Camiño de Santiago polo mar d´Arousa, cando as cinco rías baixas conservaban a impronta da man de Deus, obra que o home teima hoxe en desfacer, en destroir, como fai coa fala que ten unha débeda impagable coas xentes chegadas polo camiño, polos camiños de Santiago. "Hai un camiño antre peixes i estrelas", dibuxo informático do autor.
Pontevedra, 21.10.2007
Seguimos recuperando traballos de hai anos, este dagora do ano 2004, outravolta crítico co abandono do idioma, co intento de inmersión lingüística que Ramón Baltar compara con algo así como "o tren da lingua" empotrado na fronteira portuguesa. O mal da nosa caída mortal non está tanto na non transmisión xeneracional do idioma como no feito de que se está a prohibire esa transmisión.

Novas da fala [20.2.2004],
por Xesús López Fernández
Días atrás dábase a noticia de que a Xunta afirmaba que o problema do galego era o da non transmisión familiar. Esa, certamente, pode ser unha das claves, pero hai outros aspectos a contemplar, fundamentalmente o da crecente globalización e a conseguinte comunicación con xentes doutras culturas. E nesa dinámica un tende a ser cada vez menos monolingüe porque conservar unha lingua minoritaria como a nosa require un esforzo grande ademais dunha política lingüística máis intelixente. Non abonda con que a Academia lle dea un forte impulso a unhas normas que a moitos nos presentan un idioma galego cada vez máis distante. Sí, moito valora-lo 21.2 como o Día Internacional da Lingua Materna, organizar tamén “trens da lingua”, viaxes lúdicas pra que os nenos convivan e conozan Galicia a través das súas fiestras, de forma activa e visual, convivencia i explicaciós en galego pra acadar deles unha actitude máis receptiva. Pero coas novas normas corrémo-lo peligro denunciado por Ramón Baltar, que as comparaba con un tren empotrado na fronteira portuguesa. Por aí van os tiros, a especie de inmersión nunha fala semellante que algús están a propoñer.

O número 160 da Revista Grial [o 4º da nova xeira] afonda no estudio do desafío da diversidade lingüística con traballos diversos. A problemática das linguas minoritarias está estudiada, dende distintos enfoques, nunha serie de traballos de diversos autores: “A batalla das linguas no mundo actual. Multilingüismo e antiglobalización”, de Teresa Moore, “Estandardización e cultivo das linguas. Posibilidades, límites e xustificación”, de Renata Bartsch, “A política lingüística da Unión Europea”, de Miquel Strubell i Trueta, e “Actitudes lingüísticas en Galicia”, de varios autores. O apartado remata cunha “Conversa con Miquel Siguan. Contacto de linguas: conflicto ou convivencia?”, de Pere Comelles e Sabela Labraña. Calquera dos traballos citados merecería un comentario longo que non cabe nesta colaboración. De sempre fun crítico co abandono da fala popular e podo reiterar aquí as miñas dúbidas de que a Academia Galega acertara desta volta. Coido que non, que o que fixo foi arredarse novamente da fala defendida por tantos dos nosos autores.
Decir que a mocedade sabe falar, leer i escribir en galego; que mesmo presenta unha predisposición moi positiva cara a lingua, pero non a usa, é como decirnos que esa mocedade non fai seu o idioma galego, que non conduce o seu pensamento na fala propia da nosa sociedade; ou afirmar que na mocedade galega aínda imperan prexuicios e actitudes negativas cara ós galegofalantes e ó proceso de normalización pode tamén significar que ese proceso lles resulta extraño porque o están a promoveren dende un léxico novo, dende palabras que non están en uso nos grupos que aínda conservan o galego como lingua de comunicación. Poden as autoridades pensar que o están a facer moi ben, pero hai unha proba do algodón que non falla: a de cruza-la fronteira con Portugal. E teño apreciado moitas veces que os portugueses prefiren contestar en castelán ós galegofalantes. Pola contra, cando un fai o esforzo de se meter na súa lingua [na súa, repito], tendo en conta as variantes isoglósicas que existen, conséguese outro nivel de entendemento; que mesmo poden perguntarlle ó visitante si é portugués. Esa é unha riqueza á que non debemos renunciar, a posibilidade de contabilizar dous idiomas próximos [ainda que distintos] no noso haber cultural.
Pero no mundo globalizado, as linguas minoritarias están en regresión. Na conversa con Miquel Siguan que publica Grial hai respostas esclarecedoras: como que ninguén quere o monolingüismo e que todos defendémo-la diversidade; que certas linguas se están a converteren en linguas de comunicación, aspecto éste no que o francés perde terreo a favor do inglés, xa case hexemónico en Europa. E á pergunta de cómo evitar que a ampliación da Unión Europea afecte á supervivencia das linguas, o home insiste no proceso da globalización e na linguaxe da técnica, o inglés, a fala das computadoras ou dos controladores aéreos, ou que no caso de España ten máis valor o feito de que no mundo hai catrocentos millóns de falantes de español que a política centralista de Madrid. Unha das posibilidades que apunta o profesor é a de que nunha sociedade multilingüe nos entendamos aínda falando cadaquén a súa fala propia, o que se chama “multilingüismo pasivo”. En definitiva, todo moi utópico, porque ainda contando coa defensa que fai a Constitución da nosa realidade lingüística, da defensa da pluralidade existente, os idiomas periféricos non están a ser valorados. O profesor pronúnciase tamén en contra da prevalencia das leis, e dí: a pervivencia da lingua depende de que os pais a transmitan ós fillos. Pero as normas, aquí, desautorizan a fala patrimonial. Ese é o problema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario