martes, 6 de noviembre de 2007

AFINA-LO DISCURSO [5.5.2000]

A manifestación ecoloxista de Corrubedo, 2500 persoas. (4.11.2007)

Pontevedra, 6.11.2007

Crónica política de Maio do 2000, coido non perdeu actualidade e conserva a súa louzanía. No Beenegué falta discurso ambientalista máis alá das peroratas dalgún que outro vendedor de fume. En Corrubedo, na manifestación ecoloxista contra o Plan de Acuicultura desta e da outra Xunta, porque o Plan é o mesmo, houbo voces contra a línea do Bloque alí representado, pero que se sabe que tragou a bolita, nese como noutros temas, por exemplo o de Reganosa. E nadie parece asumi-lo discurso de Salomé ó que se alude no traballo hoxe presentado. O farol de Francisco Rodríguez de "afina-lo discurso" quedou neso. En farol.


AFINA-LO DISCURSO [5.5.2000]

por Xesús López Fernández

As pasadas elecciós trouxeron, como sempre, éxitos e fracasos. O Bloque creceu pero quedou corto cando contaban con formar grupo parlamentario propio. ¿Qué aconteceu pra que as xentes non premiaran o seu traballo?. O grupo terá analizado as posibles causas da situación creada, a orixe do que algús ven xa como unha especie de involución nas expectativas do Beenegué. E Francisco Rodríguez dou unha explicación, pasados uns días do 12-M.: “Hai que afina-lo discurso, facelo en clave positiva”. E, nesta línea, aceptarían incluso pactar co PP en cuestiós de carácter puntual. Mais, ¿abonda con esa explicación?. ¿Manteranse as esperanzas dun novo crecemento do partido nas próximas autonómicas?. Non sei e – valorando o traballo do grupo en Madrid--, a miña actitude independente permíteme estar atento ó que, dagora en diante, poida representa-lo “discurso en clave positiva” anunciado polo deputado nacionalista.

O grupo non parece ter moitas esperanzas cara ás próximas autonómicas. Estase a falar, incluso, do posible recambio de Beiras pró 2005, da probable presentación como lider de Anxo Quintana, o alcalde de Allariz, e de que unha terceira vía podería se-la nominación de Fernández Lores... Non sei. Vexo moi difícil o recambio de Beiras, porque el é o Bloque, o carisma, e conserva intacto o seu discurso e os seus ventos. O partido talvez non tería emerxido sen a súa participación activa, sen o seu talante moderador. ¿Investigou o Bloque a caída do voto dende o 13.6.1999 precisamente en Marín i en Pontevedra?... Estaba anunciado o de Marín, consecuencia da “purga” producida dende o aparat do grupo; o de Pontevedra --unha caída de 6.000 votos-- convirteu ó Bloque na terceira forza local porque non se está a dá-la necesaria apertura de xestión, segue a perda de capital social, e hai moitas sensibilidades feridas, xentes que no 1999 optaran polo castigo a Pedrosa. Pragmatismo caótico, perda do discurso ético. E se fose cuestión de ventos do aparat non sería malo que don Merlín lle buscase remedio. Pero marchou de Miranda.

O feito de non se ter configurado un partido nacionalista de corte burgués en Galicia motivou que as xentes do Bloque se beneficiasen da situación, e pode que hoxe estean onde están mercede a moitos votos que ideolóxicamente non lle son próximos, que moitas veces apoian a partidos de corte estatal que poderían actuar en clave populista, ser portadores de certas sinerxias nacionalistas. Coido que éso é así e que calquer partido pode cambia-la situación existente a pouco que os deputados da nosa demarcación vaian a Madrid a algo máis que a apreta-lo botón; a pouco que, eles tamén, afinen o discurso. E o Bloque podería converterse en forza residual en poucos anos, porque moita xente entende que non se abreu; non acorda co seu paso-a-paso ou coa súa política cultural. E co maltrato que fai do idioma --como hai pouco sinalaba Salvador García Bodaño— está tamén a xerar crispaciós e ausencias.

Naturalmente que no Bloque hai xentes que conservan o seu discurso, polo menos Salomé Álvarez. Ela acaba de se pronunciar, en relación co asunto de Elnosa-ENCE, pola retirada do complexo –todo el un peligro-- daquel lugar. Ben está o acordo parlamentario de botar a Elnosa, por un futuro sen mercurio e sen nube de cloro. Pero nada impide pensar con intelixencia e buscar outro lugar pra ENCE, sen vertidos. Coido que o 14 de maio poden esta-los partidos todos presentes na marcha sobre Lourizán, xunto cos cidadáns que agardamos unha rexeneración certa da ría, da saúde e da nosa atmósfera. Aquel Lourizán edénico sería hoxe un viveiro de capital social, punto de encontro pra unha sociedade libre e feliz. A industrialización alí promovida foi consecuencia da tiranía. A proclama de Salomé faise discurso afinado pra todo-los partidos, aínda que o seu grupo teña dado mostras últimamente de te-los ventos escachifados, cousa que poderían remediar Beiras ou don Merlín, se volvera...

No hay comentarios: