lustración de galiza.indymedia.org
¡Claro que o monte precisa de tí, de todos, fundamentalamente de que os políticos fagan ben as cousas, lexislen sabiamente e cambien de modelo forestal e política rural, porque o monte non só son os eucaliptos! Pero é difícil, na tribu parlamentaria, atopar sabios pra esa lexislación sabia que se pide.
Pontevedra, 6.10.2007
O artículo do 2002 vai da cousa forestal, á que me teño referido non poucas veces. Pero neste traballo apúntanse datos, interpretaciós sobre o qué podía estar a pasar. Se Rajoy apuntaba a presunta existencia de "grupos incendiarias", Romay sinalaba a posible realidade das "organizaciós incendiarias" e, dun documento de Adena e sobre a base dun "polémico modelo de repoboación forestal", interpretaba que os incendiarios poderían té-la pretensión de influir sobre a cousa forestal. As tramas, algo ó que este articulista tense referido en moitas ocasiós.
¿Cambios na cousa forestal? [25.5.2002]
por Xesús López Fernández
Moita xente parece ter claro que se debe cambia-la política forestal, cara á biodiversidade. Limitaríanse dese xeito o número de incendios, a presencia do gonipterus, a perda de pastos. Poñeríase o monte máis en valor como tantas veces se ten comentado. E así, estas cuestións están a seren tratadas en diversos medios e foros. No propio Parlamento acaba de comparece-lo director xeral de Montes, a requerimento de Miguel Cortizo, representante do PSdeG, polo tema do gonipterus, o gurgullo do eucaliptu, en relación coa introducción dunha avespa australiá que se ven utilizando na guerra biolóxica que dende anos se está a manter cecáis cun excesivo triunfalismo porque o gonipterus resiste e pode mesmo mata-las árbores nas que se asenta. Quedou claro que non se evaluou o impacto da presencia da avespa, que según Cortizo podería incluso ser transmisora de enfermedades.
Pero o máis importante do dito e que podería revelar un cambio de filosofía no seu partido dende a época de Flick/Feldmühle --ano 1989, referente incendiario prá historia— foi a súa manifestación de que “quizáis sería interesante perder diñeiro durante algúns anos a cambio de elimina-los eucaliptos e todo-los seus problemas, sustituíndoos por outras especies máis rentables”. Dacordo. A súa afirmación de que “estamos ante un tema moi serio e hai que desperta-la reflexión”, a súa dúbida da viabilidade do sistema forestal galego, son compartidas por amplios sectores da sociedade galega, como xa o eran no 1989 con aquel proiecto de Lei Forestal de Iniciativa Popular, que o PSOE e os seus socios nacionalistas non fixeron posible. Levamos perdidos trece anos e agora no PSOE, polo menos Cortizo, apúntanse tamén á racionalidade que naquela volta defenderan os cidadáns. O PP –Vázquez Portomeñe dixit— estaría disposto a acepta-lo proiecto, pero só como borrador.
Pese ó cambio de goberno nas autonómicas do 1989, a cousa non cambiou moito, e o mundo rural continúa a ser víctima da agresión eucalipteira, hipotecados moitos dos seus montes cunha repoboación da que agora comezan a renegar non poucas asociacións, que son as que poden ter na man a solución, o cambio da reforestación promovida polas organizacións que entraron de novo no sistema, o retorno á biodiversidade e ós pastos, porque o eucaliptu, --xa polo goniptero e outros andacios, xa polo lume--, marcou a morte de non poucas aldeas, o feísmo paisaxístico; mesmo a fin do turismo de excelencia que algúns concellos tentan venderen. Inclúo agora o comentario dun chiste de Pinto & Chinto –La Voz, 24.5--, que na primeira viñeta persenta un incendio forestal e un bombeiro que non pode facer nada porque pola mangueira non sae auga, auga que, según se indica na segunda viñeta, desapareceu porque a están a chucha-los eucaliptus.
O protagonismo pirofítico do eucaliptu é sabido. Ignoro as conclusións de Romay Beccaría, o home que acabou co lume no 1990, que o 22.5.2002 ---La Voz-- publicou un traballo sobre as “organizacións incendiarias”, término usado por el como conselleiro. Relémbranos Romay que un fiscal do TSXG declararía que detrás do lume “hai bandas organizadas”... Reducción moi simplista do dito por Romay, que nun segundo traballo –La Voz, 24.5.2002—segue a analiza-lo tema citando tamén o testimonio de Mariano Rajoy sobre evidencias de que hai grupos organizados pra queima-lo monte. Romay, antre outras causas, recolle dun documento de Adena WWF que hai que asumir unha máis, consecuencia dun modelo polémico de repoboación; que os incendiarios, según cree Adena, poden te-lo propósito de influir na política forestal. Acaba decindo “éste pode se-lo caso da nosa terra”. Promete unha nova entrega. A ver se nos aclara quén se beneficia do lume, o que parece fácil deducir dun simple xogo de conxuntos –causas e concausas, beneficiarios--. No conxunto intersección estaría todo claro. E a necesidade urxente de cambiar de política forestal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario