sábado, 17 de noviembre de 2007

RETRINCOS VARIOS [17.11.2007]

Minicines. Esceas diversas da picaresca local ou non tan local. Dibuxo de Xesús López.

Pontevedra, 17.11.2007

RETRINCOS VARIOS

A prensa d´hoxe trae moitas novas, e sobre elas imos ir:

1. A Xunta insta que se aforre auga antre a previsión de que vai chover pouco ata marzo. As reservas d´auga de Pontillón do Castro, en Pontevedra, andan agora polo 50% cando no comezo do mes de Outono estaban polo 80%. Haberá, pois, que recurrir ó Lérez pró fornecemento da cidade. É decir, estamos nunha situación difícil.

2. Convén lembrar, i ésto non-o dí a prensa, dígoo eu, aquela escenificación do traslado de Ence que, a pouco de ter megafonía, o conselleiro de Industria, do Bloque, anunciaba: Ence pró polígono de Barro -Meis. Suministraríanlle a auga dende o Pontillón do Castro. ¡Panda de subnormales!. E financiaríanlle a deslocalización coas plusvalías xeradas pola conversión de Lourizán en solar, coa construcción de vivendas pola Autoridade Portuaria, da que pasarían a depende-las marismas. A empresa continuaría a verter na ría de Pontevedra, pero con outros medios, horror de conselleiro e acólitos. E menos mal que, de momento, os alcaldes de Barro e Meis, opuxéronse ó tema.

3. A esos alcaldes, no peor dos casos, quedaríalles o recurso de Catalina, a alcaldesa de Sanxenxo, que ante a actuación da Xunta na vía rápida do Sanxenxo, e por invasión presuntamente indebida en terreos non expropiados, e por deixaren privado de acceso ó parque empresarial de Nantes, decideuse a enviar á Policía Municipal prá identificación dos invasores. É decir, unha alcaldesa, por medio da Policía local, pode interrumpir unha obra aínda que a Xunta queira apoiarse nun decreto de supramunicipalidade. Lección aínda non aprendida por alcaldes como Lores e tantos outros afectados por obras como as piscifactorías que, na Rede Natura, apoiaba no seu día Enrique C. López Veiga, apoia agora Carme Gallego, a da casa de Vilaboa con sentencia firme de derribo, que parece estar en contra, tamén, da política "anunciada" polo Ministerio de Medio Ambiente, de elimina-las construcciós e industrias da franxa litoral, antre os 20 e os 100 metros.

4. Celia Alonso. O principal activo do PSOE en Pontevedra parece que tragou a boliña e agora invita ós cidadáns a visitaren a depuradora ilegal d´Os Praceres, na que foi imprantado, eso din, o tratamento terciario. Ela está avisada de que a depuradora está denunciada como presunto delito das tres Administraciós. Pero confío en que Celia Alonso non vaia vender, por esa vía, un bo servicio e que ha considera-la posible imprantación de minidepuradoras. Insistir en mante-la d´Os Praceres é darlle novas formas ó averno non querido por pontevedreses i, especialmente, polos veciños de Lourizán-Praceres.

5. De depuradoras vai a noticia da do Lagares, na que se rexistrou unha pequena explosión, mentres os veciños de Coruxo están encerrados no Axuntamento, aillados polo pastrán de Caballero pra que non reciban alimento e que anuncia, ademáis unha gran inversión, 160 millos de euros, pra reconfigurar como macrodepuradora e no Lagares, a que precisa o concello vigués. Outra burrada a destos homes e mulleres que, cando chegan ó poder, creen poder cambia-las leis ó seu antollo.

6. O Gaiás. Que a folla de ruta do complexo albergue elementos sen resolver e que Pérez Varela teña solicitado amparo parlamentario por supostas "vexaciós" á súa persoa, son novos capítulos do serial, no que, ó tempo que os novos protagonistas do "tempo político" poden presumire de facelo mellor, tampouco son de fiar. A este respecto é bo traer aquí un comentario de Andrés Precedo Ledo que, nun traballo titulado "Basta ya con el Gaiás" [La Voz de Galicia, 17.11.2007] e con alusión ó desexo de para-las obras, nalgún momento manifestado, e á resposta pra xustificaren a continuación no despilfarro [presuntas comisiós e convolutos] porque viría equivaler ó soterramento de 200 millós de euros, ó autor do citado artículo pareceríalle apropiada a suspensión das obras porque se evitaría seguir enterrando cartos, ata os previstos, vaia vostede a saber, 400 millós a maiores, que nen a Bugallo pode xustificare, nen os que ven o Gaiás como un novo Guggenheim, algo que case ofende ós vascos. Seguro que alí non houbo despilfarro.

7. O desastre do Prestige e a súa pergunta trampa. Desto vai un traballo en La Voz de Xosé Lois Barreiro Rivas, en relación coas declaraciós "con vontade ecolóxica e de transparencia", pero a verdade é que non hai nada adiantado e recemos porque os que agora din estaren máis preparados non teñan que apagare o farol cun "novo Prestige". En mala hora.

8. Condenan a Vera por ter pagado a Amedo e Domínguez pra evitare que o implicasen no Gal. Terrorismo de Estado, éso tamén é memoria histórica que non convén esquecer. E lembrémo-lo chiste de hai uns días, de Martínmorales no ABC, no que os desenterradores da "memoria histórica" se atopaban con que aparecían símbolos que xa estaban soterrados: xugo, flechas, cruces gamados e o víctor de Franco. Así van as cousas no país e, mentres algús grupos de ultradereita permanecen máis ou menos controlados, outros de ultraesquerda parecen dispór de licencia pra armala.

9. Os enanos da gobernación local, do PSOE e do BNG, queren elimina-la Cruz dos caídos, no fondo da alameda, vaina coa que xa andiveran hai sete anos. Pero daquela o PSOE dixo non. Desta volta aínda algún dos socialistas se resiste. E fai ben. ¿Pero non vos lembrades de que hai pouco, antre algunha aproposta sobre organización de espacios públicos [en galegués, "espazos"], un merluzo, un, propoñía o derribo por se tratar dun símbolo franquista. Pero non, burros, que a primitiva cruz, a que tiña os símbolos i emblemas partidarios, xa non está. A actual é máis ben un monumento ó soldado desconocido. E os únicos signos que alí existen desta volta son os graffitti de grupos que se definen como antifascitas, como outra forma de fascismo pero peor: estalinismo, comunismo, chamádelle como queirades. Hai unha significativa "pintada". "Independência", dí, que pola grafía usada podemos maxinar de ónde ven.

10. A Gran Ferrería. Cando se volve falar, na pretendida redefinición de espacios públicos da Ferrería como espacio único, non pró macrobotellón, senón prás pretendidas concentraciós de carácter fascista-estalinista, fixo agora unhas declaraciós César Portela en relación co espacio como síntesis de moitos lugares, que por eso ten a maxia da que a queren privar Mosquera e Fole [éso dígoo eu]. Nada que ver, dí Portela, co ruído das actuaciós do verán na prazo. I el, que se define como crítico con esos espectáculos e coas carpas asquerosas que poñen de vez en cando porque non lle quitan o sol ós veciños, é que llo están a quitaren á cidade...Etc.

11. Operación Guateque. Xa son 17 os apresados e hai outros cinco imputados máis. A Gallardón míraselle en horas baixas, fondamente preocupado, ¿pero por qué?. Que a Xusticia camiñe. En todas partes. Volvemos sobre un comentario anterior: Operación Malaya, Operación Guateque, son puntas de icebergs da gran corrupción ibérica. Hai moitos multimillonarios de non se sabe qué orixe.

No hay comentarios: