arranxadas. Mais non é así. E novamente cheira a trama deshonesta, como se denunciaba xa no artículo "¡Claro que había trama!", que se pode procurar neste blog.
Parece evidente que na nosa terra fai falla un José Bono ou home que siga o seu libreto, porque, se seguimos coa línea de actuaciós que o goberno actual se ten marcado, acabamos na máis completa das ruínas. Nese esforzo por acabar co país anda a Xunta co plan sectorial de Acuicultura, reformado do aprobado polo goberno de Fraga. En Pontevedra temémo-lo peor.
Capital social e medio ambiente [10.10.2003],
por Xesús López Fernández
-
A eso refireuse unha amiga hai uns días, ó poñe-lo exemplo do que o tal capital social, “en estado puro”, pode significar. E fíxoo nada máis e nada menos que relembrando a ocasión aquela na que [sendo presidente Felipe González e ministro da Guerra Narcís Serra] intentaran promover un polígono de tiro en Cabañeros. A cousa estaba xa “feita”, era algo irreversible, pero alí estivo o capital social [un alcalde ou varios coas súas xentes] apoiado ademáis, en todo momento, por don José Bono, o presidente de Castilla-La Mancha. Total, que houbo que abandona-la idea e hoxe é Cabañeros un parque nacional envidia de moitos, e ir alá pode ser cuestión de axenda, de poder viaxar e gastar algús cartos, pero por medio de Internet podemos enterarnos do que agora é aquel espacio, a riqueza existente en fauna e flora, ter un conocemento “virtual” do sitio...En Cabañeros pódense apreciar 276 especies de vertebrados: algunhas das maiores rapaces [avutre negro, águia imperial], gran número de herbívoros e, ocasionalmente, o lince ameazado de extinción. No caso dos invertebrados [aínda non totalmente catalogados] están contabilizadas novas especies de coleópteros.
--
A cuestión do capital social ten sido ampliamente estudiada por algún autor como Francis Fukuyama, que no seu libro A Gran Ruptura fai un estudio profundo da perda de valores que, mentres no mundo rural que permanecía en contacto coa terra que traballaba eran evidentes, na sociedade industrial produceuse a súa fractura, coa presencia do home e da muller en centros de traballo distantes. Só agora e por medio da “rede” e do fax comézanse a tecer novas relaciós, unha dimensión nova e global [non sempre positiva] que tamén sirve pra nos avisar de que, no caso da Mancomunidade de Cabañeros [un mundo antre montes] un pódese achegar a visitar calquera dos dez pobos que a forman. E advirten de que ó nos ofreceren o mellor deles non-o fan gratis total, que un terá de se comprometer a poñer algo da súa parte: “Séntate cos vellos, a falar coeles sen présas, que están dispostos a nos transmiti-lo tesouro das súas vivencias que é seguro nos han enriquecer.... Solágate na bravura do Estena, na sereidade do Bullaque ou do Guadiana pra refresca-lo teu corpo e o teu ánimo.... Pérdete antre a fronda, nas carballeiras e freixedos, esquécete do tempo e do desacougo....Descobre o máis raro e sotil que a natureza garda só prós ollos....Déitate na herba, deixa voa-la túa imaxinación e inventa formas fantásticas nas nubes...”
-
Os consellos seguen. E “podes tamén percibi-los sonidos do cervo que berrea, do bufo, da abubela, o raposo e o xabarín..” Un mundo salvado gracias ó capital social en movemento. I eu perguntábame hai uns días, en Rinlo, Ribadeo, [un pobo mariñeiro cuns 300 habitantes], por qué o ministerio de Medio Ambiente está alí traballando, a restaurar espacios e construír paseos. Alí estiven vendo as ruínas da cetárea que Manuel Pérez Oroza construíra na chamada Covacha dos Percebes. Pobo envellecido, con pouca xente á vista, que agradece o saúdo, a fala demorada. E por alí andaba a canilonga [o cormorán] voando pesadamente, mentres nunha praia próxima [Lóngara] un mascato, morto na area, non disfrutaba xa desa libertade. Medio Ambiente fai cousas alí. E mesmo eliminou agresiós paisaxísticas en Foz e Barreiros, dinamitado o horrendo complexo sociocultural de Caixagalicia....Que a Dirección de Costas queira defender alí o paraíso é bo. Eso motiva a pergunta de por qué aquí non traballa co mesmo sentido, ante a clara involución do noso capital social porque, a falta de líderes e colectivos capaces, a Dirección ten a obriga de defende-lo imperio da lei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario