Outro fondo maxinado, eclosión de vida nos fondos mariños, algo que sí foi a ría de Pontevedra que están acabando de matar. Falta a esquela. Fantasía informática do autor.
Pontevedra, 19.10.2007
Cando como é sabido Consultora Galega comeza os traballos previos ó PXOM, ocúrreseme traer ó blog este artículo do ano 2002, recén recollido o nacemento familiar. No traballo usánse símiles e fálase de "sustentabilidade" e de "modelo de cidade", o modelo que agora sí sabemos que o Bloque non tiña. Sospeito ademáis que o PXOM non vai cobri-las expectativas dunha rexeneración do capital natural e da dinámica social. Pra evitar que eso poida ser posible está o Bloque e o PSOE como socio autista, coa súa política involutiva no poder. Miren senón a prensa d´hoxe. Verán que agora falan de draga-lo canal central do río, traballo que antes facían as mareas, ata que, coa desecación das xunqueiras, lle puxeron cancelas ó mar. Así vai apodrecendo a cidade e o seu contorno.
Cando como é sabido Consultora Galega comeza os traballos previos ó PXOM, ocúrreseme traer ó blog este artículo do ano 2002, recén recollido o nacemento familiar. No traballo usánse símiles e fálase de "sustentabilidade" e de "modelo de cidade", o modelo que agora sí sabemos que o Bloque non tiña. Sospeito ademáis que o PXOM non vai cobri-las expectativas dunha rexeneración do capital natural e da dinámica social. Pra evitar que eso poida ser posible está o Bloque e o PSOE como socio autista, coa súa política involutiva no poder. Miren senón a prensa d´hoxe. Verán que agora falan de draga-lo canal central do río, traballo que antes facían as mareas, ata que, coa desecación das xunqueiras, lle puxeron cancelas ó mar. Así vai apodrecendo a cidade e o seu contorno.
¿QUÉ MODELO DE CIDADE? [2.02.2002]
por Xesús López Fernández
Quero comezar coa referencia a un “nacemento” familiar, tradición centenaria de figuras con memoria de varias xeneraciós de belenistas que cada novo advento traen vida á “aldea” de Belén. Casas con luz, xentes que fan diversos traballos –ferreiros, lavandeiras, castañeiras, aserradores, panadeiras...--, fontes de auga viva, muiños, un río ó que só lle faltan peixes pra semellar máis auténtico, que recircula permanentemente o seu caudal...Nunha superficie duns sete metros cadrados aparece a aldea laboriosa, as hortas traballadas, diversas vagoadas que agachan dúas ou tres covas nas que os pegoreiros están a se quentaren. Nun primeiro plano aparece o pendello coa sagrada familia, e alí están xa os homildes, os que aceptaron o misterio dende o primeiro momento. No alto dun monte se asenta o castelo de Herodes, tamén presente e que, se dispuxera duns alcances, podería incluso dexerga-la camiñata dos reis magos cara Oriente. Os belenistas recollen a súa obra nestas datas, clasificadas toda-las pezas. Importante conserva-lo musgo pró próximo ano.
Claro, un nacemento faise unha e outra vez. É algo puramente vocacional no que non hai maiores gastos que algunha que outra reparación ou reposición. Pero, ainda que rústico, a lección do desenvolvemento sostible está presente no “belén” comentado, no que son posibles proiectos reformados sen que interveña comisión de urbanismo algunha, nen delegación de patrimonio. Claro, a cousa non vai máis alá da configuración dunha maqueta que representa unha aldea ideal. Pero dese mundo a este outro que nos tocou vivir van alá uns dous mil anos. E as cousas son, nesta hora, moi distintas. O home evolucionou cara á concentración en urbes nas que os diversos problemas de asentamento e convivencia, de suministro e accesibilidade, de educación e lecer, de garantía ambiental, aparecen como un algo insoluble por primaren criterios antidemocráticos ou o diktatt de grupos especuladores.
O equipo do Bloque dí ter moi claro o seu modelo de cidade. ¿Cidade comercial, cidade de servicios, cidade industrial, cidade museo..?. Son moitas as perguntas posibles, porque mentres están a peatonalizaren en exceso, a oposición volveuse autista e o movemento veciñal pouco conta se non é cómplice. Algunhas prazas perderon o seu carácter e, cando permanecen as protestas polo feito na da Verdura, vanse carga-la de Méndez Núñez e tal vez a Ferrería. E tivo que intervir Rivas Fontán que falou de posibles infracciós urbanísticas no actuado en Daniel la Sota-Peregrina ou en San Xosé. Dixo incluso que non había oposiciòn. A partir daí tamén Taboada interveu sen convencer. O propio Pedrosa comentaría a posibilidade dun contencioso pola peatonalización, procedemento que remite ós que a padecen. Total, que moitos cidadáns, nesta hora, non se sinten políticamente representados.
Unha certa peatonalización podería ser unha conquista social, pero pasado un punto pode representa-la morte da economía vilega, mesmo ser causa da perda de habitantes privados de servicios e de calide de vida. O comercio da zona vella atópase nunha situación límite, coa esperanza na reinauguración do mercado, que está por ve-lo que vai pasar. Moitos negocios non resistiron o estado de sitio, outros están en fase de liquidación. Os paseantes son, normalmente, de fóra do barrio. E non se dan as circunstancias que posibiliten o aumento de residentes.Un arquitecto que conoce ben o P.X.O.U. de Pontevedra falou, nunhas declaraciós a Radio Pontevedra, da posible reversibilidade da actuación peatonalizadora. Parece que faltaron estudios de tráfego, que se gastou diñeiro tontamente, e que os efectos máis negativos se notan noutros lugares. Pero aquí non acontece como no “nacemento” descrito, onde todo queda perfectamente axustado como modelo de sociedade sostible. Catro nenos de corta edade quixeron ve-lo “belén” familiar. E perguntaron cómo o río tiña a auga sempre renovada e limpa, lección a aprender se queremos ter unha cidade saudable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario