Recreación do xogo das nove ondas no mar d´A Lanzada. O mar ten que mante-lo seu enredo indefinidamente, como pauta de rexeneración, exempro de permanencia, de sustentabilidade. Dibuxo do autor.
Pontevedra, 23.10.2007
Traio do 1992 este traballo, "¿A esperanza de Río?", [publicado no desaparecido Xornal Diario, colaboración 25 das miñas cartas ecolóxicas no histórico xornal] porque naquel ano dou comezo o achegamento da sociedade ós problemas do cambio climático, coa celebración do Cumio Medioambiental de Rio Xaneiro.
Cando en Pontevedra comezamos a estudia-los posibles cambios ou, mellor aínda, as pautas conservacionistas que deben primar no próximo PXOM, sería bo ter en conta os consellos dos indios brasileiros, que sí parecen ter claro de qué vai o cambio climático e o papel negativo que moitos homes xogamos no drama que a Terra está a vivir..
Os indios da Amazonía son depósito vivo dunha serie de leendas sobre da creación do mundo. Diríase que a súa cultura soupo mante-la mensaxe divina máis viva que os Xénesis doutras culturas e que as palabras oídas polos antigos máis antigos, as palabras ditas polo Gran Deus, foron ditas pra os homes deste tempo, encorsetados no sempiterno debate das cuestiós macroeconómicas que lles permitan seguir burlando e satanizando o mandato divino.
E dixo o Gran Deus: "Non saquedes da terra máis do que ela queira ou poida dar".É decir, no depósito cultural dos indios que tomaron posesión do país dos mil ríos, está xa a instrucción clara do desenvolvemento sostido. E non son eles os que están a matar aquel paraíso, porque teñen aprendida a lección da desfeita dun paraíso anterior. Pero xentes chegadas de lonxe, empresas extranxeiras e opropio goberno do Brasil (os mandatarios dos deuses da cobiza e do exterminio) están a poñer fín a todo aquelo.
Dísenos agora, incluso, que a Amazonía xa non é o pulmón do mundo, que ese era un concepto erróneo. E que o goberno e mái-las empresas que están a arrasaren aquel templo teñen, polo tanto, patente de corso pra seguiren a: deforestar, arrasar, asolagar, queimar incluso ás poboacións indíxenas como xa se ten feito, polo menos queima-la súa morada ou somergullala se o que se decide é a construcción dun gran encoro.
Estáse a reventa-lo equilibrio fráxil daquela gran selva. Os proiectos dos anos setenta e oitenta do goberno brasileiro traducíronse en grandes fracasos. Tanto a deforestación promovida pra posibilitaren asentamentos gandeiros como agrícolas, porque máis alá das previsiós estaba o equilibro fráxil. E hoxe sábese que unha hectárea de bosco, convertida en pasto, apenas mantén unha res, estimándose o seu rendemento en vintedóus kilos de carne por ano, mentres que un castiñeiro, no Brasil, que precisa un asentamento de seis ou nove metros cadrados, produce trinta kilos por ano. I esas son cifras certas.
Poderíase facer un balance aterrador do desastre brasileiro, que tamén é o desastre do Ecuador e do Perú e Venezuela. Os fillos do Primeiro Pai souberon, saben conviviren coa natureza; mai-las xentes chegadas de lonxe non quixeron aprende-la súa lección. E valéronse da Amazonía cáseque como pira funeraria da Humanidade, porque esto parece que se acaba aínda que os explotadores se repitan que aquelo non é o pulmón do noso planeta.
Mentres tentan que creámo-la súa mentira están, sen embargo, a reconoceren que a destrucción da Amazonía ten que ver co cambio climático, do que é causa principal a polución industrial. Os gobernantes son sabedores do que acontece, do seu grado de culpa na gran agresión; pero a súa prepotencia vailles impedir converti-lo cumio de Río en outra cousa que nunha simple declaración de intenciós, xa redactada. A lección do Gran Deus non vai coeles.
Xesús López Fernández.

.he xornal diario - cartas ecolóxicas (25) 16.o5.92
¿A ESPERANZA DE RIO?

No hay comentarios:
Publicar un comentario