martes, 13 de noviembre de 2007

EN TORNO Ó DÍA DA TERRA [22.4.2000]


Hai que coida-la Terra, os ríos, as prantas. Fantasía floral de Xesús López.

Pontevedra, 13.11.2007

Sigo recuperando cousas [aínda faltan varios centos de artículos], i este traballo que agora penduro no blog estimo que resulta didáctico. Téñase en conta a cuestión dos bifenilos policlorados, porque aquí, na nosa ría de Pontevedra, existen. I eso foi estudiado polo Profesor Bermejo, no seu día. 

EN TORNO Ó DÍA DA TERRA [22.4.2000] 
por Xesús López Fernández 

22 de Abril, Día da Terra, unha data pra repensa-la Terra, o noso comportamento co medio ambiente dende un punto de vista ético. É unha desas celebraciós que, en certo sentido, van levando á sociedade toda cara un sentido de maior responsabilidade coas cousas da Natureza. Unha páxina web americana, “A Land Ethic”, (http://www.wilderness.org/ethic/) ilustra sobre o movemento de solidariedade que arrancou como consecuencia do maxisterio de Aldo Leopold, profesor de Medio Ambiente Natural, morto no 1948. Cincoenta anos máis tarde The Wilderness Society, que el fundara, fai honor ó home e á súa obra, impregna o ecoloxismo americán. Últimamente, dí a páxina web, todos precisamos sermos mensaxeiros, uns como activistas, outros por outras vías, incorporando o respeto pola terra ás nosas propias vidas. 

Noutra páxina web, simpática, inclúese unha guía pra que os rapaces de antre dous e cento vintedous anos poidan organiza-lo Día da Terra na propia vecindade (http://www.allspecies.org). E dá unha serie de ideas, propón unha serie de cuestiós que vai contestando: “¿Por qué un Día da Terra na mazá?. Porque é divertido e bo pra o medio ambiente e a vecindade”. Así escomeza a súa pedagoxía que, na páxina dúas, propón ós máis novos:”Si és un organizador novo, aquí cóntase cómo podes prepara-lo Día da Terra no teu barrio...Primeiro pensa o que podes facer... ¿Podes prantar árbores ou facer un xardín? ¿Desexas axudar ós veciños a aforraren enerxía nos seus fogares e patios? ¿Queres unha demostración de cómo se prepara o compost? ¿Contarlle ás xentes cómo se manexan os residuos que conlevan risco?.

Valería a pena seguir coa argumentación que deixo esbozada senón fora porque outras noticias se cruzan no camiño: que os homes non-o estamos a facer ben; que hai gobernos que non queren cingui-la súa política ó protocolo de Kioto, ano 1997, que deixou establecido un calendario de reducciós das emisións de CO2. E non se lles ocorre mellor cousa que facer prantaciós masivas de árbores, “depósitos” que, a medio prazo, serían unha solución que permitiría seguir botando CO2 á atmósfera, que os boscos “engulirían”. En Perth, Australia, reuníronse representantes de diversos países coa intención de fixar unha estratexia común cara ó Cumio Medioambiental anunciado pró mes de Novembro en Den Haag, Países Baixos. Preocupante, sobre todo cando o Worldwatch Institute acaba de publica-lo seu estudio anual no que alerta, unha vez máis, do fracaso da política ambientalista global: máis calor, máis perdas, máis catástrofes...A propia ONU denuncia a desfeita dos ecosistemas e fai un chamamento ós gobernos pra evita-la crisis definitiva.

Outra noticia grave. ¿Alguén lembra unha colaboración recén na que facía alusión a un traballo do Profesor Bermejo, “Bifenilos policlorados en la Ría de Pontevedra”?. Pois de bifenilos vai a cousa. Uns ecoloxistas xaponeses, de Greenpeace, impiden unha descarga de vasura tóxica no porto de Yokohama. A tal vasura, orixinada nas bases americás do Xapón, fora antes enviada a América, onde non foi posible desembarcala en Vancouver nen en Seattle. As leis americás prohiben a súa importación. E as xaponesas a súa aniquilación. Os PCBs son temidos nas sociedades onde existe información. E hoxe sábese que son miles de millas de ríos e outras correntes en todo o mundo, incluídos O Hudson e o San Lourenzo, ademáis dos Grandes Lagos, os contaminados por estos compostos. É decir, estamos a falar dalgo moi serio que non se resolve por medio de auditorias, como saben en Seattle, como saben en Yokohama e noutras partes, aínda que moitas veces se frivolice sobre estas cuestiós. Coido que as autoridades terían que poñer máis atención no tema. Aquí tamén. Polo ben da Terra e polo ben da ría. Polas nosas vidas. ¿Verdade?. Pontevedra, 21.4.2000

No hay comentarios: