Convertiron Pontevedra nun laberinto, quizaves máis complicado que o maxinado polo autor na presentación informática deste artículo, que xa aparece con outros traballos que van do laberinto local.
Pontevedra, 19.10.2007
O traballo pódese leer comezando polo último parágrafo, porque ven sendo a historia contada ó reves, de diante pra atrás, a aventura de alguén que quixo sair de Pontevedra cara Bértola, Figueirido, e atopouse, xa no 2002, metido nunha corredoira pra poder segui-lo camiño, á procura de pasos aínda non choídos nesta cidade, na que todo se vai paralizando máis e máis a consecuencia dos disparates urbanísticos dispostos polo equipo de goberno local.

Desubicados [14.9.2002],
por Xesús López Fernández
O valor dun edificio –tamén dun barrio, dunha cidade— pode depender da súa ubicación, na que priman fundamentalmente a paisaxe, un entorno urbán coidado, a posibilidade de acceder ó domicilio con vehículo propio, a comodidade particular de cada vivenda. Pero hai un momento a partir do cal o residente atópase como secuestrado, prohibido o uso do coche, virtualmente expropiado por unha política pouco intelixente. E así, o vehículo familiar, vai canso. ¿Cómo saír da vila, cómo empalmar coa estrada de Vigo?. O coche debía estar contrariado un día do pasado agosto cando ía, despois de abandonada a pista que leva a Tomeza, por un camiño menor. Unha muller aclaráralle ós ocupantes que esa especie de corredoira mellorada era como un atallo pra chegaren á recta que leva a Bértola. O coche extrañaríase de ir a vinte por hora, de pasar unha pontella sobre un río Tomeza orgulloso da súa vexetación de ribeira, de cruzar unha veiga chea de corvos, uns cen que o rodeaban, pra accedere, á fin, á estrada pola que tería de continuar cara Bértola.
Antes de coller pola vía alternativa o coche fixera o recorrido da rúa Ramón Otero Pedrayo, onde hai un barrio marxinal que pode non ser alleo a algún dos “tesouros” levantados pola asociación Vaipolorrío ó longo de semás, de anos de duro i estimable traballo. Algús dos nenos do “enclave” bañábanse no río naquela hora de forte sol. Mais en chegando ó Marco o vehículo recibeu instrucciós de ir hacia Tomeza porque, á dereita, a ringleira de vehículos que enfilaban cara as rotondas do Pino, procesionaria paralizada naquel momento, suporía un novo atranco, unha nova perda nun tempo cada vez máis corto. Os conductores detidos no entorno das dúas rotondas do Pino terían tempo de reparar no abandono total das mesmas, sucias; de que permanecía como asignatura pendente algo que noutras cidades –ou non cidades-- é motivo de especial coidado e ornato. E os ocupantes do vehículo que se achegaba á ruta alternativa facían memoria de rotondas: A Coruña, Santiago, Vigo, Vilagarcía. ¡Agora tamén Poio, na Barca i Andurique, fai arte coas súas!
Nun momento aínda anterior, o vehículo atopara o tránsito difícil, convertida a rúa Malvar Figueroa nunha vía de gran capacidade, evidente o fracaso da política viaria que, día a día, densificaba máis e máis o tráfego perimetral. E pasado o nudo da Eiriña, a avenida Eduardo Pondal, no entronque coa Alféreces Provisionales, marcaba dúas alternativas: a circulación colapsada si se collía pola dereita, cara a minirrotonda de Fdez. Ladreda, ou seguir por Otero Pedrayo, opción que, naquela hora da mañá, parecía a máis aconsellable, solución que o vehículo ensaiaba por primeira vez e que parecía aínda non descoberta por moitos. A sensación de desubicación, de improvisación, contrariaba un tanto ó coche e ós seus ocupantes, que non se podían permiti-lo luxo de perderen unha hora naquela especie de via-crucis que significaba marchar de Pontevedra sen dispoñeren das saídas noutrora hábiles.

Cecáis fora mellor ter cruzado pola ponte de Compostela ó Burgo e circunvalar pola autopista ata o Pino, polas rotondas, pero o vehículo marchara naquela mala hora pola Buenos Aires e Malvar Figueroa, aínda non telumbrádo-los atrancos, sorteando unha das rotondas da ponte dos tirantes onde a deixadeza chega a facer posible a presencia de ratas, mostra dun abandono total, máis evidente cando a marea baixa ou o alcatreo das industrias envolve a cidade como un sudario. Fracasada a campaña de “Pontevedra, ponte bela”, seguía a ser, no día de agosto ó que nos referimos ou neste setembro preelectoral, unha asignatura pendente de tódo-los grupos, impotentes pra fixaren o programa ecoloxista necesario pra sentírmonos de novo pontevedreses. Na campaña preelectoral que comeza só a Iniciativa Cidadá Os Praceres fala da reubicación da vila, da recuperación de valor, do mar e da praia. Pra outros, choído o progreso, a única saída é unha corredoira en Tomeza. Desubicados. Nos desubican.
No hay comentarios:
Publicar un comentario