Pontevedra, 12.10.2007
O GALEGO, NA PEOR SITUACIÓN
A noticia de La Voz desta data 12.10.2007 non me sorprende. ¿Non se lembran de que non hai moito que a Unesco avisaba e que se lle daban á lingua galega uns trinta anos de vida?
Que Víctor Freixanes falara daquela de que, en todo caso, existía unha crisis de crecemento, por aquelo de que se estaban a editar máis cousas, que non literatura, e sometidos ademáis os autores ás normas do Diktatt ou ós correctores ortográficos, non quer decir nada.
O certo é que o idioma morre como consecuencia desas normas malparidas, de que pouco a pouco están a afogaren a fala popular; de que esqueceron que os idiomas son creaciós sociales e que as Academias non son necesarias, como demostran os ingleses, que carecen desa institución.
Eso é así. E recomendaríalle ós que queiran buscar información sobre o particular, a lectura dun libro de Alex Grijelmo titulado "El Genio del Idioma", editado por Taurus.
Que a nosa fala só siga sendo primeiro idioma nun segmento dun 20% da poboación en contra do 60,3% do ano 1992, sinala ben ás claras o fracaso da política asimilista dos creadores do galegués.
Non me sorprende o resultado do estudio sociolingüístico e coido ter algunhas recetas pra defende-la permanencia da fala popular, pra desparasitala de tanto artificio imposto:
1.Asumi-lo maxisterio do P. Sarmiento, que xa no século XVIII recomendaba construí-lo idioma a partir da fala, cando avisaba ó mesmo tempo da estupidez de querer conectar co portugués como paradigmático. Avisaba o frade ilustrado: "Collede o diccionario portugués de Bluteau, sacádelle as palabras non portuguesas, e veredes que queda un puro esquelete".
2. Asumi-lo maxisterio de Ánxel Fole, de Xesús Ferro Ruibal, de Moralejo ou de Alonso Montero. Aboli-las normas do 1983 e as últimas, as de concordia.
3. Considera-la posibilidade de suprimi-la Real Academia Galega, por non ter sido capaz de asumi-lo protagonismo na defensa do idioma, consentindo ademáis a súa infección con vocablos portugueses dacordo coa normativa do Diktatt.
4. Volver ó consello de Vicente Risco, ano 1910: Tratar científicamente o galego de Rosalía e o de Curros. Non se precisa outra cousa.
5. Non insistir na política de inmersión lingüística que está a xerare un complexo endodiglósico nese 20 por cen de cidadáns que aínda se manteñen fieles ó idioma lar.
6. Etc. etc. Eliminar ademáis o protagonismo bastardo da Mesa pola Normalización, da AS-PG, e outros grupúsculos que non fan senón intoxicar.
Ben está que ensinen o portugués como lingua diferenciada á par que próxima, pero nunca tentaren confundir ós estudiantes no sentido de que portugués e galego son unha mesma cousa na súa delirante idea de construi-lo estado de Portugaliza. Demencial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario