Foto histórica da praza das Galiñas. Actualmente presenta o aspecto pouco afortunado que, pouco a pouco, vai tomando a cidade coa restauración disposta polas luminarias do goberno local.
Pontevedra, 3.10.2007.
Outro traballo do 2002, sobre o tema da peatonalización e da ruína da zona vella. Irán aparecendo máis, porque é un tema non resolto. Coa política urbanística aquí levada a cabo pódese mesmamente acabar coa cidade.
Outro traballo do 2002, sobre o tema da peatonalización e da ruína da zona vella. Irán aparecendo máis, porque é un tema non resolto. Coa política urbanística aquí levada a cabo pódese mesmamente acabar coa cidade.
Tempos difíciles [6.7.2002],
por Xesús López Fernández
Despois do pleno da peatonalización –peonalización, pedían os concentrados na sala antes da chegada do señor alcalde, en contra da norma habitual— e da xuntanza dos grupos políticos o pasado luns, as cousas están como sabemos: que méntre-la oposición e os cidadáns non-o remediemos, o esforzo peatonalizador do equipo de goberno parece non ten horizonte, que algúns sitúan en Fdez. Ladreda. É decir, a cidade aberta parece que morre ou no-la matan. O concellal de urbanismo debera lembra-lo que lle pasou a Pedrosa coa súa actuación daquela en Benito Corbal e Michelena, que alguén vaticinou como precursoras da súa perda da alcaldía. ¡Certo que houbo outras cousas, como as facilidades dadas a Continente/Carrefour sen ter en conta as denuncias a el chegadas! Pero é que neste momento, co condicionamento circulatorio que nos está a impór o equipo do Bloque parece que o Concello fose o mellor cliente do centro francés. É esta unha opinión xeneralizada.
Tamén oín decir que o de Tafisa ten solución pola vía da construcción dun novo centro comercial no que Sonae podería recolocar ó seu persoal. Terían que mellora-lo acceso por Eiriña-Eduardo Pondal –obras recentes, denunciadas antes da inauguración, por cativas--. Na medida na que aí crearían un aparcamento tipo Carrefour, podería o mesmo servir de focalizador e dinamizador da zona vella. É unha idea simple cando o drama que vive o comercio das áreas peatonalizadas acaba de ser confirmado por medio dunha enquisa da Cámara de Comercio, que coido non se ocupou no seu día dos negocios da zona vella, moitos xa cerrados e nos que o problema dura case tres anos. “¡No resistimos más!”, puiden leer nunha tenda desaparecida hai algo máis dun ano. Do diálogo que manteño de forma cotiá con máis dun comerciante podo traer aquí moitos tipos de queixas. “Non se vende nada, a muller dime que cerre, levamos varios anos descapitalizándonos”. A Cámara e Aempe non estiveron pendentes da catástrofe aquí sobrevida. ¡E houbo e hai que pagar IAE!.
Pero volvamos co tema da “calidade de vida”. A actuación que Fdez. Lores tiña prevista sobre a beira do río Lérez, deixa-la estrada da beiramar –no seu día construída como vía rápida prás cisternas do cloro que viñan cruzando a cidade— con dous carriles no canto dos catro que agora ten, crear alí unha zona verde, un parque lineal, era boa. A min parécemo. Mai-la necesidade contínua de usala, polo deseño circulatorio imposto, fai inviable a idea, convérteno en víctima de si mesmo. Eso vai a máis, como tamén a sobrecarga que padece agora a praza de Galicia –cecáis a actuación urbanística máis lograda na Pontevedra dos últimos cincoenta anos— como consecuencia da peatonalización de San Xosé e máis da obrigatoria entrada pola rúa Alcalde Hevia. Menos calidade de vida, pois, na praza de Galicia, onde agora se producen momentos de agobio, perdeuse intimidade, evidente xa dende a supresión da vexetación que antes apantallaba o espacio, que o insonorizaba en certo sentido.
E segue a campaña de recollida de asinaturas pola “peonalización” que algúns entendemos como penalización, non como proiecto serio de “calidade de vida”. Sei de máis dunha persoa que asinou por medo e alguén comentoume que, de certo, estabase a sentir un certo medo cara ó futuro; que viviamos un tempo difícil cando todo debera estar claro prá recuperación do noso modelo de cidade comercial e de servicios ou prá realización do parque lineal do Lérez que propoñía Lores. E venme o recordo doutro parque que xa estaba medio deseñado. O parque lineal do río Gafos, descoberto novamente o río, e coa posibilidade que ven dá-la devolución á cidade da Finca Entrerríos, algo posible polo traballo tenaz e honesto de diversos amigos. Este mesmo diario informaba o 3.3.2000 que o Concello estivera ausente do proceso xudicial --¿por qué?--, non persoado en nengún momento da causa incoada no 1994.
No hay comentarios:
Publicar un comentario