A moitos dos nosos "rectores" da cousa política habería que lles dar cabazas, aínda que non fosen tan bonitas como éstas. Fotografía de Xesús López.
-
Pontevedra, 9.10.2007
-
O lector pode ir recompoñendo o puzzle, o pastel involucionista que aquí se foi preparando pra frear máis e máis so pulo da cidade. A culpa non sempre foi do BNG, que tamén o PP fixera mal, anteriormente, os deberes. Coido que o traballo, do 2002, non precisa de máis aclaraciós.
-
A modo de reflexión [21.7.2002],
por Xesús López Fernández
-
Gostaríame decir que Pontevedra era unha festa no serán do pasado venres, con motivo da manifestación de apoio á lonxa do mercado de abastos. Os medios estimaron en dous mil os presentes na camiñata que nos levaría ata Andrés Mellado, ante a delegación de Pesca, onde se dou lectura –perfecta lectura-- ó manifesto dos usuarios da praza, os auténticos organizadores da protesta. Releo nestos momentos o texto, do que me facilitou copia a súa lectora, unha vella amiga. Coido se trata dun texto moi didáctico, moi claro, que arranca da prohibición da lonxa, da histórica lonxa que aquí se viña celebrando, o pasado 2 de xuño e por decreto. A non remisión de datos informáticos sirveu de pretexto á decisión da Consellería de Pesca que, de non dar marcha atrás, estaría a condiciona-la saúde do novo mercado. Sí.

Díxose no manifesto que os usuarios estaban a seren ignorados polo Conselleiro de Pesca, sen recibir unha resposta que represente certa esperanza, pra de seguido falar “de anguria e quebranto das familias que quedan sen traballo; dos mariñeiros que son invitados a subasta-la súa pesca nas lonxas de Campelo e Marín –máis modernas e tecnificadas según a Consellería--; dos comerciantes do entorno e dos restantes postos do mercado; dos restauradores, obrigados a desprazárense a outras lonxas”. Tamén dos siareiros do mercado e dos cidadáns en xeral que verían novamente lacerada á súa querida Pontevedra, privada outravolta dun eslabón da súa historia, dito someramente. Na camiñata, as xentes foron intercambiando opiniós como a de que a decisión de Pesca pode ser un atranco máis pró retorno do PP á alcaldía, que xa o ten difícil, situación que se agravaría se finalmente optasen por instala-la fábrica de papel en Lourizán en vez de consensuaren xa, dunha vez por todas, a recuperación daquel espacio como praia urbá e banco de marisco, algo que parece ten claro a Iniciativa Cidadá dos Praceres.

Aludo á ICP, ós que me referín a pasada semá despois de suxeri-la pra min necesaria creación dunha candidatura independente --algo do que tamén se falou ó longo da marcha— porque coido que, inda que presentes algús representantes dos diversos partidos no concello, existe un clima de náusea cando se fala dos problemas da cidade e da impotencia do equipo de goberno pra resolvelos na súa teima de crear unha cidade choída. Cobián Roffiñac, vial de entrada natural polo Norte, está privada actualmente desa función, involución xustificada co cerre de Michelena e Daniel la Sota, agora xardín urbán con terraza. Pois ben. Estiven a falar cun representante da ICP, co que toquei o tema da recuperación de Lourizán como tamén o do xuicio ó que serían sometidos tres dos seus representantes –declarados libres de culpa— por desordes causados nun pleno. ¿E serán denunciádo-los reventadores do último extraordinario? A ver qué fan os políticos, porque hai probas videográficas.

Tornando á manifestación –que recorrería tamén A. Muruais, por onde noutro tempo entraba o progreso en forma de tranvía ou trolebús— non apreciei unha presencia clara de certos colectivos, reducidos case á nada. Coincidín nalgún momento coa representación de Boa Vila, hai escasos días recibida por Fraga, ó que o propio día 20 –según me informaron— lle fora enviado un fax urxíndo novamente a reapertura da lonxa, sensibles ante o problema existente. É decir, o colectivo estáse a mover sen necesidade de reventar plenos como os da “Iniciativa pola Calidade de Vida”, coido que con escasísima presencia na manifestación. Privada dun certo marketing a protesta, pode marca-lo comezo dunha serie de reivindicaciós porque a sociedade non deixa de estar tensa, desencantada da actuación do poder. Haberá que mellora-la propaganda, aunar vontades, ilusionar ás xentes...I eso pasa, cecais, pola creación dunha plataforma electoral cara ós próximos comicios. Se tal fose posible Pontevedra podería ser de novo unha festa en cada nova manifestación.

No hay comentarios:
Publicar un comentario