jueves, 8 de noviembre de 2007

APUNTES DUNHA SEMÁ CORTA [18.08.2000+

Lume festivo. Pra moitos, a Política, a mellor profesión do mundo, tamén é unha festa contínua, a forma de amellora-lo patrimonio particular. ¡E de qué maneira!. Fantasía informática de Xesús López.

Pontevedra, 8.11.2007

Comprendo que estos traballos vellos que vou inserindo valen pra retomar unha perspectiva. O discurso de Adrio sobre a arelada recuperación xa non é o discurso socialista desta volta. O que nel se dí sobre a construcción do pabellón da Xunqueira como pago do PP dunha peaxe pra gobernaren á PU de Eladio Portela, sigue en valor; o que nadie pensou daquela foi en considera-la actuación de agresión a un humedal como claro delito ecolóxico. E o retorno das festas da Peregrina ó centro resultou ser un novo disparate.


APUNTES DUNHA SEMÁ CORTA [18.8.2000]
por Xesús López Fernández


Aínda que as miñas colaboraciós aparecen os luns, cérroas tres ou catro días antes; daí que haxa cuestiós –acontecementos dos últimos días da semá-- que non son recollidas por estare o traballo xa entregado. Así na pasada colaboración, na que aludía –antre outros-- ó tema do lume, non fixen referencia ó do Barco, novamente o lume multifocal, con diversas frontes, ó que seguirían outros diversos en Ourense e Lugo, e outros varios importantes. --Cando me dispoño a dar forma a estas líneas, nos EEUU van queimadas máis de 400.000 hectáreas--. I está claro que os lumes teñen en cada lugar un distinto ADN, monitores, lobbys, deseñadores, que case sempre acusan a tramas urbanísticas, madeireiras, obtención de pastos ou mesmo plans reforestadores, que algo desto tense denunciado na nosa terra. No Barco creen que este lume foi algo moi calculado e que o tempo ha mostra-las claves, o ADN.


Tamén nos últimos días da semá de antefestas saberíase do dossier que a Xunta remiteu ó Concello de Pontevedra en demanda da conexión do efluente letal de Elnosa co de ENCE. A cousa foi tan impresentable que tódo-los grupos políticos estiveron dacordo coa súa devolución. E curiosamente coincideu o feito co resultado da analítica efectuada pola Universidade de Vigo nas rías –alta presencia de mercurio, cobre e organoclorados na ría de Pontevedra— sen que ousen establece-la relación causa-efecto que os pontevedreses conocemos ben; que o alcalde tamén sabe. E por se non fora dabondo, xa na semá das festas a Delegación de Sanidade acodeu en defensa do complexo manifestando que a nosa atmósfera é saudable, cando a realidade do malcheiro segue sendo cousa cotiá e que todo-los cidadáns debemos entender como ameaza grave. Esto é de manual e podémolo documentar.

É triste que se produzan esas actuaciós cando a sensibilización das xentes vai a máis; que se tente aloulear á cidadanía con informes falaces. O tema garda relación coas miñas últimas colaboraciós, coa reclamación da rexeneración de Lourizán como praia urbá, tamén presente no pregón de Gonzalo Adrio, a brillante arrancada das nosas festas. O pregoeiro, que contou as súas lembranzas do drama civil español, dos amigos e parentes idos ou asesinados, de cómo eran esta ría e Pontevedra, fixo tamén unha valente i ecoloxista aposta de futuro cando pideu a recuperación das “pequenas praias desaparecidas” –calada en diversos medios-- ou “a fin do vandalismo” que, no mencer do día da Virxe, 15.8, tentaría queima-la imaxe do Cristo da Boa Viaxe, un acto máis dentro da resaca que segue á movida do casco vello, animada por unha serie de antros contra os que os veciños nada poden e o poder pouco fai. Faltan ideas, autoridade, policía. Agora, na escalada da tolemia tocoulle ó Cristo da Boa Viaxe. Como Adrio, pedimos a fin do vandalismo.


¿Qué decir da estridente moción de Pedrosa, algo tamén destos pasados días? En principio parece que o PSOE a toma con sereidade, se ben algún concelleiro do grupo a defineu como improcedente. En diversas enquisas os cidadáns opinaron masivamente que non hai lugar á tal moción, que a mín me resulta fóra de lugar. Mentres a procesión da Peregrina --¿acto electoral?-- marchaba por Michelena pensaba que o menor lucimento da mesma era polo chan da propia calzada, estreita como corredoira e con baches nas zonas adoquinadas, a obra maior de Pedrosa. E pensei igualmente na construcción do Pabellón, presuntamente pra non perde-lo apoio de PU, infrautilizado, sen Construgalias nen Ferpalias que o xustifiquen, perdido aquel espacio --¡qué burrada!-- prá configuración dun auténtico parque; causa tamén do retorno das festas ó centro, o que resultou un éxito, un novo fracaso de Pedrosa por atende-la loucura, a teima de PU, por lle poñer cancelas ó campo. En fín, a ver qué nos din os próximos días. Eu prefiro pensar con esperanza, na línea do discurso do socialista Adrio, nun futuro sen vándalos. E con praia urbá, naturalmente.

No hay comentarios: