Así, máis ou menos, foi o impacto da contaminación recibido pola nosa ría, Nené, que agora Lores e os seus, os teus amigos, agachan por medio do emisario. Fantasía informática da primeira profanación, do teu amigo Xesús López.
1.- Premio Turoqua
Á miña amiga Leonor González Prieto, ecoloxista convencida, que foi presidenta da Asociación pola Defensa da Ría durante anos, acaban de lle outorgaren un premio os da Asociación Franca Irmandade. Coido que é un premio merecido polos seus traballos e fatigas, pola súa consancia.
Durante tempo fun, en certas funciós, unha especie de secretario particular desta amiga. Non obstante, habería que precisar algunhas cousas: de cómo tumbaron a Fernando Martínez Sarandeses, primeiro presidente da APDR; de cómo a ela mesmo a condicionaron ata que renunciou á presidencia; de cómo a súa mensaxe ecoloxista quedou limitada ó monotema de "¡Ence, fóra da ría!", cando hai outros nemigos a batir, como Elnosa e a Depuradora d´Os Praceres, este último un delito municipal, autonómico i estatal, que lle sirve a Lores pra falar de falso saneamento.
Aí xa non entra Nené, que reconoce que a ría, aínda sen Ence, non volverá se-lo mesmo. ¡Claro que non, Nené!. Pero hai que loitar pola recuperación do capital natural, algo polo que algús xa non se interesan, que mesmo perderon créto ecoloxista, pero que precisan, de vez en cando, seguir vendendo fume, e apantállanse con certos xestos, actos, mesmo reconocemento de méritos ós que sí traballaron, como tí.
Pero a súa filosofía é outra. Xa sabes ó que me refiro. Agora, cando vexas cómo intentan envilece-lo PXOM, terás de comprender máis fondamente o que está a acontecer e valorar se non estarán a xogaren cos teus sentimentos certos demócratas de "patacón".

Na fotografía relacionada coa marcha das declaraciós sobre o caso Gaiás, os membros da Comisión aparecen satisfeitos. Incluso nos brindan un sorriso, parecen ledos. ¿Por qué será?
2. O Gaiás.
Hoxe compareceu o señor Fraga, ¡de pena!, ante a Comisión que investiga o despilfarro do Gaiás. O home sacodeuse de toda responsabilidade, implicando a Orza e a Pérez Varela. E o que no seu día fora definido críticamente como doación pró seu mausoleo que facía Caixagalicia, presuntamente a cambio dos 615.000 mt2 de Lourizán [enténdase que de terreo calificado como dominio público marítimo terrestre] pra aceleraren aínda máis a morte da ría de Pontevedra coa papeleira que nos servían dend´os Estados Unidos os de Georgia Pacific, preséntase agora como un proiecto do que parecen tamén moi contentos os outros grupos.
Teñamos presente que se a xueza encargada de instrui-lo caso é partidaria de arquivalo, o fiscal quere pular da investigación, por se no desvío de gastos producido puido [e pode] haber enriquecemento indebido por parte de alguén.
"La CdeC es una gran infraestructura cultural de Galicia, y nuestra obligación, por lealtad institucional, es la de colaborar plenamente en su creación", afirmó, preguntándose "¿qué obstáculos hay para que Galicia cuente con una nueva referencia de la modernidad?"
Son palabras do alcalde socialista de Santiago, desta data, noticia amplia, con outras relacionadas, que non cabe neste retrinco. Pero pola foto, na que todos aparecen sorrintes, diríase que agradecen o "agasallo" recibido do goberno Fraga, sen profundizar como é debido nese disparate.

No hay comentarios:
Publicar un comentario