Arriba, o antes; abaixo, o despois. Antes e despois de Ence e da Edar, delito participado polas tres Administraciós, denunciado ante o TSXG. Dibuxo de Xesús López.
Pontevedra, 19.11.2007
Artículo publicado con esta data, no que habería que precisar máis cousas, especialmente a oposición cerril do equipo de goberno ó exercicio da acción popular polo colectivo ecoloxista SALVEMOS PONTEVEDRA. Haberá que volver sobre o tema e tamén sobre a redacción da Axenda 21 Local, que dalgún xeito queren pexar ós verdadeiros axentes sociales e mostrar como tales a asociaciós de pandeireta, facer creer que son ambientalistas, sempre sen vontade de mostrárense honradamente como tales.
O antes e o despois [19.11.2007],
por Xesús López Fernández
O título ven dado por unha frase de uso común en relación con cambios que se producen no fluir das cousas, da Historia, da Ecoloxía e da Política, das claves do noso comportamento social, dos nosos costumes. A frase pode ser interpretada en distinto sentido, en función de si nos toca vivir ou non un presente de progreso, con máis calidade de vida, transparencia informativa e decidida presencia xudicial alí onde as outras administraciós manteñen inordes os mecanismos da necesaria corrección e saneamento. A acción cidadá de protesta por presuntos casos de corrupción urbanística e ambiental, aínda estando amparada pola Constitución, pode verse defrontada contra a propia Administración e grupos de presión con influencia como pra convertiren todo en abuso de poder, en presunta prevaricación ou en perversión informativa. En fin, este primeiro dibuxo parece un tanto pesimista, pero vemos que, a nivel global, existe a idea de cambiar de rumbo, un clamor polo cambio de sistema. Un exemplo é a defensa contra o cambio climático, ampliamente demostrado.
Aí queda implícitamente un antes: a Terra, coa que estamos a acabar; un despois: o labor de salvación que nos agarda, admitida a nosa culpa. E vaiamos a unha nova local da pasada semá, do 13.11: un acto organizado pola APDR no quinto aniversario da sentencia contra Ence por “delito ecolóxico continuado”. Procurei información de diversos medios, enterarme de cómo transcurreu o acto informativo, e chamoume a atención que desta volta, “porque agora se pode decir”, [¿e antes non?] apareza clara a actuación dos representantes da asociación no pacto que deixou o xuicio nun simple protocolo no canto de mantelo vivo os meses que preciso fose, porque o que está claro é que si a empresa tivese a seguranza de sair indemne non se tería producido o achegamento de posturas denunciado. Decir, por outra banda, que o que queriamos ver era sentado no banquiño a algún directivo de Ence non pasa de ser unha frase sen sentido. Porque o que se pactou ou negociou foi á marxe das bases da asociación, sen ter convocado asamblea xeral, nen tan siquer ós que fixeron posible a presencia da APDR no sumario como parte acusadora.
Lembremos que o sumario arrancou a partir dunha denuncia de Arturo Estévez Rodríguez, que unha mañá de hai agora uns 17 anos descobreu queimadas as follas das súas maceiras. Determinada a causa, o home denunciaría o caso no Xuzgado de Guarda. I é a partir dese momento cando arranca o proceso sumarial que, á volta de doce anos chegaría ós 5000 folios. O fiscal Sr. Gago Sevilla traballou arreo e tivo que vencer non poucas resistencias. Certos estudios (Escorp 2) non “aparecían”. Seis directivos que eu lembre firmaran o correspondente protocolo na notaría de D. César Cunqueiro, pero só un deles estaba presuntamente enterado do pacto que finalmente se xestou sen ter convocado asamblea, o que resulta insólito. Algús socios telumbraban que algo se estaba a cocer e matinaran na posibilidade de se persoar no procedemento, a título persoal. Pero, mal calculádo-los tempos, non se actuou, e pasou o que pasou: que máis que nun “despois”, estamos agora nun “antes”.
Se xa no 1973 o Ministerio da Vivenda, ó denega-la autorización do PXOM de Pontevedra do 1970, manifestaba que a presencia de Ence i Elnosa non era boa prá convivencia cotiá e saúde veciñal; que habería que trasladalas en data aínda por determinar; que o Ministerio recomendaba tamén ó Concello que xestionase ante o M. de Obras Públicas outro trazado prá autopista pra evita-la construcción da ponte da Puntada; e se o Boletín Epidemiolóxico de Enfermedades de Obrigatoria Declaración mostraba a gran bulsa de enfermedades, especialmente do tracto respiratorio, existentes en Marín e Pontevedra, presuntamente imputables ás citadas factorías, non se entende que a sentencia non tivese valor de finiquito. O antes e o despois puido télo marcado xa daquela o Ministerio. Pero o Concello non estivo polo labor. Nunca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario