lunes, 8 de octubre de 2007

A MANIFESTACIÓN DOS COMERCIANTES [22.6.2002]

A Cobián Roffignac convertida ó monocarrilismo unidireccional, totalmente "mosquerada", urbanismo de miseria que avanza.
O día 20.10.2007 visitei a exposición que n´A Ferrería montaron Aempe, o Centro Comercial Urbán, a Xunta, o Concello, etc., baixo o lema de "¡O comercio móvese!". Paneles con esceas de certo dinamismo. Pero algo me chamou poderosamente a atención: os paralepípedos de cartón con vivas colores, como querendo xustifica-los mosquerós que cerran a cidade, darlle outra dimensión ou xustificación. ¿Complicidade? Claro, e presuntas subvenciós.
-
Pontevedra, 8.10.2007.
-
Hai poucos días, nunha cea con xóvenes empresarios, Froiz asegurou que a zona vella non era que estivese morta comecialmente, senón que practicamente non existía.
-
Neste traballo que sigue, do ano 2002, recóllese unha manifestación do citado empresario no sentido de que se deberían manter abertas Sagasta, Cobián Roffiñac, Michelena, o que non se fixo, daí a parálisis que actualmente afecta ó recinto histórico, que non se mantén a base de tapeo e de malabares ou pallasos contratados, que poden aportar aínda máis miseria da que o equipo de goberno tenta disimular.
-
A manifestación dos comerciantes [22.6.2002],
por Xesús López Fernández
-
Despois de tres anos de política peatonalizadora, de estaren a crea-las condicións obxectivas pra que o comercio tradicional resulte unha ruína, por fin os comerciantes deron unha resposta que puido ser aínda máis contundente: a manifestación, aínda que improvisada todo un éxito, que si a tivesen anunciado axeitadamente é seguro tería acodido moitísima máis xente que as tres mil persoas contabilizadas. Quero pensar que os que participaron na demostración son como a punta do iceberg, os representantes dun colectivo de cidadáns que se sinten coartados nas súas libertades e dereitos, cada vez máis incomunicados. Estase a desfacer un marco de convivencia urbá, unha zona residencial, o intercambio mercantil que nela se practicaba dende tempo inmemorial. Os políticos non viven o problema..

O lema de “El Bloque nos Bloquea”, que non foi profusamente espallado, aínda figura incluso nos escaparates dalgunhas tendas da zona vella –as primeiras víctimas da posta en marcha do “modelo” de cidade que o equipo de goberno di ter--, e que poden atopar un liderazgo no grupo promotor da manifestación, na que tamén participaron. Pero como ata o dagora mantivéranse maioritariamente calados, non sendo a Federación Boa Vila co tema dos ruídos ou asumindo a protesta cidadá pola desfeita da praza da Verdura –lembremos, 1.188 asinaturas--, pode pensa-lo equipo de goberno, cheo de soberbia, que están no certo co modelo de cidade que non saben definir. ¿Cidade chea de atrancos?. ¿É necesario cambia-los marcos de toda canta rúa existe? As obras son xuzgadas ás veces como auténticos disparates e terían como único obxecto o de consolidaren os seus abusos urbanísticos.
-
Pese ó manifestado polo concelleiro de Urbanismo, algo nerviosos han andar porque Taboada acaba de emprazalos a reconsideraren con urxencia o plan de tráfego e pactar un modelo común, “queixándose da improvisación das consultas interesadas ós veciños e de experimentos irreversibles”; porque o PP pode presentar unha moción de censura, posible dende que prosperou o pacto do Cafetín ou “pacto das viandas”; porque os comerciantes, conocedores da súa forza, están dispostos a volveren a se manifestar, coido que agora máis organizadamente...Pero sobre todo e como aviso especial está a adhesión de Froiz a José María Rodríguez, definindo como xustas as peticións dunha gran maioría do tecido comercial da cidade ó lle pedir a Aempe “que faga chegare á conciencia dos rexedores do concello os trastornos que está causando ó comercio e veciños desta cidade” o plan de tráfego en marcha.
--
Froiz aconsella habilita-la avenida de Vigo e as rúas de Sagasta, Cobián Roffiñac e Michelena como vías abertas que posibiliten a circulación, tanto de saída como de entrada na cidade, sendo o punto de partida e/ou meta do corredor metropolitán Pontevedra-Vigo. Eso non impide a peatonalización dentro dos seus xustos límites. Pero teñamos presente que mentres Mosquera optou por se fotografiar de novo con Filgueira e dirixentes de Cidade Vella pra forza-la peatonalización de V. García Escudero, rúas da Ponte e Real, é decir, ata o paroxismo de faceren ó mellor inútil a reconstrucción do mercado de abastos, que precisa de aparcaxes no entorno, tipo ORA. O problema dos gorrillas é unha disculpa tonta. ¿Qué propoñen, anula-las zonas de aparcaxe onde actúen os gorrillas? Conste que antes de poñerme a facer este traballo –madrugada do 22.6— achegueime á zona vella e puiden ver que a cousa vai a peor con novas fábricas de ruído --algunhas sen rotular, auténtico inferno--,en Sarmiento, Cousiño, San Julián, etc, a xogaren co descanso e saúde dos veciños que quedan. Ese é máis problema que o dos gorrillas e pra ambos hai solucións policíacas e políticas. Si se quer, claro. En canto á posibilidade de que prospere o centro comercial aberto do centro histórico, non hai outro remedio que abri-la cidade como apunta Froiz. Os comerciantes manifestados teñen a forza da razón.

No hay comentarios: