Nada ten que ver este fondo mariño maxinado, rico en peixes, que puido ser nalgún tempo o da ría de Pontevedra, hoxe lodoso en gran parte, rico en mercurio da contaminación, e do que non-os queren contar. Dibuxo informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 18.10.2007 Traballo xa de certo tempo que se podería reiterar neste momento, porque a situación da ría de Pontevera non cambiou. Dende a poltrona da política dispóñense medidas de falso saneamento, engáñase á UE pra invertire os seus fondos de cohesión nunha obra ilegal xa denunciada ante a Xusticia. Agora que comezan cos traballos previos do PXOM, non está claro qué van facer, pero sí entendemos o dita outras veces: a existencia de presunta trama de fondo pra converti-lo solar de Lourizán en solar.
¿COLONIZADOS? [27.10.2001]
por Xesús López Fernández
-
A organización ecoloxista Greenpeace acaba de comparecer en Estribela. ¿Motivo? A denuncia do tráfego de madeiras nobres, a deforestación da Amazonia, á que España está contribuíndo. Unha partida de madeira trouxo aquí ós ecoloxistas, que conocen ben a nosa ría dende hai uns dez anos. Chegaran daquela como exército de salvación pra denunciaren a contaminación do complexo de Lourizán. Entón eran o cloro e os organoclorados, o proceso de degradación medioambiental que aquí estabamos a sofrir e que hoxe, por desgracia, seguimos a padecer en virtude do colonialismo interior participado polos partidos políticos. Agora trae ós de Greenpeace a súa campaña na defensa dos Boscos do planeta, dos últimos boscos primarios que quedan. Din que a madeira que acaba de chegar procede da desfeita de boscos protexidos, que como se sabe está a chegar a portos europeos.As xentes do Greenpeace, de diversas nacionalidades, entraron no porto separadamente e achegáronse ó barco portador ó que sobiron por medio de escadas. En cousa de escasos minutos encheron sete enormes bonecos con forma de gorila, xaguar, oso, cervo, tigre, lobo e un elefante, que representan as sete grandes rexións do planeta. Tamén, sobre a madeira estibada, fixeron consta-la palabra “ilegal”, branco sobre “sangue”, porque esos boscos eran a “casa” dos pobos primitivos que ven así a súa existencia arrasada, como hai anos se ven denunciando especialmente polo Worldwatch Institute. Tamén Javier Moro ten un libro, “Sendeiros de Libertade”, todo un clásico, unha lectura obrigatoria pró que queira senti-lo drama dun mundo aburado ata ó exterminio, a gran novela de Chico Mendes e a súa loita pola defensa da selva.
-
Despois do Cumio de Rio Xaneiro algo se ten feito en orde á mentalización de que o bosco debe ser contemplado como un algo renovable que só se pode aproveitar de forma sostible, como se ven facendo xa nalgunha explotación forestal da propia Amazonia, onde está prevista a tala, o aserrío e a fabricación de mobles pra se beneficiaren eles mesmos do maior valor final. Non obstante, os violadores do mundo seguen atacando, alá como acá. En Greenpeace deben ter memoria de cando viñeron aquí, segredamente, pra levaren mostras do fondo da nosa ría que, analizadas, servirían pra confirmaren a existencia de “bifenilos policlorados”, algo que tamén denunciaría o profesor Bermejo, consecuencia presunta da contaminación clorocelulósica. Sería bo que a asociación retomase o estudio da nosa problemática: a fábrica de Lourizán, a súa incidencia na saúde dos cidadáns, os recheos desproporcionados, o asesinato do ecosistema polos violadores que aquí moran.

Necesitámo-la colaboración do citado grupo, con medios pra valoraren o saneamento da ría, no que moitos non creemos, como non creímos no anterior, aquel famoso do día D, o día CE, o 22.2.92. Antes das elecciós tentaron os partidos todos vendérno-la burra da inversión milmillonaria que non vai acabar coa situación de agresión medioambiental que estamos a vivir. Despois das elecciós a Xunta autorizou a Elnosa a verter, aínda baixo sospeita de delito ecolóxico. Lembremos que, en data recente, non autorizaron a conexión ó emisario dos efluentes do complexo de Lourizán, do que non se ten noticia de que rebaixaran a carga contaminante. E lembremos tamén a denuncia feita hai anos polo doutor Buenaventura Andreu, o primeiro en falar das rías baixas como un sistema de augas “case entrópicas”, de moi escasa renovación, moito antes de que se falase da nosa ría como un medio sensible. A ameaza segue en Lourizán. A ameaza crece ó tempo que o porto de Marín, cos recheos que alí continúan e que coido únicamente denunciaron, ata o dagora, as xentes da Plataforma dos Praceres, víctimas tamén da ocupación colonial. Non sei se inda é posible conseguir de Greenpeace a súa colaboración pra denunciaren ante o mundo que a nosa natureza inmediata permanece violada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario