A volta ás orixes. Un ferreiro na praza da Ferrería. Feira Franca 2007. Demostración nun obradoiro de cantería. Feira Franca 2007. Fotos de Xesús López.
Feira Franca 2007, o Día da Bullanga ou da Teima Involucionista.
Pontevedra, 7.11.2007
As cousas non evolucionaron como parecía preverse, nalgús aspectos, porque a cidade non recuperou un Mercado puxante; memos o seu parking mostra non poucos problemas, o teito cheo de pingueiras, escorrentías que se filtran dende o propio mercado. A urbanización do entorno, un desastre. A Feira Franca, que a siguen a potenciar en demasía, precisa dalgún que outro axuste. A recollida selectiva dos residuos urbáns, sigue a ser unha coña. Etc., etc.

-
AGORA QUE PASOU A FEIRA..[9.9.2000],
por Xesús López Fernández
por Xesús López Fernández
-
A Feira Franca xa foi. Gratamente sorprendído-los cidadáns, algún asumeu o papel de persoaxe medieval con verdadeira ledicia. Os partidos van toma-lo tema en serio cara ó futuro e mellora-la organización, este ano non exenta de improvisación. O decorado, a cidade vella, aí estaba; soamente faltaban ideas pra facer algo semellante ó de Ribadavia, vila con longa experiencia. Vexo que, por outra banda, o tramo da muralla medieval descoberto na rúa Serra en máis de sesenta metros está de novo tapado, previa a colocación de material plástico a resultas da última decisión de Patrimonio. Unha das alternativas apuntadas é a posible sinalización do trazado mediante pavimento de distinta color, como se fixo coa Porta das Trabancas.

Tal como estaban as cousas, as obras do Mercado poderían demorarse varios meses máis e non compri-los prazos marcados prá súa reconstrucción, vital. As obras do parking van comezar por fin coa autorización de Patrimonio, que comprendeu non se podía delonga-la paralización por máis tempo sen graves consecuencias prá zona. E mante-la muralla descoberta, coas escorrentías sépticas que as excavaciós trougueron consigo, puido ter consecuencias negativas --mírese como se queira-- incluso prá Feira Franca... Refírome a algún posible renovo de peste medieval, sendo aquela unha “zona sensible” con presencia de ratas, e a posibilidade de que algunha delas dera cunha cepa vírica aillada durante séculos, agora revitalizada. Temo que, nese aspecto, a restauración e desvío do alcantarillado faise urxente, ainda que máis difícil que a eliminación da palla e os restos da feira medieval, que foi exemplar.

Xa que estamos na zona vella e con temas urxentes non estará de máis insistir no asunto da recollida selectiva, que non dá chegado. Coido que é algo no que as distintas administraciós topan, ó non saberen explicar nen artella-la recollida dos distintos sólidos urbáns. Un contenedor de papel pode permanecer ateigado ó longo de semáas, ata que se converte noutra cousa. ¿Por qué non seguimos o exemplo, moi antigo, dos californiáns, dividido o seu estado en corenta áreas nas que se concentran chatarra, cristal, aluminio, papel? Nos Estados Unidos están agora moi preocupados pola reutilización das augas urbás depuradas –outro tema quente--, i en canto ó papel usado hai tempo que saben da venta/venda directa ás fábricas de papel reciclado, que procuran obter das grandes cidades a garantía de suministro dun número determinado de toneladas, como acontece con Nova York, que conoce a lección dende o 1992.

Pero aquí costa traballo aprender. Por faltar faltan contenedores, iglús, e a xente atópase confundida despois de tanto debate inútil, os políticos a vender distintos plans –incineradoras sí, incineradoras non, compostaxe non, compostaxe sí, naturalmente--, mentres en Portugal son tres áreas metropolitás as que concentran papel usado con destino á Papelera Peninsular, de Madrid. Mais aquí non sabemos o que se está a facer e a nivel urbán a cidade non se limpa como se fixo ó remate da Feira Franca. Os cans seguen a traer e leva-la peste ou algo parecido. E resulta que o famoso colector da Beiramar –un fraude-- está claramente deteriorado. De todo esto falouse nun programa de radio do pasado 7.9, no que un dos participantes –excéptico coa actuación medioambiental da Administración-- chegou decir que estaba seguro de que unha visita de Don Juan Carlos traería como consecuencia que o espacio degradado das Corbaceiras aparecese limpo como unha patena, en clara alusión ó despertar da Consellería de Medio Ambiente con motivo da visita do Xefe do Estado á Illa d´Ons. A eso referinme hai pouco, ó falar do turismo de excelencia, porque vale máis unha visita real que tóda-las promesas dos políticos, moi compridores se os visita alguén por riba deles no organigrama do Estado. Daquela, nen mercurio nen organoclorados. Seguro que a Democracia –as súas leis e instituciós— funcionaría, como vimos pedindo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario