Nova Torre de Babel, o home lidando coas estrelas. Dibuxo informático xa reiterado no blog, de Xesús López.
Pontevedra, 14.11.2007
No traballo fálase da historia de internet, hoxe instrumento ó servicio de moitos. Parece mentira que dende os 1973 e o 1989 a Rede teña acadado a impresionante dimensión que se lle conoce. O autor apunta tamén a idea que a Rede poida servir tamén ós homildes, prá salvagarda do seu patrimonio.
Non tocaría agora este tema de non ser pola mensaxe do presidente Aznar en relación coa supresión do IAE a certos sectores e das novas rebaixas na escada do I.R.P.F. Xa están os outros políticos coas críticas, mais non vexo imaxinación en nengún deles. E eu pergunto polo valor da promesa electoral cando na nosa vida cotiá existen cousas como o coche, un piso, unha propiedade, que son auténticas máquinas recaudatorias que, inda despois de mortos os propietarios, seguen a recaudar, deixando talvez na miseria a máis dunha familia que non pode asumi-lo pago do imposto sucesorio. ¡Se o IAE é inxusto e regresivo, o imposto sucesorio non ten razón de ser por inxusto e inmoral!. E os pequenos propietarios están agora sen Cámaras da Propiedade prá defensa dos seus intereses. A supresión do devandito imposto sería un factor de estabilidade social e de creación de riqueza.
E torno á idea de Murray Rothbard sobre o Estado como ficción dos poderosos. E á doutrina do pensamento único de Ramonet, doutrina de converxencia na que desaparecen as diversas ideoloxías porque non existe outro poder que o puramento económico. E veremos ós distintos concellos rectifica-lo valor catastral dos edificios, sobi-lo IBI ou as plusvalías porque os concelleiros dos distintos grupos queren máis ingresos. E aí están todos dacordo, pensamento único, claro que sí. Como conta Ramonet e cos criterios que el chama PPII –planetarismo, permanencia do valor, inmediatez, inmaterialidade--, os poderosos da Terra dispoñen as súas transferencias por medio de Internet a algún paraíso fiscal. Os bites, á velocidade da luz, levan os recados. E son 358 persoas as que controlan máis do 40% da riqueza mundial.
A democratización de Internet pode supoñer un medio de defensa dos pequenos patrimonios e da identidade dos diversos grupos. Fálase xa da cidade de Internet, de votación por este medio. As páxinas web informan máis que moitos medios e contribúen a unha nova solidariedade. Interesa afastarse da información inútil, coidar dos contidos; que primen os criterios éticos e de defensa da libertade. Pra George Steiner podemos estar nunha especie de viaxe ó pasado, cara ó inglés americano como língua única. E pode ser bó que o home fale inglés, ademáis de seis, oito ou dez línguas. O tempo é o que conta, se ben esa dimensión e a do espacio desapareceron xa das autopistas da información cos bites protagonistas, que poderían ser tamén a salvagarda do aforro dos homildes, defendelos contra un trato fiscal inxusto e inmoral. Ó sistema político parece que nen lle interesa a estabilidade familiar.
Pontevedra, 14.11.2007
No traballo fálase da historia de internet, hoxe instrumento ó servicio de moitos. Parece mentira que dende os 1973 e o 1989 a Rede teña acadado a impresionante dimensión que se lle conoce. O autor apunta tamén a idea que a Rede poida servir tamén ós homildes, prá salvagarda do seu patrimonio.
INTERNET E HORA FISCAL [3.3.2000]
por Xesús López Fernández
A criatura naceu no 1974, cando Vin Cerf, da Universidade de California, puxo a punto un código que permitía federa-los ordeadores, gregarios como os homes, e lle dou un nome ó seu invento: Internet. As computadoras, aliadas, tornábanse máis eficaces, como cando o home actúa en alianza con outros homes. O desenvolvemento masivo é máis tardego e data do 1989, cando os investigadores do CERN puxeron a punto en Xenebra a World Wide Web, a rede, dende aquela cada vez máis sociable, obxeto de preocupación de diversos foros. A Rede, informe de Juan Luis Cebrián ó Club de Roma, aclara ideas sobre o que a revolución en marcha pode representar e a imposibilidade material da sociedade de dixeri-la información que se vai acumulando.Non tocaría agora este tema de non ser pola mensaxe do presidente Aznar en relación coa supresión do IAE a certos sectores e das novas rebaixas na escada do I.R.P.F. Xa están os outros políticos coas críticas, mais non vexo imaxinación en nengún deles. E eu pergunto polo valor da promesa electoral cando na nosa vida cotiá existen cousas como o coche, un piso, unha propiedade, que son auténticas máquinas recaudatorias que, inda despois de mortos os propietarios, seguen a recaudar, deixando talvez na miseria a máis dunha familia que non pode asumi-lo pago do imposto sucesorio. ¡Se o IAE é inxusto e regresivo, o imposto sucesorio non ten razón de ser por inxusto e inmoral!. E os pequenos propietarios están agora sen Cámaras da Propiedade prá defensa dos seus intereses. A supresión do devandito imposto sería un factor de estabilidade social e de creación de riqueza.
E torno á idea de Murray Rothbard sobre o Estado como ficción dos poderosos. E á doutrina do pensamento único de Ramonet, doutrina de converxencia na que desaparecen as diversas ideoloxías porque non existe outro poder que o puramento económico. E veremos ós distintos concellos rectifica-lo valor catastral dos edificios, sobi-lo IBI ou as plusvalías porque os concelleiros dos distintos grupos queren máis ingresos. E aí están todos dacordo, pensamento único, claro que sí. Como conta Ramonet e cos criterios que el chama PPII –planetarismo, permanencia do valor, inmediatez, inmaterialidade--, os poderosos da Terra dispoñen as súas transferencias por medio de Internet a algún paraíso fiscal. Os bites, á velocidade da luz, levan os recados. E son 358 persoas as que controlan máis do 40% da riqueza mundial.
A democratización de Internet pode supoñer un medio de defensa dos pequenos patrimonios e da identidade dos diversos grupos. Fálase xa da cidade de Internet, de votación por este medio. As páxinas web informan máis que moitos medios e contribúen a unha nova solidariedade. Interesa afastarse da información inútil, coidar dos contidos; que primen os criterios éticos e de defensa da libertade. Pra George Steiner podemos estar nunha especie de viaxe ó pasado, cara ó inglés americano como língua única. E pode ser bó que o home fale inglés, ademáis de seis, oito ou dez línguas. O tempo é o que conta, se ben esa dimensión e a do espacio desapareceron xa das autopistas da información cos bites protagonistas, que poderían ser tamén a salvagarda do aforro dos homildes, defendelos contra un trato fiscal inxusto e inmoral. Ó sistema político parece que nen lle interesa a estabilidade familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario