viernes, 5 de octubre de 2007

HORAS DECISIVAS NO NOSO URBANISMO [20.4.2002]

Unha das zonas amuralladas, "amosqueradas", da capital, unha forma de arruinala. Fotografía do autor. Rúa Padre Luís, na que xa non poden aparca-los residentes nen as ambulancias.

Pontevedra, 5.10.2007 Outro traballo recuperado, do 2002, no que se analizan os vellos problemas desta cidade, a actuación despótica do equipo de goberno. A cita de Ragnar Nurkse que se fai non é ociosa. E claro, se non hai vías de pentración, se o equipo de goberno está soñando nunha especie de "muro de Berlín" do que os mosquerós non son senón claros tics. O éxito de Carrefour, relacionado coa autopista, está claro. O cerre de cidade, fonte de ruínas. Sigue o traballo:

Horas decisivas no noso urbanismo [20.4.2002],
por Xesús López Fernández

O estado de obra continua que levamos a sofrir máis de tres anos parece se vai concretar en novas i esterilizantes actuacións, tra-las que se aduviña unha, cecais, fatal involución. A decisión que se tome en relación coa estrada de Vigo, o monocarrilismo levado ata o paroxismo, a cidade enchousada cara ó sur, pode supor unha impronta de irreversibilidade, tal vez de colapso final. Hai xente –agardo que pouca xente— que pode estar co que se está a facer, porque os que se manifestaron a prol do cerre da cidade, --que eso representaría deixar reducida a rúa da Peregrina a corredoira urbá-- non son unha maioría que se poida erixir, ademáis, en carceleira da cidade, porque a avenida de Vigo é asunto de todo-los cidadáns, que non queren, repito, carceleiros.. ¡Pero con qué arrogancia ousa deci-lo portavoz dese grupúsculo que o señor Taboada debe pasar páxina!. Que non-o faga, por favor.

Obviamente, este pode se-lo momento de montar unha manifestación de protesta cidadá, porque a situación é agora máis grave que cando o 5-J. PP e PSOE non poden deixar de reivindicaren a dobre dirección na citada arteria. ¿Pero ónde están as forzas vivas?. A protesta do comercio da zona, as protestas de AEMPE e de Autobuses de Pontevedra, son de libro, de sentido común, mais deben concretarse en acciós inmediatas. ¿É que teñen máis capacidade organizativa os feirantes pra defenderen os seus privilexios, como acaban de demostraren? Porque é certo que Pontevedra está perdendo pulo constantemente. ¿Cántos negocios non agonizan pola supresión decretada do acceso á zona?. ¿Preocupáronse o equipo de goberno e mái-la oposición de paliaren a fractura social que sí existe? ¡Se non houbo nen o decoro mínimo de suprimi-lo IAE ou de subvenciona-lo comercio que representou aquí, históricamente, un factor de cohesión social, de estabilidade!
A peatonalización salvaxe veu representar moitas barreiras arquitectónicas ó impedi-la accesibilidade dos compradores á zona. E cada vez é máis a xente do rural pontevedrés que pra mercare acode ás grandes superficies ou vai a Vigo, porque con Pontevedra non teñen comunicación, algo básico no desenvolvemento dos pobos. E coido é coherente citar aquí de novo unha obra clásica da Economía, “Problemas de formación de capital nos países de economía subdesenvolvida”, de Ragnar Nurkse. O autor afirma que as vías de comunicación poden abondar pró crecemento económico, industrial e comercial. ¡Aí temo-lo caso pontevedrés de Carrefour, que disfruta do apoio loxístico da autopista do Atlántico, coas complicidades que se saben ou supoñen! E, neste momento, o monocarrilismo de corredoira urbá do BNG, a súa supresión de prazas de aparcamento, beneficia tamén á dita empresa.

A eso chegamos mentres manteñen a agresión a tantos espacios. ¿Cal é o seu modelo de cidade? ¿Cidade pró tapeo? É curioso que Lores, en relación co mal momento do comercio da zona vella, fixera unhas declaracións de esperanza, que si a próxima inauguración do aparcamento do Mercado podería posibilitar unha certa recuperación daquel. ¿Pero verdadeiramente pensa o señor alcalde que duascentas prazas de pago compensan as que se levan cancelado? ¿Cómo poden casa-las contas se soamente na avenida do Chanchullo se van suprimir outras setenta? E case todo-los días existe a oportunidade de recoller algún novo testimonio de tendeiros que non venden. Estase a fracasar na revitalización da zona vella, máis alá da promoción de novas tabernas, que parece a únida actividade xustificada neste momento. Pero todo ten un límite e pode non haber paseantes pra tanta oferta, á parte de que son moitos os residentes que tentan marcharen da zona. Agradécense as declaracións de Lores, pero quedan cortas. O cerre da estrada de Vigo, en calquera das direccións, pode se-la estocada final pra unha zona deprimida que se expande, na que exercer de comerciante pode significar un fracaso seguro. Vivimos horas decisivas, críticas.

No hay comentarios: