Enerxía nacente, ilustración pra alegrar este traballo, aparecida xa neste blog. Dibuxo informático do autor.
Pontevedra, 13.11.2007
Vai agora un traballo da "veta ecolóxica", que se podería reiterar desta volta, si ben parece que do motor de aire comprimido non se fala como daquela e tendo en conta, tamén, que no tema da enerxía eólica houbo moito fraude. En iberica2000.org pódese atopar un traballo meu, "Aerogeneradores", no que tamén se contan aspectos negativos desa enerxía, como a mortandade de aves, con especial incidencia nos avutres na zona de Navarra. Consultade tamén en "iberica2000.org" os traballos de Mark Duchamp, unha autoridade mundial na materia.
Vai agora un traballo da "veta ecolóxica", que se podería reiterar desta volta, si ben parece que do motor de aire comprimido non se fala como daquela e tendo en conta, tamén, que no tema da enerxía eólica houbo moito fraude. En iberica2000.org pódese atopar un traballo meu, "Aerogeneradores", no que tamén se contan aspectos negativos desa enerxía, como a mortandade de aves, con especial incidencia nos avutres na zona de Navarra. Consultade tamén en "iberica2000.org" os traballos de Mark Duchamp, unha autoridade mundial na materia.
ENERXÍAS ALTERNATIVAS, ¿UN SOÑO? [14.10.2000]
por Xesús López Fernández
O petróleo é un combustible que se acaba, pero, á marxe da posible fabricación de gasolina sintética, cada vez vai a máis o consumo del porque o home caeu na súa dependencia e, sen petróleo, o planeta pararíase: Un parón cruento; mai-los grandes perxudicados terían de seren, á fin, os arestora prepotentes productores, --as súas empresas reventadas ou aballoadas-- que decote soben o precio do crú, adoecidos ó veren que hai soluciós, algunhas hai tempo agochadas, ralentizadas por tantísimo interese creado e grupos de presión, mesmo polos gobernos que, coa súa fame recaudatoria, síntense incapaces de pensar nun futuro medioambiental mellor pró planeta que a sociedade civil está a demandar permanentemente: Seattle, Praga... e agora Zaragoza, medio millón de persoas que, en contra do PHN que se acanalla con Aragón, anuncian o esfondamento e cambio na política dos recursos renovables.
Hai certas enerxías cara as que un mira con saudade. Acontece cos muíños, tan integrados nos ríos, case todos convertidos en ruínas pola dictadura da modernización. O esforzo de restauración que se está a facer nalgures pode ser bó pra aquí posibilitármonos unha certa economía ecolóxica, na que sempre houbo enxeñeiros anónimos como se pode aduviñar a pouco que un repare no conxunto da Barosa, en Barro, onde hai un grupo harmonioso de vinte –algús con tres ou catro moas— sen tellado nen rodicio, que fan pensar no abandono, na emigración --“este vaise e aquel vaise/e todos, todos se van”— ou no que deberon sé-las súas muiñadas, a importancia social das mesmas. O que se faga por restauralos, a conversión en parque etnográfico daquel conxunto que abrangue unha fervenza espectacular, é merecente do apoio e respeto de todo-los que alí acodimos pra recreármonos unha e outra vez na visión da auga a baixar en abanqueiro sobre leito de enormes laxes.
No eido das fontes enerxéticas alternativas –enerxía solar, coches de motor eléctrico, enerxía eólica— asoman homildes outras como o toxo e mai-los puríns. Do toxo sábese dende hai tempo que produce un combustible excelente e que, neste momento de ruína medioambiental, podería marcar un novo orde, un tempo distinto na política forestal, porque os nosos montes poden ser máis necesarios pra fabrica-lo petróleo dos probes, enerxía verde, polo que está a loita-la empresa Solforza. E os puríns van ser unha fonte sostible de biogás, algo que coido se está a facer dende hai anos no País Vasco-Francés. Insisto no do cambio da política forestal, sobre todo despois de contemplar –unha vez máis— á fermosísima Mondoñedo como triste, sitiada por un exército de eucaliptus. Coido que outro factor determinante dese cambio van se-los muíños de vento, incompatibles con certo tipo de resforestación, o lado positivo do impacto paisaxístico deses xigantes, que hai que ter en conta.
Pero a gran revolución enerxética pode se-la anunciada pola MDI francesa: o motor de aire comprimido. Os coches dotados con este tipo de motor terían unha autonomía de 10 horas ou de 300 kilómetros en circuíto urbán. Velocidade máxima, 110 km. hora. Pendentes de homologación, anúnciase a súa posible fabricación en España en cuestión de dous anos. México conta con ter 30.000 taxis destas características na fín de ano i en se converter en plataforma mundial prá súa exportación. Con contaminación cero, o depósito cargaríase nas estacións de servicio en cuestión de dous ou tres minutos e, ó non haber combustión, o cambio de aceite faríase cada 50.000 kilómetros. O que se califica como gran invento do século XX pode marca-lo enceto dun novo orde mundial –o da recuperación da Terra-- se os violadores do planeta ou a voracidade fiscal non o impiden. Fagamos votos porque o toxo, os puríns, os muíños de vento, e agora o aire comprimido poñan contra as cordas ós dictadores da actual globalización. E rindamos unha sentida lembranza ós nosos muíños de río, modelo de subsistencia. Algúns aínda troulan, moen e resisten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario