"O edén, sobre música de Sarah Brighton" é unha realización informática do autor, tan pouco significativa como puido ser, no seu día, o discurso de Felipe González que se comenta.
Pontevedra, 12.10.2007
Este traballo hoxe recuperado é un artículo menor, da serie de pequenas crónicas de opinión publicadas baixo seudónimo no desaparecido Xornal Diario, de Pontevedra, no no 1992. Non fago comentario sobre o mesmo porque parece que Maastricht, ou Mastrique, queda xa lonxe. De certo que baixo da alfombra teranse metido non poucas cousas, mesmo presuntas corrupciós de alto nivel.
xornal diario -seudónimos (x.l.35.125.237) (36) 3.o7.92 _
O FORNO DE MAASTRICHT
por Pedro Somoza
O referendo irlandés terá representado un certo respiro prós gobernantes comunitarios reunidos en Lisboa, xuntanza da que por outra banda temos distintas versiós, unha delas a contada por Felipe no Congreso. Parece que as cousas, en canto ó fondo de cohesión, non se pintan boas pra España.
A intervención de Felipe, coa súa evidente facilidade de palabra, puido deixar convencido a parte do persoal; pero é moita a xente que se pergunta de qué falóu realmente, se as cousas están agora máis claras que antes do seu discurso no que non acertan a ver outra cousa que palabras moitas veces desprovistas de significado.
Maastricht segue a ser un misterio e os nosos gobernantes están dispostos a mante-la ditosa converxencia de non sabemos qué intereses, inventando cada día novos contos sobre a mesma. E falan da evidente sintonía da sociedade coas instituciós, algo no que múltiples enquisas servirían pra demostraren xusto o contrario e que esa sociedade quer entrar no tema de Maastricht e votalo en referendo, porque esta democracia vaise facendo adulta, por medio de pequenos espasmos, e non se sinte representada polos políticos que a manteñen agrilloada, detida que diría Umbral.
Felipe reconoce o difícil momento económico; a sociedade non precisa de discursos pra levantare acta da implosión que día a día se está a producir e de cómo algunhas actuaciós dos nosos gobernantes son as causantes de que aquí haxa cada vez menos traballo, menos emprego, máis políticos e narcotraficantes. Acabaron coa riqueza do país e manteñen o poder en base á ignorancia das xentes e a miseria social.
E Maastricht non parece pra eles outra cousa que unha gran alfombra baixo a que meter a súa impudicia, o triunfo da desinformación a unha sociedade descontenta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario