Foguetes na noite. Dibuxo informático de Xesús López. A Just gustáronlle ésta e outras realizaciós expostas nun par de exposiciós que fixen na Taberna da Feira Vella. Mellor sería presentar aquí unha obra súa. Téñase presente que Just está no Libro da Pintura Española. E mantén, ou mantiña, aberta unha páxina web.
Pontevedra, 4.10.2007
Just Cuadrado Marqués xa non vive na praza da Feira Vella. Non resisteu a agresión marcada polos "tempos" das terrazas e dos "bongos", a bullanga dictada polo goberno local a base de pallasos e malabares contratados, cando non reventan o espacio con demasía decibélica.
O home vive agora en Cerdedo. Parece que alí se atopa verdadeiramente identificado. Continúa pintando i ensinando a pintar. Xa hai tempo que non coincido con el, ainda que de vez en cando visita este lugar. O artículo explica algunhas cousas en relación co home; en relación tamén co impacto por el sofrido cando debutaron os novos "urbanistas" e maldeciron este lugar, a cidade toda.
Just Cuadrado Marqués xa non vive na praza da Feira Vella. Non resisteu a agresión marcada polos "tempos" das terrazas e dos "bongos", a bullanga dictada polo goberno local a base de pallasos e malabares contratados, cando non reventan o espacio con demasía decibélica.
O home vive agora en Cerdedo. Parece que alí se atopa verdadeiramente identificado. Continúa pintando i ensinando a pintar. Xa hai tempo que non coincido con el, ainda que de vez en cando visita este lugar. O artículo explica algunhas cousas en relación co home; en relación tamén co impacto por el sofrido cando debutaron os novos "urbanistas" e maldeciron este lugar, a cidade toda.
NOTICIA DUN AMIGO [2.3.2002],
por Xesús López Fernández
Estos días, na taberna da Feira Vella, expón un amigo, un home chegado do País Valencián: Just Cuadrado Marqués, nado en Sueca baixo o signo de Acuario. No libro “Les hores fosques de l´ànima” –As horas escuras da alma— está publicada parte da súa obra anterior, 126 debuxos increíbles que corresponden a unha fase da súa vida de peregrinaxe ó seu interior, anos nos que según apunta Joan M. Monjo, viveu desorientado. “Todo era como unha praia largacía donde nunca se mostraba o mar... Anos nos que recibía a visita de extrañas criaturas –amigas ou nemigas coas que tivo que convivir á forza— e que, con gran dificultade e dedicación foi debuxando unha a unha.”. Eses debuxos ilustran a obra citada. As criaturas das que son retrato parece se bateron en retirada, que moran noutra dimensión. A crisis foi superada.
O home traballou no mundo do cine independente como cámara e realizador; tamén como publicista i en diversos semanarios. Comeza a pintar no 1975 e sobre a súa obra de 25 anos –máis de 900 traballos— prepara actualmente un libro aquí, en Pontevedra, cidade na que atopou acougo. Home cordial, arelaba botar raíces antre nós dende a súa primeira visita a esta cidade, da que lembra a praza da Feira Vella/ da Verdura, cando ésta era unha especie de bosco sagrado de catalpas, sacrificio que nen el nen eu –nen os veciños en xeral-- entendemos. Pendentes de cómo van verdea-las cerdeiras e mai-los liquidámbares “festivalia” –tan cativos--, esperámo-la reposición dos bancos, a volta ó seu lugar. Falabame Just estos días de que pensa sair nesta primavera co seu cabalete pra recrea-las imaxes de vida das novas árbores. I eu propúxenlle que así como vai agrupando a súa obra por bloques temáticos podería preparar diversas obras co pasado de templo máxico da nosa praza i este novo tempo de espacio arrasado. El ha saber qué convén máis, se óleos ou acuarelas.
Coa exposición que fai na Feira Vella –óleos, acuarelas, tintas— os críticos hanse levar posiblemente unha grata sorpresa. ¿Reminiscencias do Bosco, pintura surrealista?. As xentes fanse estas e outras perguntas. El, sen embargo, non se considera surrealista e define a súa pintura como macro-microcósmica, porque recrea grandes espacios á par que obxetos milimétricos, cuio detalle se apreciaría mellor, estou seguro, con lupa. Pintura moi traballada, gran dominio do debuxo, describe el cómo crea unha acuarela: primeiro pinta unha base de colorido soave e dispersa, despois van emerxendo as formas e finalmente temos unha paisaxe con ou sen figura, o espacio sideral, unha terra árida, unha imaxe inacabada...O detalle que non se aprecia un día descóbrese ó seguinte...As circunferencias son unha das súas constantes, como a cruz –o cruceiro— de luz cósmica, o mundo en formación ou o mundo que xa foi, derrota preanunciada por algunha trompeta apocalíptica.
Ante unha acuarela de tonos ocres pideume que a interpretara. Nela aparecían uns como habitáculos soterraños; e noutra enclaves circulares de baixoterra, como zulos. E díxenlle: a color ocre e os habitáculos do sochán lémbranme a terra de El Perdigón, en Zamora, a escasos kilómetros da capital. Alí existen unhas adegas ás que se baixa por longas escadas, 30 metros ou máis...Antes de seguir coa descripción do lugar, de contarlle que naqueles recantos insólitos pódese comer incluso polbo á galega, o home aclaroume que o seu avó era zamorán. Casualidade. E conviñemos que a súa pintura podía obedecer tamén a un certo mandato xenético. Noutro cadro de pequeno formato aparecen en tres planos distintos como tres mariñas dun verde nacente, como mostraban estos días atrás, alternativamente, algúns dos campos de trigo cara Benavente, máis verdes xa camiño da capital. Pode que os seus ancestros estean a dictarlle parte da obra, ou que a súa chegada a Pontevedra corresponda a unha chamada telúrica do Occidente dos seus trasavós, con parada e repouso na Feira Vella. Faltan os bancos que, repito, seguimos agardando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario