miércoles, 17 de octubre de 2007

OS OUTROS TURCOS [8.10.1999]

Rúa Isabel II, Pontevedra. Teresa Casal falou de reutilización da pedra e non caer novamente no gasto necio do talibanismo que todo arrasa. Pero as pedras foron antes furadas pra así non ter que "gastar" en reutilización. O talibanismo sigue. As obras da rúa P. Luís comezaron en setembro do 2006. A día d´hoxe, 17.10.2007, está momentáneamente detida a agresión, unha máis na escalada de arraso da cidade polos "novos turcos" instalados no goberno local. Foto do autor.

Pontevedra, 17.10.2007

Unha familia de étnia xitá quer mercar unha casa en Vilarchán. Os veciños están alarmados e queren evita-lo asentamento, telumbrando que se podería conformar alí un novo Vao, Meca á que se achegan drogadictos de toda Galicia. Pontevedra está degradada en parte pola presencia dos chamados no artículo "os outros turcos", bulsa na que podemos incluír tamén ó equipo de goberno local pola súa falta de sensibilidade en relación coa cousa medioambiental e urbanística, e por ter tamén arruinado o "capital social" en grandes sectores da poboación. Paréceme oportuno traer aquí o artículo que sigue, escrito no 1999.


OS OUTROS TURCOS [8.10.1999],

por Xesús López Fernández

A inmigración pode representar, nalgús casos, problemas certos cando se trate de individuos marcados por un patrón cultural que poida condiciona-la súa integración no país de acollida. É máis, poden incluso compromete-la estabilidade social de naciós enteiras. Neste sentido, países como Alemania ou Austria acusan, antre outras, a presencia de individuos turcos que, despois de tres xeneraciós de permaneceren alí, seguen sen se integrar socialmente e poden, en certo sentido, representar unha ameaza; polo menos un lastre, como ben me decía un amigo, viaxeiro infatigable, admirador e bo conocedor de Austria. No pasado agosto recomendábame unha viaxe a aquel país, pero comentou tamén que a paisaxe decía agora máis sucia que hai anos, quezais como consecuencia da presencia turca. Falabamos da paisaxe como cultura.

A observación do amigo parece revelar que algo está cambiando naquel país e que os cidadáns, entendendo que non estaban defendidos, decidiron vota-lo 3 de outubro como segunda forza polo Partido Liberal, acusado de ultradereitista e xenófobo, que promete soluciós pra os problemas creados por ese tipo de inmigración. Que conta co apoio dos Verdes, sinal de que o problema creado é tamén ecolóxico como apuntaba o meu amigo. E a eso quérome referir, ó problema tamén do noso entorno, creado polos que podemos chamar os outros “turcos”, así, entrecomillado. E non me refiro tanto ós que levan séculos antre nós, vivindo coa suciedade, como ós que, dende o sistema, fan imposible que prospere unha política medioambiental decente.
Acaba de ser promulgado o informe GEO-2000, aterrador. O mundo se acaba se non se toman medidas urxentes. Estamos nunha fase de aniquilación celérica e hai que prestar atención urxente a temas como o das augas, o quecemento do planeta, o ozono, a perda de recursos, as bulsas de probeza que fan do desenvolvemento dos países algo insostible por máis tempo, o éxodo rural ás cidades –cada ano se incrementa en sesenta millós de habitantes a poboación urbá do planeta--. Total, que hai que cambiar de pautas de producción e de consumo. Pero xa. E fan unha serie de suxerencias pra un posible plan de movilización: información medioambiental, educación medioambiental como asignatura, importancia do estudio do impacto ambiental, máis oportunidades de participación nas políticas ambientalistas prás organizaciós de carácter non gubernamental, empresas máis pequenas, etc.
A ONG Greenpeace, unha vez máis, insiste en que se acaban as selvas virxes, como nos temas da biodiversidade e da sostibilidade dos boscos, como estos días se ten falado en Santiago: o bosco como factor social i ecolóxico; como elemento de riqueza paisaxística, sobre todo agora no outono, cando as axencias avisan: agora é o momento de achegarse a Maryland, comeza a sinfonía de color. Turismo e diñeiro. Maxinemos unha Galicia así, imposible se non se invirte o proceso reforestador no que prima o eucaliptu mediocrizador da nosa paisaxe á par que pasto de empresas contaminantes que usan a natureza como vertedeiro. E todo porque os directores da cousa medioambiental son moitas veces os “turcos” responsables que miran cara outra parte. Hai anos que se propuxeron acabar co patrón cultural da nosa paisaxe e conseguírono. A natureza, gran vertedeiro. Cousa dos “turcos”.

No hay comentarios: