Voluntarios contra a marea negra do Prestige. Ence ven ser outro Prestige varado en Lourizán dende o ano 1963. Dibuxo informático do autor, xa reiterado no blog. O mar profanado. Deseño informático de Xesús López.
-
Pontevedra, 5.11.2007
-
Outro traballo da serie do 2000, este sobre Ence e a xangada política de repararen en símbolos franquistas sen valor, cando en Lourizán hai que recupera-lo capital natural e restaura-lo Estado de dereito. O propio réxime franquista decía que había que levanta-las fábricas de Ence i Elnosa, que delas aí presentes non se podería derivar outra cousa que encona-la convivencia social ou un permanente atentado contra a saúde pública. Así visto, como esa declaración franquista é do ano 1973, os políticos dagora terían pegado un salto involutivo i estarían a viviren nun tempo anterior. Desgracia.

A MARCHA: LOURIZÁN COMO REFERENTE [11.5.2000]
por Xesús López Fernández

Cando a nivel de goberno municipal parece que a guerra contra os símbolos se decanta agora contra as pegadas franquistas no edificio do Concello, un estase a perguntar se non estarán a buscar nemigos en dirección incerta, sen norte.. Alá eles pero..., ¿qué se fai na defensa do Estado de dereito, si é que existe como algo máis que promesa, si é que os partidos que están no Concello son verdadeiramente democráticos?.. Si é que se queren definir en contra da suprema obra franquista da zona, da ría, a que veu condiciona-las nosas vidas e saúde; que coa súa permanencia fainos sentir a moitos cidadáns como prisioneiros nun campo de concentración, poden este próximo domingo convertir en clamor a súa defensa dos valores da Democracia, demandar polo cumprimento da Constitución, pedi-la clausura do complexo de Lourizán e o traslado da fábrica de celulosas. Polo ben de todos, pola recuperación da riqueza perdida, por unha repoboación forestal digna, etc.

As recentes declaraciós do conselleiro del Álamo sobre cerres de vertedoiros deberían incluir tamén o de Lourizán. I eu perguntaríalle ó señor conselleiro polo tratamento que se está a dar ós lodos que se recollen das balsas de decantación, vergonza pública, insulto á sociedade. ¿Os estarán incinerando, por casualidade, coa carga de organoclorados que poidan portar?. Eso sería un disparate, un crime, como tamén o consentimento –inercia do réxime franquista— de consideraren a ría como un todo balsa de decantación, alfombra pra agocha-las vasuras --¡Ai, Sanxenxo, Sanxenxo! ¡Ai, praias todas da ría!. ¿Ata cándo poderedes mentir coa bandeira azul?--. E permanecen vivas unha serie de cuestiós públicamente prantexadas ó señor del Álamo con motivo da súa charla no auditorio da Caixa de Aforros de Pontevedra nos primeiros días de Decembro do 98. O tema da compostaxe, que el dixo non era viable nen habería onde coloca-lo producto; o destino final do papel usado, fonte de ingreso nas cidades americás, materia prima de tantísima fábrica. ¿Qué se fai aquí?

Unha proclama ecoloxista aberta tería de ilusionar ós cidadáns todos, de toda-las tendencias que dín estar pola Democracia. Pero a xente móvese ás veces polo impulso institucional, que non sempre se produce. Ou pérdese na guerra contra certos símbolos. E o cidadán atúrdese de tanto oir falar do Estado de dereito, algo que a moitos nos parece máis promesa que realidade presente, porque as leis, malas, permiten mil lecturas e que certos grupos rampantes convirtan todo en trampa. Pero volvendo ó tema de Lourizán como vertedoiro e símbolo franquista –algús din que foi un gol de Suanzes a Franco, co apoio de certas cabezas pensantes— os partidos teñen unha oportunidade única de decir: “Imos sacar daí ese símbolo; o da inscripción do Concello non ten importancia, non cheira, non impide a convivencia”. Esa é unha declaración previa, necesaria pra conciliar aquí urbanismo e natureza, porque os ecoloxistas non temos forza nen cartos pra merca-lo complexo.

Cando os ecoloxistas americáns acaban de mercar un atolón no Pacífico, cambiando o seu destino como polígono de ensaio nuclear polo de reserva de biodiversidade: peixes, tartarugas, cangrexos, escualos.. Cando Adena ven de presentare en Londres un plan de turismo de elite, turismo rural, que en Rumanía está a dar bos resultados; que concilia medio natural con edificios nobres ós que acoden xentes acaudaladas pra deixaren alí as súas divisas ó tempo que poden ver osos e lobos no seu ambiente, boscos magníficos...Cando Escandinavia está a se interesar pola experiencia rumana, aquí non se entende a actuación pública en moitos temas, sempre tan corta e cargada de indecisións. En fín, que son pesimista e non creo no Estado incapaz de fixar normas intelixentes. Pero podo, podemos, dar noticia da presencia dun novo tipo de lobo, devorador de dereitos humáns, patrocinado talvez polo sistema. Lourizán como poder fáctico é un exemplo. Hai outros, naturalmente.

No hay comentarios:
Publicar un comentario