Edificio singular que permanece en ruínas na converxencia de Sarmiento coa praza da Verdura. É unha máis das probas do abandono da cidade. Fotografía de Xesús López.
Pontevedra, 9.10.2007
Siguen as crónicas recuperadas, ésta do 4.10.2002 non perdeu nada de actualidade. E a opción do parking na outra banda do río e a pasarela peatonal siguen abertos como posibilidades si realmente se quer potencia-lo mercado e que a cidade vella recupere o seu pulso
Siguen as crónicas recuperadas, ésta do 4.10.2002 non perdeu nada de actualidade. E a opción do parking na outra banda do río e a pasarela peatonal siguen abertos como posibilidades si realmente se quer potencia-lo mercado e que a cidade vella recupere o seu pulso
E van alá tres anos [4.10.2002], por Xesús López Fernández
Coido que foi polo 12.10.1999 cando cerraba o mercado vello e os vendedores que nel traballaran estreaban novo sitio no mercado provisional. Pasado tanto tempo desconócese aínda cándo han retornare os mercaderes ó edificio reconstruído e si éste vai volver se-lo lugar preñado de vida, de transacciós; se realmente vai actuar de lévedo da zona vella, na que tantos tendeiros pasaron páxina, cansos de agardare. O outro día facían memoria dediante miña dous veciños do lugar, que fácilmente non cerraron os seus negocios por simple orgullo, pensando que o miragre aínda é posible. Algo no que coincidían era no seu inventario dos atrancos que lle puxeron á obra dende as distintas administraciós: a contestación á construcción do parking, as limitaciós impostas por Fomento, as interquinencias de Cultura co tema da muralla cando parece que mirou pra outro lado durante a construcción da rotonda do Burgo, apivotada sobre a ponte medieval, que se ve sucia e abandonada.
Coido que foi en marzo do 2000 cando comezaron a desmonta-las pedras do vello mercado, cinco ou seis meses despois do seu cerre, numeradas pra despois seren recolocadas. Cultura impuxo aquí tamén o seu diktatt, cando máis dun arquitecto mostrárase públicamente discrepante por entenderen que o edificio, dos últimos corenta, non era necesariamente un edificio a conservar e que os novos tempos demandaban unha construcción máis funcional, con máis prantas e ofertas, máis na filosofía dun moderno hiper, que é seguro estaría rematada hai tempo. Coido lembrar que houbo unha proposta vangardista, un proiecto que deseñaba o necesario aparcamento nas prantas altas do edificio. Pero pasou o que pasou e as obras arrancaron paseniñamente, primeiro a cuestión do muro pantalla, despois o tema da reconducción periférica do alcantarillado, asunto éste no que as cousas --como sabe Aquagest— non foron ben resoltas pola empresa constructora. E fede.
O tema da muralla segue tendo o seu aquel de misterio e non se sabe aínda se a van deixar á vista ou se a demora en resolve-lo problema ten máis de debate político que doutra cousa. Téñase presente que tanto as obras do mercado como a actuación sobre a muralla puideron ser causantes de fendas producidas nas beirarrúas e casas do entorno. Pero máis alá do trasfondo político que se poida telumbrar é xa hora de que todo-los grupos se poñan dacordo pra aportaren soluciós a cuestión tan vital como a do amelloramento do acceso ó mercado cuia reinauguración anuncian pró vindeiro mes de marzo ou antes. Veremos. Tamén decían que o parking soterraño ía estare no mes de febreiro, despois que no de xuño, agora que si en outubro, no que xa estamos. E ademáis que non van se-las prazas con que se contaba. Todo un problemón.
É unha pena que os partidos non se poñan dacordo pra lle daren a este asunto o impulso necesario. Cando se di que non está resolto o tema da lonxa, parece faltan ideas pró xa citado tema do aparcamento. Como consecuencia da Revolución Cultural que exclueu os coches da zona vella ó tempo que despersoalizaba o pavimento de rúas e prazas e, dado o corto número de vehículos que poden entrar no mercado, é hora de volver considera-la posible construcción dun gran aparcamento en superficie onde agora está situado o mercado provisional e os solares comprendidos antre o mesmo e a ponte do Burgo. Esa idea foi apuntada polo PP na campaña do 1999. Cara as próximas elecciós pode ser bo que tódo-los grupos, todos, leven esa proposta na súa axenda de promesas, coa anuencia de Costas. Unido ese espacio co mercado por unha pasarela peatonal podería ser unha solución dinamizadora non só da praza de abastos, senón de toda a zona vella, que morre se non se remedia. Posibilitaría que o mercado, aberto mañá e tarde, se convertira no verdadeiro motor da recuperación do que hoxe é, admitido por moitos, unha zona totalmente deprimida. E van tres anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario