O meu artículo desta data, "Atentos, anuncian rehabilitación", case conecta co titulado "¿Calidade de vida?" que agora inserimos no blog. Téñase presenta que no 2002 faciamos crónica das maniobras do Bloque pra captaren vontades conformes coa súa traición peatonalizadora, daquela denunciada por Roberto Taboada. Certo que anos despois embestirían de novo contra Daniel la Sota e Castelao, coa clara intención de se carga-lo Hotel Rías Bajas.
O equipo do PSOE, se realmente vai levar Urbanismo, tería ocasión de ir, pouco a pouco, recuperando espacios, restablecendo a circulación polo menos de ambulancias, que hoxe non poden entrare en certos espacios da zona vella. As mal chamadas terrazas poden significar un retraso, unha morte. Sei dun caso real que, se por min fose, teríase concretado nunha denuncia penal.
A fotografía mostra que tamén era mentira a promesa peatonalizadora. Nela evidénciase a práctica imposibilidade pra que poida pasa-lo coche dun desvalido. Podería traer aquí testimonios máis patéticos. Pero podemos convir en que o que aparece na foto non é unha terraza e que emana miseria. Téñase presente que aínda non era hora punta. [Foto do autor]
¿Calidade de vida? [28.6.2002], por Xesús López Fernández
O sábado 22 presentouse ós medios unha plataforma cidadá, “Iniciativa pola Calidade de Vida”, constituída por xente próxima ó Bloque e que semella non ter outra fin [pensemos na ría e aire contaminados] que a de defende-la peatonalización que nos están a impoñeren alén de criterios racionalmente consensuados cos seus socios. E parecen identificar calidade de vida exclusivamente con peatonalización, conceptos que non teñen que ir, necesariamente, collidos da man, sobre todo cando algunhas das actuaciós urbanísticas foron contestadas dende a oposición e mái-la cidadanía. As fotografías do acto de presentación mostraban ó novo grupo na praza de Curros Enríquez, sentados ante dúas ou tres mesas da terraza que alí campa, ante o Mercantil. Mobiliario borde que o concesionario recolle apiado contra a fachada do local da sociedade, atado a unha baixante, exemplo de “calidade de vida”. ¿Por qué non escolleron a terraza do Blanco y Negro pra unha presentación máis elegante?
O grupo escomezou con pulo e o día 24 celebraba unha reunión asamblearia, diríase que con consignas precisas contra a toma de posición do comercio de Sagasta, preocupado porque a cidade pode estar a morrere polos excesos peatonalizadores dos que avisa Roberto Taboada no seu artículo do día 28.6 [cando fago este traballo], neste mesmo diario. A colaboración é unha clara e longa exposición, primeira de varias entregas, e o representante socialista acusa ó Bloque de deslealtade en diversos casos, como o reformado de Daniel la Sota, Gta. de Compostela e Andrés Muruais e que, “ó modifica-los proiectos obrigaron ó concello a ir contra os seus propios actos, contra un acordo plenario, burlándose de procedementos legalmente establecidos, pasándose na aplicación da excepcionalidade como norma”. Como sexa, o colectivo “Iniciativa Cidadá pola Calidade de Vida”, está a recoller asinaturas contra a idea dunha Pontevedra aberta. ¿Saben eles da miseria da zona vella, da contaminación acústica que sofrimos?
O portavoz do grupo ten moitas respostas e así define ós comerciantes que se manifestaron “como nemigos do modelo de cidade peatonal” ou que seguen “coa estratexia política do pasado”. Ou tamén cando ousa decir que se “o comercio da zona vella non vende é por culpa do euro”... ¡Pódelle bota-la culpa a George Bush!. Os comeciantes da zona vella saben que a culpa non é da moeda senon dos atrancos cos que se atopan os seus siareiros de sempre, que perderon o camiño. E teño oído a varios que se non participaron na manifestación dos de Sagasta foi porque cando se decretou o “aillamento” e perda de servicios da zona vella, os de Aempe non tiveron ollo pró problema socioeconómico que o centro histórico [privado dunha asociación viva] estaba a sofrir, insuperable dende o cerre do Mercado: a ruína. ¡Que nadie lle conte mentiras, porque moita da xente que leva recados da zona vella non vive nela!
Estase confundindo o debate e dividindo ás xentes. Porque nadie está en contra da peatonalización sempre que se faga con sentidiño. ¡Mais todo semella que estamos a vivir un proceso salvaxe no que certos servicios [bombeiros, ambulancias] poden resultar imposibles!. Pontevedra, que foi de sempre unha cidade comercial e de servicios, está esmorecendo día a día. Algús están ledos ó veren as nosas vellas prazas convertidas en patios, despersoalizadas coa presencia de algo que chaman terrazas, que se traduce en máis e máis suciedade e que estorbaban hai un momento o paso do coche da vasura. E busco na miña memoria o antes da praza da Verdura, coa calidade de vida que representaban as catalpas e mai-los bancos, todo un regalo pra descansar ou leer. Asesinada aquela elegancia, na nova praza [enfesta será mellor decir], están xa desfeitas moitas das lousas [causa cotiá de accidentes] méntre-los rexistros de Don Gonzalo e Sarmiento están cobertos con madeira porque non hai deseño fixo de tapas, esgazadas moitas en Curros Enríquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario