Resistían os muxos daquela nalgús espacios xa contaminados, facendo a súa depuración primaria. Fantasía informática do autor.
Pontevedra, 23.10.2007
Traballo procedente da miña base de datos, artículo publicado no Xornal Diario, de Pontevedra, o 8.01.1992, que fai memoria, antre outras cousas, dunhas xornadas secretas celebradas en Vigo en Xaneiro do 1989, con vistas ó posible enclave dunha papeleira en Pontevedra.
O que ten máis valor do artículo é que nel se constataba un informe trascendido gracias ó labor de dous periodistas, como se indica no parágrafo terceiro, de suma gravedade. Curiosamente, eso casa coa información que tamén temos de que os franceses estaban máis advertidos que os españoles do peligro que prá saúde representaba o consumo de mexilós da ría de Pontevedra. Volveremos nalgunha ocasión sobre o particular, porque o curioso é que estas cousas ditas no 1992 pódense seguir decindo, e que ninguén investiga sobre o perfil presuntamente penal de certas actuaciós.. Sigue o traballo:
.HE xornal diario/ cartas ecolóxicas (6) 8.01.1992] A CHAMADA DA SINRAZON
O comité de empresa de Celulosas está dando os últimos retoques prá manifestación do próximo día 17, na que pensan pedir prá nosa ría unha fábrica de papel. A mesma serviría, evidentemente, pra consolida-la permanencia en Lourizán da fábrica de pasta e daría emprego, fundamentalmente, ós traballadores de Celulosas que, en próximas fases do proceso reconvertidor da factoría, van quedar sen traballo.
A tal data do 17 tróuxome á memoria outra non lonxá: o 27 de Xaneiro do 1989, hai agora tres anos. Ese día concluían en Vigo as xornadas secretas que, coa presencia incluso de delegados dos convenios de Oslo e París, serviran de reflexión sobre da degradación medioambiental do litoral atlántico. Non afloróu outra información que a facilitada por dous xornalistas e que, dende a prepotencia da burocracia oficial, tentouse negar.
Sen embargo, algo sí quedaba claro: a) A definición como puntos negros do litoral español das rías de Bilbao, Huelva e Pontevedra; b) Que o Instituto Español de Oceanografía era o encargado de examina-lo estado das augas españolas; c) Que os informes barallados non se farían públicos e serían remitidos ós respectivos gobernos dos países representados nas xornadas.
Eso conectaba co extraño feito de que os compradores extranxeiros de productos da nosa ría tiveran unha información puntual sobre o deterioro aquí sofrido, incluso do peligro prá saúde humá que o consumo do noso marisco conlevaba xa nos anos setenta, información que aquí aínda se está negar, coa colaboración cómplice de xentes das distintas administraciós
Foi nese ano 1989 cando escomezóu a campaña dos famosos mil días de Celulosas, que están a culminar xa. ¿Non vós lembrades do famoso día CE, o 9.o2.92 ? Sí, o mes que ven vence o prazo. E, tristemente, parece que o esforzo da empresa non pasou dun comecartos publicitario. Catro mil millós de pesetas anunciaron daquela que ían gastar no cambio de imaxe. E conseguiron convencer a moita xente. E terán mellorado, de certo que sí, o "cash-flow" dalgunhas empresas. Chegaron, incluso, a neutraliza-la independencia dalgús medios de comunicación. Etc. etc.
O comité de empresa anda agora, en certo sentido, a pasa-la factura do devandito gasto pra ver de conseguir que aquí todo siga igual, ou peor, que o 27 de Xaneiro do 1989. O plan dos mil días, está claro, era un conto. E Pontevedra (a loxia dos fundamentalistas procelulósicos dixit) non merece outra cousa que unha papeleira, unha nova traición, posible conocendo ó persoal.

Asdo. Xesús López Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario