Pontevedra, 6.10.2007
Outro traballo do ano 2002, da serie dos dedicados á cousa urbá, á desfeita da cidade, coa mención do colapso circulatorio, do que se derivarían moitos dos problemas hoxe existentes e prós que agora pretenden os nosos políticos novas infraestructuras despois de se ter cargado as existentes, un modelo de cidade que funcionaba.
No museo efímero de Valentín García Escudero móstrase o que foi a Pontevedra romá e medieval. Certo que si daquela se respetou o mar, non valeu como lección o alí descoberto, cando siguen teimudos coa idea de face-la nova ponte das Correntes, de facer de Pontevedra unha vila de secano.
Tensión cidadá e sinrazón urbanística [15.6.2002]
por Xesús López Fernández
A nivel político e cidadán vívense horas de tensión. Refírome ás protestas do transporte e máis do comercio en relación coas novas alteracións que o equipo de goberno local está a proiectar no tráfego da cidade. O comercio vertebrado en torno a Sagasta estalle a ve-las orellas ó lobo, con memoria do acontecido na zona vella onde, careentes dunha representación viva, o comercio está prácticamente morto, pendente da reinauguración do mercado de abastos como elemento dinamizador. A espera delongada acabou con non poucas tendas, pero non abonda con lle bota-la culpa ó gogerno do Bloque, que os outros son responsables en grado parello da involución do centro histórico, pró que parece non haber outra esperanza que a de ve-lo barrio inzado de máis e máis tascas. Consecuentemente, máis ruído, menos habitantes como hai escasos días denunciaban algúns medios.
Mentres o representante dunha microasociación de veciños próxima ó equipo de goberno pide a peatonalización de Valentín García Escudero e a supresión de aparcamentos pra dese xeito findar co problema dos gorrillas, os comerciantes de Sagasta e Avenida de Vigo propoñen unha maior apertura da cidade e doble carril na última das citadas, como tamén en Cobián Roffignac. Coherente tamén a súa petición dun pleno extraordinario pra que os técnicos aludidos polo concelleiro de Urbanismo acrediten a bondade do seu plan e tamén a proposta de estudios técnicos alternativos que demostren que houbo non poucos erros nas obras ata o dagora realizadas. Proba delo é a enquisa levada a cabo pola Asociación Jóvenes Empresarios, na que se recolle un 80 por cen de opinións en contra da peatonalización “polo caos de tráfego que supón e pola perda de siareiros externos, porque non hai aparcamentos”, pra que agora veña o da microasociación coa súa idea da supresión de prazas vitales pró funcionamento do mercado.
É bo que os cidadáns se opoñan a tanta improvisación, mesmo do deterioro do patrimonio urbán, que moita xente leva denunciado. As críticas non só foron prós do Bloque, senon pró PSOE e pró PP, polo seu total escapismo, por non ter amagado en máis dunha ocasión en evitación do caos e dolor que se está a configurar. “Pró pacto do cafetín sí están os políticos”. Ben apuntado. ¿Por qué ese acordo plenario pra se reparti-las viandas das vocalías na Autoridade Portuaria e máis na Caixanova, que o Bloque quixo asumir en exclusiva? ¿Cánto representa cada unha desas viandas, por decilo dalgún xeito? Levo oídas diversas críticas en relación co devandito, que éticamente parece non ter xustificación, porque de nada valen os políticos que non son capaces de defenderen a cidade, de poñérense dacordo nalgún que outro tema puntual pra así evitaren danos cecáis irreversibles. ¡Mais cando se trata de defende-las viandas desátase a cobiza indecente, desaparecen as diferencias ideolóxicas!.
Os tres partidos con representación no concello téñeno moi difícil arestora: O Bloque, porque morreu a ilusión que moitos puxeran nele; os outros, por teren demostrado –co famoso “pacto das viandas”-- que poden chegar a acordos nos que a cidadanía sinte vergonza allea, pero que serven pra demostraren que, si eles quixeran, o número de disparates urbanísticos acontecidos tería sido menor. É decir, que son tamén culpables.. Que medien na defensa do tráfego bidireccional na estrada de Vigo ou en C. Roffignac. E na apertura de Michelena, necesaria. En Cobián Roffignac parece demasiado evidente qué intereses están a defenderen co unidireccionalismo e tolerancia de aparcaxes en doble, porque alí non aparece a grúa, que tería no lugar unha posible fonte de financiación. Insistir en que o estudio do tráfego pódese facer de forma virtual, informáticamente, cun programa que integre o plano da cidade. Un neno de 14 anos sería capaz de deseñar, con sentido común, o plan ideal, sen case gastos nen problemas. ¿Por qué non ese estudio virtual?.¿Pra qué tanta sinrazón e gasto?

No hay comentarios:
Publicar un comentario