Pontevedra, 10.10.2007
De Ence vaise falar moito nos próximos meses a consecuencia da exposición do PXOM. A Administración local, [os seus portavoces van da man mentres en Vigo pode esgaza-la coalición], están a decir novamente estupideces, xa en por sí xa por medio dos contidos do Plan, que contempla a posibilidade de facer en Lourizán unha Gran Cidade do Deporte.
Tamén Mosquera, que ten nun mesmo discurso catro ou cinco mensaxes distintas, dí que alí podería té-la cidade un gran pulmón, un espacio de "lecer" prós cidadáns, pra calquer uso compatible coa Lei de Costas. E acaba decindo, porque ten que seguir vendendo o seu falso ecoloxismo, que non é desbotable a recuperación de Lourizán á súa condición natural, como praia. Tamén ten outros discursos. Pero sobre todo o que non poden é seguir vendendo é o falso saneamento que levan vendido.
Polo emisaria vai saíndo a enxurrada fecal pasada antes pola depuradora de mentira d´Os Praceres, e tamén o xurro industrial, como gráficamente se tenta representar no dibuxo informático que sigue, do autor, reiterado neste blog.

O caso Ence [9.11.2002], por Xesús López Fernández
O pasado día 5 foi o da arrancada do xuicio contra Ence, que se supoñía ía durar dous ou tres meses. Como sabemos, abondaron dúas horas de sesión, cun breve receso, pra dictare unha sentencia que xa estaba pactada dende facía uns vinte días. Seis dos en principio nove acusados. reconocéronse culpables de delito ecolóxico. I eso é así e xa é sentencia firme. Parece de todo-los xeitos que houbo, que hai, un pouco de chasco, porque algunhas xentes agardaban o xuicio longo, con declaraciós, probas e testimonios diversos. Irían aflorando cuestiós que están recollidas no sumario que ó longo de 12 anos de duro traballo foi instruíndo o señor fiscal, don Jaime Gago Sevilla, cuestiós que o gran público necesita conocer pra dunha vez por todas toma-la decisión de emprazar ós nosos políticos pra que liberen o espacio de Lourizán.
Decíame un amigo a raiz da sentencia: Sempre fun partidario de que no sumario se persoara outro grupo de cidadáns pra turrar do caso e dóeme que o traballo do fiscal, a súa persistencia pra obter informes e declaraciós, vencendo atrancos de todo tipo, quede de momento aparentemente diluído. E sería bo editar un libriño a modo de resumo, decía o meu amigo, coa inclusión das probas e feitos máis salientables que deberían trascender. Á vista de catro ou cinco cousas que comentamos non entendemos que, como algús din, os culpables poderían ser declarados inocentes. ¿E non será que foi a defensa a que pactou a sentencia porque, conocedores do sumario, entenderon que os seus defendidos estaban en franco compromiso? O meu amigo comentou incluso que a el pouco lle interesaría que, despois dun xuicio de tres meses, os acusados fosen declarados inocentes, porque eles aparecían case como traballadores por conta allea, ausente do banquiño a principal responsable, a Administración, que foi a que decideu no seu día monta-la factoría na que fora praia de tódo-los pontevedreses.
Como sexa, a vía penal queda, de momento, cerrada. Pero parece se abren outras posibilidades pola vía contencioso administrativa. Terán os avogados que estudiar ben o caso, as posibilidades de que novas acusaciós acaben, pola vía do recurso, no Tribunal Constitucional ou incluso no Tribunal Europeo de Dereitos Humáns, de Estrasburgo, como o caso López Ostra contra España, sentencia do 9.12.1994 (http://www.ecoiuris.com/paginas/art114htm). O que se dí nesa páxina web non ten desperdicio e o curioso pode consultala e leer cousas como:”3.Cando as Administraciós Públicas non poñen tódo-los medios racionalmente necesarios e posibles pra evitaren a contaminación acústica (hai que supoñer que tamén outros tipos de contaminación), non se poden invoca-los intereses económicos da sociedade pra xustificaren a lesión do dereito á intimidade persoal e familiar dos cidadáns”. (Refírese aquí a outra sentencia, do 2.10.2001 en relación co nivel de ruídos, incrementado co tempo, no aeroporto de Heathrow.)
Coido que a conta atrás pró cerre de Ence/Elnosa acaba de comezar. E un sector da CIG acaba de se pronunciar nese sentido, porque unha nova ENCE, noutro lugar e con tóda-las garantías, mantería os postos de traballo á par que completaría o ciclo. Poderíase pensar seriamente en recupera-la ría sen trampas como a depuradora dos Praceres, que se foi montada aí foi pra lacerar aínda máis a aquela parroquia ó tempo que lle daban a cobertura a Celulosas --como acaba de autoriza-la Xunta-- da conexión ó emisario. Lembremos que no tardofranquismo –ano 1973--, o ministerio da Vivenda, ó negare a recalificación do chan de Lourizán-Praceres como industrial, sentenciaba que ENCE i ELNOSA foran un erro grave do que soamente se poderían derivar problemas prá convivencia e saúde humás, afirmación en sintonía co que xa é doutrina do T. Constitucional. Ese debe sé-lo camiño se non se consensúa o traslado.
1 comentario:
A fábrica permanece pola corrupción política...., que sigue.
Publicar un comentario