viernes, 2 de noviembre de 2007

A FALA QUE VAI EN NÓS [23.9.2000]

As normas da concordia, as normas do galegués, idioma esfolado que xa non é o noso.
Pontevedra, 2.11.2007
Outro traballo da andaina do 2000. Mañán ou pasado hei introducir outra relacionado con este, anterior. Coido que todo o que nel se día sigue en vigor e anteposto ó galego normativo da concordia, ó chamado galegués do que os políticos se están a valeren pra acabar coa idioma verdadeiro.

A FALA QUE VAI EN NÓS(23.9.2000)
por Xesús López Fernández


No meu traballo anterior fixen alusión á necesidade de apertura da norma do galego standard, que entendo debería estar basada máis na fala que vai en nós que na pontificación de formas que nos son alleas, alén do uso literario que os autores lles queiran dar. Coido que ese non é o camiño da salvación e que as propias normas poden constituiren un certo xeito de traición. Non se dí coestas palabras, pero ven se-lo mesmo que algús especialistas acaban de afirmaren ó longo do curso “Comarca e Lingua” do Centro Comarcal de Bergantiños, en relación coa perda de dialectalismos polos máis novos que, como consecuencia da presión oficial, dun maior acceso á educación e dos medios de comunicación, carecen das características propias da fala da bisbarra –a gheada, o seseo ou a palatalización da vocal átona--. O curso remata hoxe e o Centro bergantiñán avoga pola recuperación destas formas características da fala de Bergantiños como doutras comarcas galegas.
Levo moitos anos preocupado polos problemas da fala –fun colaborador cotián da primeira emisión de radio en língua galega-- e sinto que non se seguiran outros camiños á hora de normativizar. I estou seguro de que a propia Editorial Galaxia –que reinventou o libro galego hai agora 50 anos-- estivo máis perto da solución ideal ou que polo menos trascendía nas súas publicaciós un maior rigor e máis respeto coas formas populares. E prefiro as primeiras ediciós daqueles anos que non as que de vez en cando nos chegan, reconvertidas á norma. (Coido incluso máis auténtico o primeiro Castelao que non o que despois evolucionou, por diferencialismo, cara ó portugués). E como as xentes do centro bergantiñán pergunto dende aquí por qué non se respetaron os dous xeitos de formación do plural das palabras rematadas en “l” ou en “n” que as Galicias atlántica e continental tiñan canonizadas (normal, normales ou normás, total, totales ou totás, nación, nacións ou naciós, dando unha maior longura ó vocal do plural continental, case –áas).
Mentres o latín foi a língua dos misterios na Liturxia ou na Educación, a nosa fala mantívose viva. Había nela unha vontade certa de estilo que os normativizadores esqueceron. E se a educación en castelán trouxo como consecuencia un retroceso grande, o acrecemento do autoodio, a idea de que “falar galego era falar mal”, a norma standard non veu mellora-las cousas. Endebén, pra moitos de nós o que se quixo construir dende algús aspectos da norma foi unha língua divorciada da vella fala, tesouro entullado nas aldeas. Tomouse o portugués como paradigma cando a fronteira antre os dous países –témolo dito outras veces— é a propia língua, i esa fronteira faise evidente na “raia seca”. Á fin, cando un se encontra –nos libros, na televisión ou na radio— con tanta verba extraña –vestiario, titor, reflectir, vacina, proxecto, hepatite, orquite, análise— ou coa formación plural en “ais” –animais, totais, normais--, un pergúntase se non estaremos a facer unha língua nova, de opereta, un caos ó que as xentes da Galicia profunda non se afán ó tempo que acentúan a súa renuncia á fala propia, dispostas a fina-la sentinela milenaria, a quedárense mudas.
Deixo aquí estas ideas que nada resolven. E respeto as normas dentro do posible; pero fago moitos equilibrios pra non usar algús dos esquemas por elas propostos. A solución non é a asimilación do portugués, língua con moitas semellanzas, semellanzas que tamén existen co castelán do que se está a fuxir nunha especie de claro disparate. E vexo se están a compri-los telumbres, a premonición de Juan José Moralejo Álvarez, que xa denunciara este risco. A revisión das normas faise moi urxente, ou de pouco han servir. Acábano de ver claro no Centro Comarcal de Bergantiños. A “gheada” e o “seseo” ós que aluden tentan reintroducilos dende a TVG con “Mareas Vivas”, á par que manteñen o plural normativo e outras palabras como “xuiz”, cando en galego sempre se dixo xuez ou xués, según a zona.

No hay comentarios: