A crecente contaminación dos mares, como a do Prestige contra a que traballan, nesta recreación, os voluntarios; como o quecemento global, son causas do deterioro denunciado. Dibuxo de Xesús López, xa presentado con outro traballo.
Pontevedra, 9.11.2007
No artículo que sigue, o ecoloxista avisaba xa, en agosto do 2000, das evidencias do cambio climático cara un punto de posible non retorno. A referencia a Atila, ó arraso da súa cabalería por onde ela pasaba é coherente, comparable coas actuaciós dispostas dende os poderosos da terra, na Política ou na Industria, os novos Atilas. Así nos vai.
No artículo que sigue, o ecoloxista avisaba xa, en agosto do 2000, das evidencias do cambio climático cara un punto de posible non retorno. A referencia a Atila, ó arraso da súa cabalería por onde ela pasaba é coherente, comparable coas actuaciós dispostas dende os poderosos da terra, na Política ou na Industria, os novos Atilas. Así nos vai.
A CARTA DUN ECOLOXISTA [25.8.2000]
por Xesús López Fernández
Amigo: Coido non che terá pasado desapercibida a nova dada estos pasados días por prensa e televisión, a aparición dun lago no Polo Norte, a maior evidencia ata o presente de que o quecemento da Terra é algo certo e que os avisos dados polos ecoloxistas dende hai moitos anos están totalmente confirmados. Agora son os científicos os que acaban de aporta-la proba, dous científicos que, curiosamente, estaban de vacaciós no Polo. E según a súa primeira afirmación os xelos/xeos perpetuos do Ártico derretéronse por primeira vez en 50 millóns de anos. Confirmada, pois, a alerta de Green Peace, que advirteu da perda de masa xeada, do menor terreo de caza de que dispón o oso polar --o último eslabón da cadea trófica--, que agora ten que se adentrar no mar aberto, onde morre. En fin, que a Terra, toda ela conformando unha serie de ecosistemas interrelacionados, está realmente ferida.
De seguir a este ritmo non pode estar lonxán o día no que desapareza o xeo do Ártico durante os meses de verán. Algús científicos sitúan esa perda no horizonte do 2.050; os optimistas/inxenuos falan do 2.100. I está claro que existían avisos dende hai tempo, que xa os responsables dos submariños rusos i estadounidenses, que habitualmente navegan por debaixo das grandes masas xeadas, tiñan asegurado que a capa de xeo adelgazara antre un 40% e un 60% en relación co seu nivel do 1970. Total, que os poderosos da Terra criticaron á Mariña por se dedicar á ciencia antes que á defensa. Os científicos terían adiantado máis se tomaran en consideración estos avisos. ¿Pero, qué podemos facer pra que a Terra siga viva? Porque parece que os prazos se acaban, que as conclusións de Rio Janeiro e Kioto non foron nunca tomadas en serio, levadas á práctica, e os Estados poderosos seguiron a acrece-las súas emisiós de gases de efecto invernadeiro.
Decíase que cando a cabalería de Atila avanzaba, por onde ela pasaba non volvía sai-la herba. Acontece que os modernos Atilas –homes de Estado ou empresarios-- teñen máis medios, que Satán pode estar coeles e as súas políticas seren máis arrasadoras que o exército de Atila. ¿En qué quedou o famoso “desenvolvemento sostible” proposto no Cumio de Rio Janeiro? ¿En qué quedaron os calendarios de limitación e reducción na emisión de gases, que en case tódo-los paises aumentou? Porque parece que non hai outra política que a dos simples xestos, promesas, mentiras, nada real máis alá da loita das ONGs, e a suscripción por algús concellos do protocolo de Aalborg, retomando pra sí a idea do tal “desenvolvemento sostible”. Pero nós, os cidadáns, pouco máis podemos facer que participar en sistemas fiables de recollida da vasura, ás veces simples engaños, un xeito de captar materia prima pra queimar –valoriza-los recursos, ¿conciencia incendiaria?— e fabricar kilowatios, antes que recollida selectiva pra manter vivo o planeta.
Os ecoloxistas do mundo acaban de seren convocados pra que protesten por medio dunha páxina web –www.climatevoice.org--, pra ver de xuntaren dez millós de adhesiós á campaña que promoven algunhas agrupaciós, pra ver de exerceren unha certa presión no Cumio Climático que se vai celebrar en Den Haag no próximo novembro, a ver se con máis fortuna que os de Rio Janeiro e Kioto. E no Xapón teñen agora un gran problema coas incineradoras de vasuras, 3.600. Son o país con maior número, os maiores emisores de dioxinas. E os ecoloxistas pouco podemos facer...Protestar, camiñar a Santiago como estos días facía unha “troupe” francesa de titiriteiros, de Avignon, e coeles tres dromedarios -- o animal da Epifanía--; tamén un neno loiro nacido na camiñata que pensaban rematar na pasada fin de semá. Tal vez o Camiño pode ser unha alternativa pra que os poderosos, en dromedario, veñan ó noso Finisterre e se convertan. Se non á fe, sí ó ecoloxismo. E arrepentírense de querer acabar coa Terra...O Polo Norte derrétese pola súa culpa..
No hay comentarios:
Publicar un comentario