Vista parcial do panteón de Antón Losada Diéguez, memoria da Xeneración Nós, do galego e do galeguismo católico. En Moldes, Boborás, Ourense, Abril 2007. Foto do autor do traballo.
Xesús Ferro Ruibal acaba de publicar unha serie de traballos en “La Voz de Galicia” sobre a famosa “normativa de concordia” que algús tentaron colarlle á RAG. Da súa man vese claramente o paso a paso, as trampas que os promotores do cambio quixeron poñer pra distanciaren aínda máis o galego escrito da fala, pra posibilitaren unha frustración maior da xa creada antre os galegofalantes polas normas en vigor. O autor, que respeta a normativa actual, manifesta a súa arela dunha ortografía máis foneticista e moderna, achegada á lingua viva. Recomendámo-la lectura das citadas colaboraciós. O académico estudia o uso de “eso, esto, aquelo” e avisa de “pra, prás, pró, prós” como formas normativas. O uso de “-ble” –amable— e de “-lo” –anda-lo camiño, Deu-lo premie, tódo-los, adiantámo-la hora --os exemplos son meus— que vai decaíndo por simple xogo do mercadeo editorial que contribúe á morte da lingua –a xeografía da memoria que diría Steiner—, a unha comunicación cada vez máis rara.
Un inciso. Álvaro Mutis, o novo premio Cervantes, acaba de decir que, á hora de construir un relato, ten que busca-lo neno que leva dentro de sí. Con esa técnica, as lembranzas vólvense máis concretas, defínense máis os rasgos, e o relato flúe como auga nacente. Entendo que ese exercicio de memoria poida vence-las néboas grises da vellez. I estimo que os autores galegos deberían practicar tamén ese exercicio, deixaren á súa mente camiñar cara atrás no tempo pra limparen o idioma do lastre que pode se-la causa primeira de que o libro en galego se venda pouco. Hai que refresca-la língua, retoma-la fala enxebre e as súas potencialidades, ou fracasamos como pobo. Pergúntome se non se estará a dar unha situación semellante á que Risco denunciaba no 1910, ó escribir sobre o colapso da Literatura en galego por non ter capitalizado científicamente o leigado de Rosalía e de Curros Enríquez.
Perdidos gran número de galegofalantes, abandonado en moitos casos o idioma como lingua lar, traicionado por algús escolantes –se cadra calificadores de estudiantes cun maior dominio do galego que eles/elas--, a propia Igrexa ten gran parte de culpa na situación creada ó non ter asumido de forma franca a fala do pais nos actos litúrxicos, diríase que oposta á nova Pentecostés proposta por Xohán XXIII, como nemiga desta volta da nosa realidade étnica. Total, menos comunicación antre nós á par que un esquecemento do noso pasado; un pobo que morre. Non sei qué exercicio de memoria pode face-la RAG pra renova-lo debate á marxe de presiós, coa fin de acada-las normas foneticistas que moitos desexamos. A CIG-ensino e a AS-PG, perdida a memoria nacionalista, están en campaña de recollida de asinaturas pra promoveren un novo acoso alóglota sobre a RAG, de perda de identidade, a voltas con que queren lusificar --¡aínda máis!— o noso idioma,
Se traducir é un acto necesario á comunicación no propio idioma –atender e entender--, ese exercicio pode ser difícil cando dous idiomas distintos se encontran. As isoglosas diferenciativas que existen antre galego e portugués son unha fronteira real, unha alamiada de espiño que nos separa. Recuperémo-la memoria da fala, da xeografía da nosa historia, da nosa alma, que –inda que minorizada— ten pra nós moitísimo valor. Poden algús creeren que si existimos como lIngua é porque o mito de Babel segue operativo. Pois ben, aquel desastre –etimolóxicamente “dis, astrum”—sirveu pra xerar una verdadeira chuvia de estrelas. A que correspondeu ó noso pobo pode estar agora precisada do esforzo dos falantes de base ou do instinto dos poetas antes que da erudición de filólogos ou do sermón dun nacionalismo crispado, antre outras cousas, por non se manter fiel á língua. Que non no-la afoguen anque a vexamos homilde, como Anne Mary Morris cando a retratou dende a outra banda do Atlántico: “Marmurio, movemento de prata,/ o vento errante zoa no luar../Voz fuxitiva nun río perdido,/ chorando camiño do mar”. Así loce a nosa estrela. Que non morra.
Pontevedra, 22.10.2007
Traballo do ano 2001, sobre a lingua, do momento no que estaban a traballaren, secretamente, os das normas da concordia. Máis ben, do divorcio da fala que oficialmente ven de compri-los mil anos.
COMUNICACIÓN E MEMORIA [15.12.2001],
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario