Desove. O inicio da vida, imposible xa en moitos esteiros e rías, pola contaminación ambienal e política, pola corrupción. Dibuxo informático do autor.
Pontevedra, 16.11.2007
O optimismo que parece recollerse no artículo do ano 2000 habería que consideralo á baixa. O xesto de adhesión á Carta de Aalborg polo concello de Pontevedra non deixou de ser unha carallada, xa que a cidade, co beneplático do equipo de goberno local, está agora máis agredida. A ver se aparece un xuez nos xuzgados pontevedreses que teña as ideas claras e que, dacordo co dito nalgús dos exemplos do traballo recuperado, actúe. Teñamos presente que se Gonvarri foi cerrada en Barcelona por delito ecolóxico continuado; que si Lois Pérez Castrillo dixo que non á súa imprantación en Vigo como industria auxiliar de Citröen, hoxe está establecida sobre os recheos do porto de Marín-Pontevedra, con licencia do goberno pontevedrés que acaba de autorizar unha ampliación, presuntamente pra consolida-la presencia do ferrocarril, sobre o que existe unha sentencia de derribo do Tribunal Supremo do Estado. E aquí o Bloque, carallo, presumindo de "ecoloxista", como en Mugardos, outro espacio "sagrado" arrasado, con baixada de pantalós dos partidos..

MEDIO AMBIENTE. NOTICIAS [4.6.2000]
por Xesús López Fernández
Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. A sociedade parece vai tomando conciencia da necesidade dun maior protagonismo na defensa da natureza, que incluso se está a dar na China. E imos contar un conto chino, o de Lou Shihua, que vive en Jiangsu, e que foi dono de varios milleiros de parrulos, 4.800, o que trouxo como consecuencia que o home vivira moi ben coa comercialización dos seus óvos. O home –conocido localmente como o “rei dos parrulos”— descobreu que unha mañá o río baixaba negro. En poucos días morreron os patos todos. O home e os seus veciños emprenderon daquela unha especie de pleito contra os autores da contaminación, unhas destilerías e fábricas de leite de soxa de propiedade estatal. Os veciños gañaron. Un precedente importante na China, aínda que no comezo do 1998 o pleito estaba en fase de apelación e desconozo a fin do conto, que revela a existencia dunha sociedade viva e unha maior apertura de Pekín cara ás críticas pola contaminación das súas empresas.
Algo pode estar cambiando. E incluso aquí, despois da nova de que a Xunta podería sofrir un embargo polo enlodamento do río Lor no 1983, o Xuzgado de Monforte acaba de decretalo por bens valorados en 107 millóns pra garanti-la indemnización ordeada polo Tribunal Supremo a unha piscifactoría de Quiroga, por contaminación provocada por unhas obras da administración autonómica. Outra noticia é a da condena a Alúmina a pagar máis de 87 millóns por contaminar, a repartir antre 27 veciños, por perdas ocasionadas nas súas propiedades. O causante é o fluor que emite a factoría. Tamén foi noticia o escape de cloro dunha bombona na localidade de Barbantes, en Ourense, con desaloxo de vivendas e acotamento dunha zona de seguridade. E un pergúntase por un posible escape, unha nube de cloro sobre Pontevedra. ¿Qué sabemos do plan de emerxencia exterior, agora que está a cidade patas arriba?. Menos mal que o concello –seguindo o exemplo de Santiago e A Coruña-- parece se decideu pola adhesión á Carta de Aalborg, que avoga polo desenvolvemento económico en harmonía co medio ambiente.
A adhesión á Carta vai implicar un compromiso serio cara á sustentabilidade, suscrito xa por máis de 250 representantes de cidades e rexiós europeas. Non cabe aquí un comentario breve, pero coido que vai ter máis trascendencia pró noso entorno a dita adhesión --unha vez se concrete a correspondente Axenda 21-- que talvez a Lei das Rías. E pode ser boa a noticia da retirada da subvención ó eucaliptu que acaba de dá-lo conselleiro del Álamo. Pero logo viñeron as descalificaciós: que si o eucalipto non precisa de protección mentres se reclaman axudas pra ver de conserva-las explotaciós i evitar invasiós en áreas de alto valor ambiental. Os ecoloxistas piden se concedan máis axudas prás frondosas que prós pinos e certo lobby está a prepara-la estratexia dunha maior presencia da árbore australiá. A Administración acaba de sancionar cun millón de pesetas de multa unha prantación de eucaliptus feita sen autorización na Fraga do Eume, algo considerado como grave.
A conciencia que poida emanar da filosofía da Carta de Aalborg vai imprimir unha nova dinámica ó proceso de salvación da nosa ría e da nosa terra. Carece de sentido manter contra natura as realizaciós que foron consecuencia dunha politíca industrializadora disparatada, así como a reforestación ó seu servicio que deixou moitos dos nosos montes sen gando; aldeas enteiras sen xente porque esgazaron a súa economía. E hoxe algús dos 40.000 galegos que pasan privaciós en Venezuela poden estar a lle debe-la súa situación a que lles ocuparon os montes de veciña, que cambiaron o seu uso. Contra as previsiós dalgún parlamentario poden as cousas cambiar en sete anos. Confío en que Elnosa xa non estea aí, porque un accidente podería ter consecuencias graves, como no conto chino, pero daquela non estaríamos a falar de patos. Culpable sí, como en China, unha empresa estatal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario