Un dos "fondos mariños" informáticos do autor, que aprendeu a nadar en Lourizán e na praia da Puntada, un dos nomes que Colón, que naceu por alí cerquiña, levou a América. Hoxe, o espacio e un fondo de miseria, traicionada a ría polas camadas políticas, polos novos Maquiavelos de que fala Al Gore, premiado co Nóbel da Paz.
Pontevedra, 5.10.2007
A PONTE DA PUNTADA,
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
As palabras de Mosquera [en relación cos estudios e proiectos da Xunta en materia de tráfego] advertindo que sería un erro ampliar aínda máis a ponte da autopista, que consolidarían esa agresión, pra pouco despois decir que non se trataba de derriba-lo viaducto, que non era eso o que estaba a suxerir, corresponden ó seu estilo de falar, cando realmente habería que lle botar valor e actuar como cando foi do scalextric da rúa Lepanto, en Vigo: derriba-la ponte que nos privou dunha paisaxe declarada pintoresca, que convirteu o espacio do fondo da ría nunha especie de patio de luces, colmado de agresión.
A ponte da Puntada foi un disparate. E foron culpables principales os dirixentes do Concello, porque cando no 1973 o Ministerio da Vivenda botou abaixo o PXOM do 1970, rexeitando a recalificación como chan industrial das marismas de Lourizán, ó tempo que advertían que Ence i Elnosa eran dúas industrias mal ubicadas, de cuia presencia soamente se habían derivar problemas prá saúde e convivencia humás, avisaba tamén ó Concello pra que solicitara ó Ministerio de Obras Públicas outro trazado prá proiectada autopista, mellor polo Leste da cidade, porque a prevista ponte da Puntada tería un impacto paisaxístico brutal, como así foi. Os políticos locales non estiveron polo labor, faltos de sensibilidade.
Foi unha pena que coa chegada da democracia se lle outorgaran ós concellos unha sería de iniciativas en Urbanismo que no caso de Pontevedra están, decote, configurando aquí unha especie de Gulag, conforme ó modelo soviético. Que agora digan que a ponte da Puntada foi un erro, aparte de que teñan razón, non-os canoniza. E veremos qué vai dando de sí o paquete de medidas duras, de agresión ó entorno do Lérez, como as dúas previstas pontes nas Correntes i en Monteporreiro.
Teremos que nos preparar pró debate, pra explicar ás xentes do qué vai a Axenda 21 Local, porque non se poden admitir algunhas das afirmaciós feitas ó seu abeiro, en relación coa falacia da depuración de Lores, gastando cartos da Unión Europea no tendido de colectores ou na construcción da depuradora d´Os Praceres, actuaciós que van en contra da Lei de Costas.
¿Haberá que consentir que sigan a faceren disparates pra que dentro duns anos volvan con que todo o que fixeron, a planificación da involución da cidade, a conversión da ría nun canal morto no que xa non canten as mareas, que todo foi un erro? Seguro que moita xente non-os vai perdoar nunca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario