jueves, 11 de octubre de 2007

A PLATAFORMA D´OS PRACERES SOLICITA CESE CAUTELAR DO PASO DO TREN [11.10.2007]

O dibuxo, "enerxía nacente", pode tamén ilustrar este traballo, considerando o caos existente actualamente na zona da praza d´Os Praceres e o paso elevado alí construído.

Pontevedra, 11.10.2007

A PLATAFORMA D´OS PRACERES INSTA ANTE Ó TRIBUNAL SUPERIOR DE MADRID QUE CESE O PASO DOS TRENS

É noticia que está nos medios d´hoxe, en relación coa execución da sentencia que declarou ilegales os pasos a nivel d´Os Praceres, que debería ter sido executada no pasado mes de Xullo, coa anulación do ferrocarril naquel paso.

Lembremos que na construcción do ferrocarril tiveron parte activa tanto a Autoridade Portuaria como os concellos de Marín e Pontevedra . Que Fomento se teña dirixido recentemente a ambos concellos pra saber qué medidas pensaban adoutar tampouco é de recibo, porque o responsable, en definitiva, é o propio ministerio. Dende os concellos e según Fomento non lle deron resposta. A decisión da Plataforma parece de libro: solicita-la adoución de medidas cautelares e a prohibición do paso do tren, que está a facer un uso ilícito daquel espacio.

Non parece posible unha solución, porque outros tramos da vía tamén están cuestionados. E o propio Ministerio de Medio Ambiente da Administración Aznar denunciaba que o trazado invadía 55000 metros cuadrados de dominio público marítimo terrestre e que, no mellor dos casos, habería que levanta-la vía no horizonte concesional de Ence-Elnosa, que como se mantén dende Salvemos Pontevedra, arestora carecen de concesión e licencia, sendo a súa permanencia unha cabezonada da Administración, que sigue a xogar coa desnaturalización da ría, coa reconversión daquel espacio noutra cousa, como xa apuntan sibilinamente algús datos do PXOM.

¡Qué peligro o medio ambiente en certas mans! ¡E aínda queren que lles cedan as competencias sobre Costas!


No hay comentarios: