martes, 9 de octubre de 2007

DE OCIO ALERNATIVO [21.9.2002]

Multicines. Dibuxo informático de Xesús López. O cine, eso sí podería ser un ocio alternativo prós garulos da movida.
Pontevedra, 9.10.2007

O problema do botellón permanece. E non lle queren dar unha solución definitiva, promover unha ordenanza. Non só non queren senón que dialogan cos rapaces e rapazas que se atopan a gusto no Campillo, acabando co descanso dos residentes. O artículo desta volta reproducido, do ano 2002, ía xa de botellón e de falta de autoridade.

De ocio alternativo [21.9.2002]
por Xesús López Fernández

Pode ser boa a promoción antre os adolescentes dalgún tipo de ocio alternativo ó botellón e a outros aspectos da movida que están a converte-la zona vella en lugar imposible pró descanso. Pero o que algús poden entender por ocio é denunciado por unha asociación de veciños, “Santa María” --unha agrupación viva--, que alertou sobre o acontecido no Campillo hai agora oito días, en relación con certa forma de facer “cátedra” naquel espacio, a saber: sobrecarga de decibelios –música bacallao reforzada con bongo— que se oía dende a praza das cinco rúas. Así mo contaron B. e G. que, cando regresaban á súa casa, se achegaron ó lugar. Un negro –ou “preto”, como diría Sarmiento, como usaron os nosos clásicos recentes-- estaba a impartir lecciós de percusión con bongo a un colectivo de quince rapaces. E sobre unhas chapas tamén se lles mostraba o xeito de faceren graffitti. Tempo da lección, 12 horas.

A xornada pedagóxica debería rematar ás doce da noite, pero continuou ata case as catro da madrugada. Total, que o ocio alternativo pode ser aínda un elemento dinamizador da movida se, en contra do denunciado pola asociación Santa María, se ten en conta o que ven de manifestar outra asociación, “Cidade Vella”, de actitude pouco crítica coas disposiciós do goberno local, moi distante da súa primeira andaina na que, presidida por Fernando Martínez Sarandeses, facía cruzada contra os ruídos, a cruzada dos “crespós negros”. Algús aínda deben pendurar en fachadas do casco vello. Campaña eficaz, chamaba a atención ós turistas que perguntaban o por qué daquela demostración. Pola peste, decíalles un amigo meu, ¿Cómo, i esa casa que ten sete crespós?, Porque aí morreron sete, aclaráballes o meu amigo. E a que parecía lider do grupo botaba a correr célere, ó tempo que animaba ó resto. Pero o meu amigo, sádico, avisaba en alta voz: ¡Señora, non corran, que lles dá tempo!.

¡Qué diferencia antre aquela asociación i esta outra dagora, sen apenas socios e con varios directivos que non son residentes no casco histórico!. Pois, apoiándose en que a iniciativa de promoveren outras formas de ocio ten apoio e subvención institucional, queren promocionar unha campaña de participación activa dos veciños da zona vella, así como solicitaren do Concello que se habilite un local social pró colectivo no edificio da mal chamada Casa da Luz, coa zona asoportalada cada vez máis degradada e na que incluso as avoas aínda novas ensinan a facer pis ós seus netos, animándoos despois de recollido o pipí a que lle mostren ós outros nenos ónde mexaron. É unha forma de preparalos pró futuro nunha situación de autismo total por parte dos que deberían vixiar. Igual que en Suiza, onde por unha práctica semellante, un matrimonio que axudara ó seu fillo a mexar contra unha roda do vehículo foi detido na estrada porque un veciño, que presenciara o feito, tomara nota da matrícula do coche e pasara a correspondente denuncia. Multa, 15.000 pesetas.

A nota de prensa de Cidade Vella inclúe unha fotografía na que se contan oito persoas soamente. Menos mal que hai outras asociaciós, Santa María, San Bartolomé, e a mesma Río Lérez, que hai poucas datas alertaba e convocaba ós representantes das comunidades de propietarios do barrio, porque se anuncia a apertura dun local especial na rúa Buenos Aires, “Búho Azul”, que presuntamente catalizaría alí “a resaca da noite da cidade e arredores, facendo do noso barrio un punto negro de conflictividade que vai en detrimento da calidade de vida e devalúa as propiedades”. Cecais a deriva cara aquela zona de parte da movida poida representar un menor nivel de ruídos na zona vella que, efectivamente, perde poboación contínuamente, permanecendo ocupados tan só o 42 por cen dos seus inmobles, porque moita xente tivo que se marchar na procura desa calidade de vida arelada, fuxindo da rotura cultural aquí producida. Tristemente, o éxodo continúa. E co bongo promovido como ocio alternativo o barrio pode quedar deshabitado.

No hay comentarios: