jueves, 11 de octubre de 2007

A REVISIÓN NECESARIA [31.7.2005]

A última árbore da Terra conserva sementes coa esperanza dunha reconquista. ¿Quedaranlle ó idioma esos recursos? ¿Quedaranlle ó medio ambiente galego? Porque non se nota que as cousas teñan mellorado. [Dibuxo informático do autor do artículo]

Pontevedra, 11.10.2007Inclúo hoxe un traballo do ano 2005, sobre "políticas" a revisar. Pode que incluso, no ritmo un tanto ácrata que levo a presenta-las cousas, algún que outro artículo entre duplicado no blog. Pero eso non é peligroso e sempre se pode remediar. O que pode non ter remedio son os malos pasos dados pola Administración, incluso pola Administración do cambio que non se ve. O outro día querían afoga-la xeografía da nosa memoria, a fala socialmente creada, incluíndo no DOG as normas ortográficas do Diktatt, que se están utilizando pra desalmar a este pobo, cuio idioma sofreu máis nestos últimos anos que ó longo de corenta de franquismo. Lembrarei aquí ós que siguen decindo que o idioma daquela estaba prohibido, que o titular deste blog colaborou ó longo de 92 programas de radio nun programa emitido en lingua galega, en Radio Pontevedra, nos anos 1966-1967. Xa lle dedicarei algunha crónica a este asunto, do que teño falado nalgún outro lugar.

A revisión necesaria [31.7.2005], 

por Xesús López Fernández

Xa temos goberno en Galicia, con xente nova a mandar. Polo cambio. Por ese cambio estámonos moitos a perguntar, pola posibilidade de que poñan en práctica unha política cabal e transparente, conforme ás promesas, pero, ¿están ben os organigramas? ¿Non habería que cambiar algo máis na organización dos distintos departamentos, por exemplo no de Pesca? Un, que en Política vai por libre, intúe que quedaron moitos problemas sen resolver: asuntos sobre disciplina urbanística litoral; o plan sectorial pra estragaren máis a nosa beiramar con piscifactorías, cousas que non comentei no traballo de hai un par de semás, no titulado “Novos Tempos”, no que apuntaba as miñas creencias de que Montes estaría mellor da man do BNG, coa cousa agraria, pero non o idioma, porque tamén está clara a actitude da agrupación de ir promovendo unha especie de “diglosia” afogante, de seguir coa súa deriva cara o portugués, contra o que non teño nada, pero sei que é unha lingua diferente, como tamén o sabía Castelao, que como crítica ós que pensan que o idioma se mellora meténdolle unha maior carga de diferencialismos brindou aquel dibuxo do “¡Qué ben fala portugués iste señor!”, porque o seu discurso estaba cargado de lusismos sen sentido. Que non se diga dos políticos. 


Pero volvendo ó tema da Pesca, ¿non sería bo que todas esas cousas da disciplina urbanística na defensa da franxa litoral, quedaran integradas na tarea a asumir pola consellería de Medio Ambiente?. Dese xeito sempre sería posible unha maior coordinación co labor a desenvolver por Costas do Estado que, no tocante a certas cousas sabidas e denunciadas, permanece como autista dende a asunción de Cristina Narbona á dirección do ministerio, como tampouco se apreciou cambio no que respecta ás actuaciós levadas a cabo pola delegación provincial da Demarcación de Costas do Estado en Pontevedra. A transparencia anunciada por Touriño vai requerir un maior grado de información e que se nos diga por qué non se estaba a actuar en certas frontes, porque os aires de cambio por el anunciados terán de concretarse, e proximamente, en soluciós hai tempo agardadas. Se non é así sonarían as alarmas, porque esta sociedade vai cansa de agardar, testigo de cómo a Terra está, neste intre, arrasada; conocedora de moitas das causas. 

Confiemos en que os conselleiros nomeados, nos que se destaca a condición de técnicos da maioría, van posibilitar unha nova forma de facer política galega e galeguista. Eso é fundamental. Se non se acada ese obxetivo un botaría de menos a existencia dun verdadeiro Partido Galeguista que asumira o traballo dos ancestros, o espírito da obra que vai de Vicente Risco a Ramón Piñeiro no canto de solagarse no Medievo á procura do Ur-Sprache que tentaban descobri-los lingüistas alemáns como lingua única universal anterior ó desastre de Babel, esquecéndonos que o tal desastre (esa é a etimoloxía como sinala Steiner) significou unha chuvia de estrelas sobre a humanidade, dez mil linguas que viven ou malviven, e nas que contamos o galego decote desnaturalizado e do que somos en certo sentido fillos, porque o home ten capacidade de pensar e falar na medida na que foi penetrado polo idioma, por esta nosa fala popular, rural, porque o ser de Galicia é fundamentalmente rural. Ou érao antes de chega-la desertización prá que non sei se pode existir algún posible freo. I ésa sería tarea principal deste goberno que nace.

Este aire fresco que arelamos sería posible a pouco de tomar como punto de partida o estudio da paisaxe, das aldeas, das parroquias que Vicente Risco, en “Teoría do nacionalismo galego”, define como a nosa colectividade natural, núcleo pequeno ó que a Igrexa non fixo senón darlle nome. Eran os pequenos clans dos nosos avós, que como entidades de poboación non foron reconocidas polo Estado, que impuxo o municipio que non se acomoda á vida rural. A obra de Risco sobre nacionalismo é densa, e abrangue outros libros, “Nacionalismo galego”, “El problema político de Galicia” e “Historia de Galicia”, por cita-las publicadas no tomo 4 das súas obras completas (Ed. Galaxia). Aínda que pasou moito tempo dende a edición prima da citada (“Teoría do nacionalismo galego”), cecáis teña aínda valor a defensa que fai do ser democrático das nosas xentes. “A sociedade galega é esencialmente democrática. Da organización feudal que sería na Edade Media, leva camiño de se converter en democracia agraria..”, decía Risco. Non foi así, certamente, pero sí ten vixencia o que dí ó falar do “sentimento galego” que concreta: “Mais pra min, o sentimento radical da nosa afectividade é a adoración á Terra. ¡Terra nosa!, é o noso berro”, que deixo aquí como filosofía posible pra un goberno que promete transparencia democrática no cambio. Aire fresco.

No hay comentarios: