As ideas fuxidías. Discursos de coloríns, promesas de cambio, pero nada máis. Dibuxo informático do autor.
Pontevedra, 11.11.2007
Entra no blog desta volta outro traballo do 2000, unha crónica de sete días despois das elecciós xerales daquel ano. Como xa estamos en vísperas doutros comicios [marzo do 2008], andan os partidos coa dialéctica especialmente envenenada, descalificatoria dos demais antes que autocrítica sobre as acciós propias. A pena é que o Estado de Dereito parece non quere asomar dunha vez por todas e a Xusticia semella un pastel que os distintos grupos queren aproveitar pra sí antes que deixala actuar libremente. Os políticos non poden estar presuntamente blindados ante a actuación dos xuzgados e fiscalías. Vai o traballo.
Entra no blog desta volta outro traballo do 2000, unha crónica de sete días despois das elecciós xerales daquel ano. Como xa estamos en vísperas doutros comicios [marzo do 2008], andan os partidos coa dialéctica especialmente envenenada, descalificatoria dos demais antes que autocrítica sobre as acciós propias. A pena é que o Estado de Dereito parece non quere asomar dunha vez por todas e a Xusticia semella un pastel que os distintos grupos queren aproveitar pra sí antes que deixala actuar libremente. Os políticos non poden estar presuntamente blindados ante a actuación dos xuzgados e fiscalías. Vai o traballo.
DESPOIS DA RESACA. [17.03.2000]
por Xesús López Fernández
Van alá sete días e os partidos han andar a analiza-los resultados máis alá da dimisión a bote pronto de Almunia ou do chasco do BNG que --inda tendo sobido oito puntos-- non acadou os cinco/seis parlamentarios que lle daban as enquisas. I éso, despois de ter acabado en Madrid coa “procesión dos caladiños”, é moi duro. Como que parece que na bolsa da abstención están incluídos un millón e medio de votantes do PSOE en anteriores comicios; que non houbo a sintonía agardada por non ter xubilado aínda ós que levaron ó partido a esta situación, ós que perderon a confianza das bases. E o Bloque terá de meditar ben os seus pasos, revisa-lo seu ideario, mesmo o tratamento do idioma, e abrirse/centrarse. Se estos comicios e os do 13-J non son comparables, nalgús concellos algo puido ter pasado, sementeira talvez do agora recibido.
O éxito do PP. non admite discusión aínda sendo os populares os primeiros sorprendidos da maioría acadada. A dereitización crecente da sociedade viña de atrás, quizáis da man do propio PSOE. E hai conciencia de que antre as súas políticas non existían grandes diferencias, coa particularidade de que as posibles medidas impopulares foran tomadas polo PSOE cando éste era goberno. E nunha sociedade ideolóxicamente sen pulso vótase a corto prazo, pensando nos posibles beneficios implícitos coa promesa electoral, por momentos ó borde do disparate ou da demagoxia. Hai que ter en conta tamén que todo partido no goberno ten un plus á hora de gañar unhas elecciós, porque moito voto está fidelizado, existe un entramado de nexos e a cuota de poder, central ou municipal, vaise incrementar se non estoupa algún asunto de corrupción evidente ou no horizonte económico aparecen problemas insalvables. Difícil retorno pra os agora derrotados.
Algún analista ten sinalado que a bonanza económica existente permiteu ó PP mostrar como logros da súa política o que veu dado pola situación económica internacional. Outro plus sería o feito de que un gran sector da cidadanía está sensibilizado ante asuntos como o terrorismo e radicalismos sen sentido en democracia. Gran parte da sociedade supón que o Partido Popular pode posibilitar unha política máis firme e coherente nestas cuestiós, recuperar cuotas do que Fukuyama chama o capital social, tan necesario pra que a cidadanía se poida vertebrar de novo. Pero eso non é tan simple e veremos se a partir dagora o PP sintoniza coa sociedade vasca ou se os cataláns insisten nun trato fiscal equivalente. Ou qué trato se lle vai dar a Galicia. O PP debería agora poñer fin a certos agravios comparativos.
Aznar falou de modera-lo seu triunfo, de evitar revanchismos. Importante que dende o seu propio partido sexa un home temido, porque a súa mensaxe non harmoniza coa prepotencia do conselleiro da Presidencia da Xunta, no sentido de que as elecciós foron un “corte de mangas” ás plataformas de tantísimo problema social como hai na nosa terra: depósitos de Ferrazo, encoro de Caldas, peaxe da autopista, Sogama, as industrias de Lourizán, etc. ¡A ver cómo a Xunta apaga eses lumes..! Imos ver de qué vale a prepotencia ante a ameaza de Bruselas de interrumpi-las axudas ós que infrinxan a normativa ecolóxica, aquí sempre burlada. I eso obriga tamén ó PP triunfador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario