Pontevedra, 1.10.2007
Sinfonía inacabada [6.4.2002], Crónica do 16.4.2002, reitera acusaciós incluídas noutros traballos sobre a involución sofrida pola cidade como consecuencia da peatonalización salvaxe imposta a golpe de Diktatt. No traballo pergúntase qué clase de "filtro" lle terán dado a Ernesto Filgueira, que no 30.6.97 declarábase contrario á posible peatonalización salvaxe da cidade. Paradoxa, foi o "gran irmán" do Bloque á hora de tentar camelar a outros comerciantes da zona, de lles vende-lo invento co que se xestaron non poucas ruínas. Finalmente, o Mercado non resultou o elemento dinamizador, relanzador da economía do barrio. Así están as cousas. Situación terminal.
por Xesús López Fernández
O estado de obras que estamos a vivir parece non ter fin. Non se aduviña un remate de obra “ben feita” en tantísima fronte de actuaciós lacerantes tendentes a ampliaren máis e máis a zona peatonal, á despersoalización de espacios, a un cerco asfixiante que impide esa circulación mínima necesaria pra manter vivo o comercio da zona, cada vez máis privada de servicios. Pódese decir que están a xogaren co patrimonio de moitas xentes, que se ven día a día descapitalizadas, case arruinadas, porque non se actuou pensando en melloraren un barrio comercial e residencial, nen en dotalo doutras actividades do sector servicios que a de consentir seudoterrazas que obstrúen espacios, que impiden a chegada –como xa ten acontecido— da necesaria ambulancia. E van alá case tres anos de tormento.
Un dos presentes no encontro celebrado antre xentes da Federación Boa Vila e os políticos do PP comentaba o seu drama persoal, a sequía de ventas, e que obxetivamente só beneficiaban a Carrefour, que continuaban co xogo político sucio. Na xuntanza, según información recibida, comentáronse outros aspectos da peatonalización, como o da carencia de contenedores en amplios espacios, cuestión ésta que parece non se chegou estudiar, cando o normal sería que, con tanto rediseño e proiecto reformado estivese resolto o problema da recollida selectiva, mesmo a integración dos contenedores baixo chan; pero, cando están á vista as próximas eleccións, non se mellorou no tratamento dos residuos urbáns.
Retomando o tema do comercio, resultaría surrealista establecerse na zona vella cun establecemento de electrodomésticos ou de radio e televisión, algo que xa deben estar a comprenderen no entorno de Daniel La Sota/ Rúa Peregrina. Un dos pedaliers de certa asociación comentaba hai escasas semás, en relación con algunhas tendas que conoceran tempos de abundancia, con fondos de comercio importantes, siareiros que se achegaban co seu vehículo pra cargaren a compra periódica, que xa non podían estar alí. ¡Vaia co pedalier que xustificaba así, campanudamente, a peatonalización salvaxe segadora de patrimonios! ¿Quén me ía decir daquela que, días despois, unha man misteriosa iría poñer no meu buzón unha copia da páxina 6 do Faro de Vigo do 30.6.97, adicada toda ela a recollere unhas declaraciós de Ernesto Filgueira nas que se pronunciaba decididamente en contra dunha posible peatonalización salvaxe, por decreto? ¿Qué clase de “filtro” lle terán dado pra que a todo diga “amén”, aínda despois de abandonado por moitos dos que o apoiaban?
Pode que o mercado de abastos –quedan obras pra longo— actúe de factor dinamizador se funciona mañá e tarde i é xestionado con eficacia. Vital o seu parking, que non vai compensa-las prazas que se perden en superficie. Outras setenta van desaparecer no Chanchullo, obra que non se entende. I ésto nótao a xente. O venres comentaba unha señora nun establecemento: “¡Moito me gustaba vir aquí, pero é que agora xa non se pode cruzar Pontevedra, con tanta prohibición!. ¿E sabe qué penso? Que non están a peatonalizaren prás xentes daquí, senon prós paseantes. Todo se volven bares e tascas!”. Esto, así dito por unha muller de aldea, non deixa de ser unha bonita forma de describi-la economía de servicios que tentan imprantaren no casco vello. Ou tamén a definición da zona como gran barreira arquitectónica, como xa apuntou o profesor Roselló e denunciou ante o Defensor do Pobo. Ou denunciaba públicamente no Diario de Pontevedra –o 4.4.2002-- dona Cruz Martínez Martínez, octoxenaria, camiñante por prescripción facultativa, que se leva caído varias veces como consecuencia do mal estado das nosas rúas: chan escorregadizo na Oliva, zanxas, valados, adoquíns levantados. A súa última caída foi na Ferrería, o 31.3, contra unha loseta. Tres horas despois, dolorida i escaiolada, pergúntalle con humor ó alcalde: “¿Qué he hecho yo para merecer esto?”. Sinfonía inacabada de desastres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario