Así concibe o autor a función de certos árbores como inercambiadores pola función clorofílica, melloradores da atmósfera e melloradores tamén do chan, coa formación humus. Fantasía informática de Xesús López.
Pontevedra, 10.11.2007
Achégase a fin do ano, da entrada no ciclo das panxoliñas e contos de Nadal. É oportuno recupera-lo traballo que sigue, sobre novos contos de Nadal, o da sequoia de 600 anos que querían cortar e o da fin da actividade dun muíño en Outeiro de Rei. Mellor lee-las reseñas.
Achégase a fin do ano, da entrada no ciclo das panxoliñas e contos de Nadal. É oportuno recupera-lo traballo que sigue, sobre novos contos de Nadal, o da sequoia de 600 anos que querían cortar e o da fin da actividade dun muíño en Outeiro de Rei. Mellor lee-las reseñas.
CONTOS DE NADAL [7.1.2000], por Xesús López Fernández
A secuoia de July ten máis de seiscentos anos de edade e podería contarnos cousas de antes da descoberta e conquista de Norteamérica se soubese falar. Pero a fame de madeira da industria non quería facer excepción nen tan siquer neste caso...Ata que apareceu July “Butterfly” Hill, que se sobeu á árbore e alí montou o seu niño particular, a cincoenta e cinco metros de altura. Dous anos arriscando a súa vida en defensa da árbore que querían cortar..July acadaría na súa campaña apoios de ecoloxistas e de famosos como Robert Redford. Unha páxina web sirveu de noticiario da súa causa. Publicou poemas e fixéronse numerosas reportaxes fotográficas. E á fin chegou o indulto. A compañía madeireira non vai corta-la árbore aínda que os ecoloxistas americáns terán de pagar oito millós de pesetas pra que a secuoia siga en pé e dentro de catrocentos anos nos conte novas cousas.
É bó que esta nova se teña producido no tempo de Nadal, cando nos Estados Unidos cantan, antre outros, un vilancete coral do que existen innumerables versións: o “Go and tell it on the mountains, over the hills and everywhere,... that Jesus Christ is born..”. É curioso que a palabra “hill”, cumio, se teña reiterado no apelido da activista, Hill, como se os cumios, sabedores do nacemento do Neno quixeran persoalizar en July a mensaxe de que, ademáis de Xesús, unha secuoia de seiscentos anos volveu nacer neste pasado Nadal. Sabemos, pois, que os cumios poden falar; que seguramente as secuoias dispoñen tamén dunha lingoaxe cifrada que non percibimos máis alá do cambio das estaciós. En todo caso, haberá que lle perguntar a July cómo falan e sinten esas árbores, compañeiras como foron de calvario e romance ó longo de dous anos. Tal vez as bágoas de July “Butterfly” no momento do indulto son tamén as bágoas da secuoia, un xeito de clamar por un poder ecoloxista..
Unha nova moi nosa é a de que cesou a súa actividade unha pequena industria, movida por enerxía alternativa: o muíño de Santa Sabela, en Outeiro de Rei, no río Miño. Case cen anos de traballo que deron remate, ó parecer, o pasado 31 de decembro por xubilación da última muiñeira, Lola, que gardaba memoria do promotor do mesmo, Valeriano, ó que llo mercaran os seus sogros no 1925. Lola lembra os tempos malos e os anos da recuperación, despois dos setenta; as épocas nas que había que trae-lo grao en barca e volver levalo –xa convertido en fariña— á outra banda do río. A tarifa actual, en especie, era do quince por cento da moenda. Traballo duro, a Lola e a Pepe, o seu home, quédanlles as lembranzas de varias enchentas –o muiño asolagado--, como a da evolución no transporte do grao e a fariña –cabaleirías, carros, coches--, ou a da foula tantas veces suspensa no ar, como néboa, comprometendo os liviaos dos muiñeiros. Pepe non bota de menos aquelas xornadas sen fín traballando con enerxía alternativa, que estaba aí e que seguimos a buscar.
E van cincoenta anos da morte de Castelao. Confiamos en que o dous mil vai servir, sobre todo, pra desmitifica-la súa figura. Como no caso da “secuoia” acaba de abrirse unha páxina web –www.castelao.org--, museo virtual que preferimos ó discurso dos políticos. A relación do artista con Galicia foi xa resumida de forma maxistral por Cabanillas: “Morreu do mal dos bós e xenerosos..Morreu de amor á Terra”. Tornaremos a Castelao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario