Outra instantánea do desfile procesional. Os nenos tamén participan.
Co Santuario ó fondo, un grupo rexional está a completa-lo recorrido.
Grupo de nenos á procura da mellor perspectiva posible, sobidos á fonte.
A carroza no centro da praza, na que os nenos son os protagonistas. Algús levaban en lista de espera dende o día do seu nacemento. Vamos, ten acontecido así.
A carroza, sobindo ó adro do Santuario.
O Santuario, que ese día aparecía cercado, sitiado, como se estivese prohibida a entrada no mesmo. Unha forma de restar color á dimensión relixiosa na arrancada das festas, porque aínda que o templo estea precisado de reformas urxentes, traballos de salvación, ben se puido ter agardado uns días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario