Vista aérea dun tramo da costa galega, hoxe tan lacerada. Vía satélite xeoestacionario poderíanse controlar todas e cada unha das agresiós ó noso litoral, talvez irrrecuperable lugares, asunto que dende algús púlpitos de tódo-los partidos diríase queren potenciar. Dibuxo informático de Xesús López.
Pontevedra, 8.11.2000
Este traballo debería ter precedido a outros da xeira do 2000, pero xa sabedes que estou a recuperar artículos vellos de xeito un tanto ácrata. O importante son os contidos. E o que nel se está a decir sigue a ter valor. Estamos agora noutra arrancada prelectoral, cara ás elecciós de Marzo 2008, e andan os políticos como tolos a venderen a súa moto: a falaren de política territorial cando moitos están presuntamente "mollados", ou de respeto á normativa medioambiental, como acaba de proclamare o conselleiro de Medio Abiente da Xunta, cando sabemos que é unha trola como unha catedral.
AMBIENTALISMO ELECTORALISTA [18.2.2000], por Xesús López Fdez.
Este traballo debería ter precedido a outros da xeira do 2000, pero xa sabedes que estou a recuperar artículos vellos de xeito un tanto ácrata. O importante son os contidos. E o que nel se está a decir sigue a ter valor. Estamos agora noutra arrancada prelectoral, cara ás elecciós de Marzo 2008, e andan os políticos como tolos a venderen a súa moto: a falaren de política territorial cando moitos están presuntamente "mollados", ou de respeto á normativa medioambiental, como acaba de proclamare o conselleiro de Medio Abiente da Xunta, cando sabemos que é unha trola como unha catedral.
AMBIENTALISMO ELECTORALISTA [18.2.2000], por Xesús López Fdez.
Estamos en fase preelectoral, tempo de ofertas e rebaixas. Os partidos traen todos, no seu fardel de prestidixitador, a promesa dun ambientalismo do que, ata o presente, a impulsos do que se veu chamando “pensamento único”, fixeron unha case total deixación. Interesa máis, tal parece, unha conta de resultados positiva, o beneficio polo beneficio, aínda que nos carguemos o desenvolvemento sostible, a posibilidade de seguir vivindo nun planeta que se consume, que esmorece. E as noticias sucédense sen que se produza unha resposta contundente das diversas administraciós que terían de entrar a valora-los desastres que se van producindo. E así acontece que as consecuencias de Aznalcóllar están lonxe dunha solución certa, según admite a propia empresa responsable e denuncia WWF/Adena.
Unha catástrofe chama por outras e, cando toda Europa se sobrecolleu coa perda de crú do Erika e se viron afectados máis de catrocentos kilómetros de litoral francés; cando a seguido se dou a noticia de novos vertidos (mar Caspio, costa do Brasil, costa afrooriental) chega a nós outra alarma: Un grave vertido de cianuro envenena o Danubio i están en estado de alerta cidades de Rumanía, Hungría e Serbia. Pavor en diversas zonas, 60.000 persoas teñen prohibido achegarse ás beiras do río en Hungría, medida tamén activada en Belgrado. E todo estaba tranquilo ata que o pasado 31 de xaneiro, nas minas de ouro de Aurul, detectouse que as augas da balsa de decantación saían polas fendas e rebordaban tamén por riba dos muros de cemento. Era xa demasiado tarde. O veneno, polos ríos Lepos e Szamos, e polo Tisza, chegaría ó Danubio que, agora estéril, tardará anos en recuperarse..
Non todo van ser malas noticias e, no noso entorno, anunciábase hai poucas semáas a ampliación do parque do Xurés, en Ourense, en parte como consecuencia da iniciativa dos concellos raiotos; como tamén de que o parque das Illas vai ser unha realidade, santuario de aves ou eso esperamos. Parece que tamén se corresponde cunha actuación seria a ampliación do humedal de Cospeito, en Lugo, onde a leenda falaba da existencia dunha cidade asolagada, de nome Lucerna. E outro proiecto ambientalista –proxecto non, por favor— acaba de ser deseñado, tamén en Lugo, pra integraren piñeiros e cabalos, que coa súa presencia e pasto –como antano as ovellas en Requián ou Castroagudín--, coutarían o lume forestal ó tempo que crearían riqueza, unha alternativa ante as limitaciós que nos pon a UE de cada vez menos vacas, menos leite, menos xente no agro...
E chéganos a nova de que se vai activa-la chamada “Lei da Ría”, a instancias da consellería de Industria, cando todos sabemos que a presencia de Elnosa foi, é, e vai seguir sendo unha ameaza mentres permaneza aí contra Lei e razón. ¿Quén vai limpa-la ría do mercurio vertido e de organoclorados?. E parece completamente inmoral falar do efecto contaminante das pías de botón –50.000 metros cúbicos de auga– cando se leva consentido o asesinato permanente da ría, o posible adianto na data de caducidade de tantas vidas, xentes idas prematuramente. Eso intúese máis alá da cortina do silencio oficial. Pero estamos en campaña electoral, nótase. De tódo-los xeitos, que veña a “lei da Ría”. Sen moratorias. Aínda que corto, sería un beneficio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario