Voluntarios recollendo chapapote na Costa da Morte.
o chapapote que non cesa. Creación informática. Xesús López.
1.- Prestige.
Quinto aniversario. Quedou atrás --¿de verdade-- aquel desastre. O proceso aínda se vai celebrar, previsiblemente, o próximo ano. Mangouras nunca quixo buscar un porto de refuxio. Os técnicos daban por perdido o barco. O principal era evita-la inspección. O ¡Nunca Máis! resultaría finalmente un fraude, un movemento populista pra vender fume electoralista. Como agora fai o Quintana coas súas declaraciós sobre a catástrofe, escenificada a representación do lado dun Neptuno co tridente manchado de chapapote. Pra esa pallasada puido ter recuperado a Teodora, a sirea que se achegara onde don Merlín, porque quería loito perpetuo, que lle tinguira a cola. E Merlín fixérao daquela con "negro de Nápoles", locída-las escamas cun reborde dourado. 2- Depuradora do Lagares, en Vigo.
Finalizou a protesta veciñal de 20 horas de encerro na depuradora de Vigo. Os veciños ameazan agora con acciós máis fortes e movilizaciós se non chegan a falaren co alcalde. Sabido é que Caballero tampouco adouta en relación con este tema unha actitude intelixente; que a depuradora foi instalada en Coruxo en contra da Lei de Costas. E do Raminp.
Que teñan presente os veciños que a única saída contra os políticos é a vía xudicial e que, nesa vía, está denunciada como presunto delito ecolóxico das Administraciós por SALVEMOS PONTEVEDRA. 3.- Peixes mortos no Xallas, a consecuencia do librado do encoro d´A Fervenza.
A Xunta investiga a Ferroatlántica polo desastre ecolóxico do provocado. A empresa de Villar Mir volve estar no punto de mira no centro dunha catástrofe. Dende que a empresa propiedade do citado se fixo coas instalaciós de Carburos Metálicos, de Cee, a nova empresa ten estado sinalada en varias ocasiós como presunta causante de problemas ecolóxicos.
A compañía é a responsable de que o río, único en Europa que desemboca en cachoeira, en fervenza, en Ézaro, deixara de facelo. E do vaciado do encoro estos pasados días derivouse a masiva mortandade, perda de vida, que se pode apreciar na ilustración. A Xunta está investigando, o Seprona tamén.

No hay comentarios:
Publicar un comentario