Baixo o pantalán a vida sigue, non como cando se fan recheos deshonestos, na teima dalgús empresarios e Autoridades Portuarias de acabar co mar, de xerar solares prós seus amigos. Dibuxo informático de Xesús López.
Pontevedra, 9.10.2007
Outro traballo sobre o Cumio da Terra, de Johannesburgo, do ano 2002, celebrado dez anos despois do de Río Xaneiro. Como se ten analizado noutro traballo, o tal Cumio foi un fracaso. Cando pasaron alá seis anos, o tema do cambio climático é algo demostrado que pode mesmo acabar coa Terra, e con nós, se non actuamos con decisión e intelixencia. Sigue o traballo:
Johannesburgo, Cumio da Terra [17.8.2002] por Xesús López Fernández
Dez anos despois de Río Xaneiro o mundo disponse a estudiar de novo o estado do medio ambiente global. A esta nova cita, que terá lugar en Sudáfrica, denomínaselle “Río Máis Dez”. O mundo pergúntase ata qué punto foron efectíva-las tres convencións resultantes de Río. O que está claro é que o quecemento global segue e que tanto a Axenda 21 –plan de acción global dirixido a integrar ambiente e desenvolvemento na economía mundial do século XXI— como as convencións sobre Biodiversidade Biolóxica, Cambio Climático e a da Loita contra a Desertización, son instrumentos de difícil aplicación porque a perda xeneralizada de biodiversidade biolóxica continúa e o cambio climático faise evidente. Unha evaluación sobre a convención en contra da desertificación terá lugar en Xenebra no próximo outono.
A máis significativa das convencións é a do cambio climático, que sofreu un duro revés tra-lo anuncio da nova administración dos EE. UU. de que non vai ratificar nen participar na convención cuio protocolo operativo fora adoutado en Kyoto no 1997, “que é un instrumento internacional válido e non negociable”, según Asadi. Pero o presidente Bush dos EE.UU. –que representan o 4 por cen da poboación mundial e o 25% das emisións de gases de efecto invernadeiro do mundo— afirmaba en marzo pasado que se tivese que escoller defendería a economía antes que o medio ambiente. En definitiva, que inda que poidan moitos prometeren accións positivas en relación coa Natureza, a Terra está a sofrir demasiado e fálase xa de establecer un novo mapa climático, triste consolo cando todo é consecuencia da actividade do home e dos estados, da cobiza sen límites. Todo parece precipitarse: desertificación, os casquetes polares en regresión, grandes chuvias. No Cumio de Sudáfrica, según Koffi Annan, os líderes do mundo terán a oportunidade de tomar en serio o seu papel na protección do medio ambiente, pero o desafío inmediato é o Protocolo de Kyoto.
Con motivo da chuvia caída en Centroeuropa é sabido de todos que diversos ríos inundaron barrios enteiros en cidades como Praga ou Bratislava. A prensa mostraba unha foto de Vaclav Havel, con rostro de grave preocupación, cun asolagador Moldava como telón de fondo, nunha crecida que non se lembra. Nada que ver co idílico Moldau/Vltava que describe Smetana nun poema sinfónico do mesmo nome, parte do seu ciclo Ma Vlast –Mein Vaterland, A miña Terra--. Música nacionalista. O autor concibeu esa representación musical do río principal que corre a través das campiñas de Bohemia. As frautas comezan un paso melódico, que se acompaña seguidamente polos clarinetes. Parece o río aínda neno, na súa primeira fase, fácil de maxinar pola sucesiva intervención dos instrumentos –arpa, violíns-- cómo se fai adulto ata que se perde no Danubio, lonxe das horas tráxicas destos pasados días de cambio climático, parece que non alleo a certa nube asesina.
A nube, chamada “Neblina Café Asiática”, está causando graves danos á agricultura, modificando patróns de chuvia –incluso os do Gran Monzón--, e poñendo en situación límite a centos de miles de persoas; está a compromete-lo propio desenvolvemento económico espectacular dos últimos dez anos naquel continente. Os máis pesimistas falan de que eses impactos poidan aínda consolidárense ó longo dos próximos 30 anos, algo que parece excesivamente frívolo cando, según James Lovelock –o pai da teoría de Gaia, a Natureza--, aínda que agora se detivese a emisión dos gases de efecto invernadeiro, o quecemento global é algo que está en marcha pra polo menos 50 anos. Non cree o home que no mundo dos ambientalistas haxa conciencia plena dos peligros que estamos a correr. Johannesburgo pode marcar unha hora de decisións certas ou esto pode non ter volta. Pero Lovelock matiza que os políticos o teñen moi difícil e que, como se conduciran un coche que vai montaña abaixo, todo o que poden facer é saca-lo pe do acelerador. ¿Qué futuro nos agarda?

No hay comentarios:
Publicar un comentario