lunes, 8 de octubre de 2007

MEDIO AMBIENTE AVISA [8.10.2007]


Pontevedra, 8.10.2007.

Medio Ambiente terá que analiza-la situación da nosa ría, sobre a que existen novos peligros. Un deles podería se-lo PXOM que se comeza a estudiar e que considera que o "solar de Ence-Elnosa" podería se-lo sitio óptimo pra unha nova cidade deportiva. É decir, non se está a considera-la recuperación do espacio ó seu estado natural, cando Ponteveda tería aí a posibilidade de brindar un turismo de praia, sobre todo que os cidadáns recuperasen o areal, os praceres lacerados pola autovía e polas fábricas indebidamente situadas no lugar.
Din que Franco, cando foi da inauguración, dixo: "¿Pero a quién se le ocurrió hacer ésto aquí?": Un ministro comezaría a decir: "Excelencia....", pero Franco sigueu camiñando, pasou del. Máis tarde, sentado nunha silla, botaba a man á cabeza e seguía expresándose: "¡Dios mío, que han hecho!". Faltoulle decir: "¡Burros". E burros sigue habendo no panorama político actual.

As cousas non están hoxe mellor que co franquismo: a desecación das xunqueiras, a construcción da ponte da Puntada, a do Auditorio, a ponte dos Tirantes e outra serie de burradas máis que non tiveron en conta o impacto ambiental, como o tema do entubamento da zorollada en paralelo á ribeira [obra ilegal] ata a depuradora d´Os Praceres [ilegal], non poden servir pra canonizar a nengún goberno local dos que activamente viñeron a prantexa-la posible liquidación de Pontevedra como cidade do mar.

No se puede mostrar la imagen “http://www.campomar.info/21130.jpeg” porque contiene errores.
Hotel El Algarrobico, no Parque Natural do Cabo de Gata, sobre o que existe sentencia de derribo.

Medio Ambiente avisa [8.10.2007],
por Xesús López Fernández
-O Ministerio de Medio Ambiente ven de presentar no Consello de Ministros un informe que sirva de base prá elaboración dunha xestión distinta da franxa costeira e a apertura do imprescindible debate. E así, O Ministerio dí asumi-lo compromiso de impulsar unha xestión sustentable, integrada e concertada do litoral, cos seguintes obxetivos prioritarios: A protección e conservación da integridade dos sistemas costeiros e mariños; a garantía do acceso e do uso público á costa pra usos comúns dacordo coa súa natureza; a recuperación e transformación do borde marítimo nos tramos urbanizados e degradados. Algo deso sabemos aquí, en moitos lugares de Galicia. Pero parece que, en principio, a mensaxe está máis dirixida ó Levante español, onde Narbona quere rescata-las concesiós de uso en 1000 km de costa, aplicando incluso expropiaciós e derribos pra garantiza-lo uso público do litoral, que na nosa terra non son, de momento, evidentes, nen vemos que a Xunta se mostre decidida a cura-las abundantes feridas e cicatrices da nosa beiramar.

O plan ha tardar anos en se aplicar, o que significa que, de momento, non son máis que palabras, dada a cantidade de Administraciós implicadas na materia. E nel afírmase que rexenera-las praias do Mediterráneo suporía unha inversión de 5000 millós de euros, ó tempo que avisan de que xa a Lei de Costas do 1988 definía como de uso público todo o litoral, pero 20 anos despois da súa promulgación e porque diversas Administraciós fixeron ignorancia ou unha probe aplicación do texto, como afirmou Cristina Narbona, o estado da costa ten empeorado. E o diagnóstico parece contundente: o 51% das praias do Mediterráneo requiren de rexeneración artificial pra remedia-la perda de area pola excesiva urbanización; o 70% das dunas están en regresión; o 40% do litoral, urbanizado, e o 57% das praias están rodeadas de cemento, según informa El País.

Estudiadas de momento as praias do Mediterráneo, Canarias e Huelva, conclúe que “o modelo de uso e xestión da costa que temos levado a cabo non é sostible”. Pero Medio Ambiente non é transparente na medida na que se negou a publica-lo informe íntegro. Sí comentaron que, nunha segunda fase, vanse ocupar do litoral cantábrico. E tamén que se o urbanismo salvaxe a costa de espacios húmedos e verdes trouxo en principio riqueza, a propia desaparición desos espacios pon en peligro a subsistencia do modelo de desenvolvemento creado. E deso sabemos en Pontevedra, onde a desecación das xunqueiras do fondo intermareal foi deixando ó río-ría sen canal central, como tamén a indebida ocupación das marismas de Lourizán ou os recheos en curso no porto de Marín-Pontevedra, acabaron por converti-la que era porto de mar en cidade de secano. O esforzo que haberá que facer aquí pode ser xigantesco ademáis de urxente, se verdadeiramente hai vontade política de conseguir que a ría volva ser ría e non un espacio lacerado por certas infraestructuras e usos indebidos do medio natural, que arrasaron un espacio vital na arrancada da cidade.

A noticia apareceu en diversos medios. E si Diariocrítico.com informa que o diagnóstico foi realizado con gran detalle e que pra poñer en marcha as actuaciós necesarias tendentes á recuperación física e natural dos ecosistemas costeiros, así como a adquisición dos terreos que, polas súas características, poidan ser incluídos no dominio público marítimo terrestre, deberán intervir e colaborare tóda-las Administraciós e sectores implicados, cunha primeira fase de debate público pra abordaren a problemática e retos do litoral no seu conxunto, Finanzas.com, á hora de analiza-la situación do litoral, sinala que “según o diagnóstico do Ministerio de Medio Ambiente, a presión de usos e a ocupación xeneralizda da franxa litoral dende varias décadas marcou o seu deterioro e o declive de certos modelos de uso á par que a degradación da natureza”. Confiemos na restauración posible da beiramar.

No hay comentarios: