Cando chega o Outono. Pintura un tanto naïff, informática, de Xesús López Fernández.
Pontevedra, 20.11.2007
Hoxe penduro un traballo sobre o outono, unha serie de consideraciós sobre o seu papel reciclador e a necesidade de dá-los pasos precisos pra recuperarmos a nosa flora biodiversa. O traballo que sigue é do 1999, publicado na súa data en diversos medios.
Dentro do ciclo anual coido que o calificativo de reciclador convenlle máis ó outono que ás outras estaciós, porque esa folla que está coloreando e que vai caer --se non caeu xa-- ó longo da estación, vai servir pra prepara-la terra, pra mante-la súa fertilidade en anos futuros. Esas follas van fermentar e, finalmente, hanse transformar en “humus”, en terra vexetal, procedemento que actualmente tentan imitar coa parte orgánica das vasuras –cun “v” normativo que non me gusta-- urbáas, pra obte-lo compost que, debidamente procesado, está a constituir un elemento rexenerador das terras alí onde xa existe unha cultura orientada cara ese aproveitamento. Parece que algús siguen máis interesados co lume, co que eles chaman “unha maior valorización dos residuos”, na súa teima de conseguir máis enerxía eléctrica.
O outono perdeu, en moitas zonas da nosa terra, a riqueza de colorido que se derivaba das diversidades de especies –carballos, castiñeiros, nogueiras, bidueiras, etc...--, pola imposición do monocultivo de eucaliptus en grandes zonas, que trouxo consigo o apagón da paisaxe. Moitas hectáreas de apagón...E de lume... Curiosamente mellorouse no tratamento das arboredas urbáas e fixeron aparición liquidámbares, freixos, teixos –que poden vivir dous mil anos--, tuliperos, arces ou gingkgos bilobas --un fósil que pode acada-los catro mil anos, un fósil vivo--. Tamén acacias de Constantinopla ou xacarandás contribúen a dar unha maior riqueza ós parques urbáns e ós xardíns privados. E así concibo un outono virtual por medio da pintura dixital que deixo almacenada no disco duro do meu PC.
“O outono traicionado” é o título dun traballo no que escribín sobre a perda de cromatismo como consecuencia da política forestal practicada. Nunha lámina dese mesmo título arde unha fraga; o lume forma tamén parte da traición. En “Cando chega o outono”, as árbores vanse poñendo douradas. En “Outono na vagoada”, dúas árbores ricas en color, un chan no que as follas viven as colores dunha paleta de pintor. I en “Follas prá terra e follas pró ceo”, unha árbore centenaria que bota ponlas altas está dibuxada sobre un fondo impresionista azul-verde. A árbore está cercada, no chan, de follas douradas-mouradas-vermellas; pero aínda quedan algunhas follas na parte alta, de color azul intensa, que parecen comezar a voar como paxaros. A árbore como intercambiadora antre o ceo e mái-la terra. E se Günther Grass afirmou recentemente que sempre haberá unha folla levada polo vento, portadora de palabras, ¿poderemos maxinar follas de árbores convertidas en paxaros?.
Outra pintura dixital refírese a “Os pinos fan doce son”, ós pinos de Pondal, que permanecen na nosa paisaxe irmanados cos toxos, perennifolias. A vida toma aí un curso máis lento, a frouma demora máis a súa integración no chan. Forman parte da nosa biodiversidade e, xa que citámo-lo tema, a aposta inmediata da Humanidade vai por aí, non se pode agardar máis. A UE está tentando promovela i en Galicia díse que temos 350.000 hectáreas que se poderían repoboar coa idea da sostenibilidade e de biodiversidade, de salvación do bosco. Hai pouco que se fixeron, en Santiago, afirmaciós nese sentido. Este outono pode se-lo enceto dunha nova política forestal, un outono en clave recicladora. Poden cambia-las cousas pra que a vida siga.

OUTONO RECICLADOR [29.10.99]
por Xesús López Fernández

No hay comentarios:
Publicar un comentario